Trastorno Límite da Personalidade | Psicólogo Lugo

O Trastrono Límite da Personalidade, ou Borderdine, é un dos trastornos de personalidade máis duros, complexos e polisintomáticos que hai. Tamén se coñece como o Trastorno das Relacións Interpersoais, xa que as persoas que o padecen presentan unha dificultade moi grande para manter relacións sociais equilibradas e satisfactorias, ainda que esta non é a única área afectada.

 

Perfil

O Trastorno Límite da Personalidade iníciase na adolescencia ou ao principio da idade adulta. Presenta unha prevalencia de entre o 2 e o 4% da poboación e é máis frecuente entre as mulleres.

A maioría das persoas con Trastorno Límite da Personalidade presentan inestabilidade emocional combinada con conductas socialmente perigosas, impulsividade e, sobretodo, idealización e devaluación das persoas extrema (pasan do amor ao odio nun abrir e pechar de ollos). Cando te queren, ti es o MÁIS (con maiúsculas). Pero no momento no que ti dis “non podo facer isto contigo porque bla bla” PREPÁRATE (tamén con maiúsculas). Cousas obxetivamente insignificantes, tómanas como si se tratasen de traicións imperdoables e sufren moitísimo por elas.

A ver se che soa…

“É unha persoa estupenda sempre e cando non pense que a traicionas”.

“Fai tres anos quedara en facer algo con el/ela, pero xurdiume un imprevisto e foime imposible. Dende aquela non me fala”.

“Dime que non me espía, pero pilleino/a varias veces argallándome no meu teléfono e/ou seguíndome”.

“Antes era unha persoa fantástica, pero comezou a obsesionarse conmigo e agora é un pesadelo”.

“Canto te quero!” E en cuestión duns minutos por calquera cousiña… “Por que me fas isto? Ódiote, eu lárgome de aquí, non te aguanto”.

 

Factores de risco para padecer o Trastorno Límite da Personalidade

Coma en moitos outros trastornos, non hai unha causa única que explique que unha persoa padeza o Trastorno Límite de Personalidade. Alguén que cumpra con algún dos seguintes factores de risco ten máis probabilidades de desarrollar este trastorno, pero isto non significa que obrigatoriamente o vaia a padecer. Tan só son factores predispoñentes.

Factores xenéticos

Este trastorno ten unha forte carga hereditaria.

Factores fisiolóxicos

Hai alteracións cerebrais nas zonas onde se atopan o control das emocións e da toma de decisións.

Factores ambientais

Con frecuencia relaciónase con problemas durante a infancia, sobretodo relacionados coa familia:

  • abandono emocional na nenez ou adolescencia
  • sufrir abusos sexuais durante a infancia
  • haber sido instrumentalizado polos coidadores (poñer ao cativo/a en contra da nai ou do pai)

 

Síntomas

  1. Son persoas espectacularmente sensibles ao abandono (real ou imaxinario). Sentirse rexeitados/as ou ignorados/as pode desencadear neles/as reaccións emocionais moi intensas, chegando nestes casos incluso a ameazar, suplicar e/ou realizar conductas autodestructivas.
  2. As relacións interpersoais son inestables, tanto no ámbito da parella, familiar ou nas amizades.
  3. Conductas impulsivas:
    • Tendencia a derrochar diñeiro
    • Abuso de sustancias
    • Conducción temeraria
    • Atracóns de comida
    • Conducta sexual promiscua
  4. Ameazas suicidas recurrentes e comportamentos autolesivos: cortes, queimaduras, ameazas suicidas e incluso os intentos de suicidio. Nalgúns casos estas conductas tamén se empregan como chantaxes e/ou manipulacións, xa que é a forma na que saben e aprenderon a relacionarse.
  5. Problemas de identidade: teñen unha autoimaxe distorsionada e inestable.
  6. Inestabilidade afectiva e numerosos cambios no estado de ánimo. Son moi susceptibles e pasan dun extremo anímico a outro en cuestión de segundos.
  7. Dificultades para controlar a ira: poden dirixila a outros/as en forma de ataques verbais ou físicos, ou dirixila a si mesmos/as en intentos de suicidio ou conductas autolesivas.
  8. Sentimento de vacío. Sinten un aburrimento crónico e un vacío existencial que non poden encher con nada.
  9. Ideación paranoide transitoria que pode aparecer en momentos de estrés intensos e dura minutos ou horas.

 

Curso

O Trastorno Límite da Personalidade é crónico, pero non dexenerativo. Isto quere dicir que se ben é un trastorno que se vai a presentar ao longo da vida, non ten porque ir empeorando.

 

Tratamento

Cun tratamento axeitado as persoas que padecen este trastorno poden levar unha vida normalizada. Certo é que hai algúns casos moi difíciles de tratar e que outros máis sinxelos, pero co tratamento apropiado de psicoterapia e farmacoloxía pódese lograr.

 

Recomendación para os familiares, amigos e parellas

O traballo psicoterapeutico coa familia é fundamental, tanto para brindarlles apoio como para ensinarlles como relacionarse dunha forma máis axeitada cos seus seres queridos. Convivir con unha persoa con Trastorno Límite da Personalidade non é tarefa sinxela, necesítase unha boa tolerancia á frustración e unha gran empatía, ademáis de moitísima paciencia.

Non pretendo demonizar ningún trastorno, respeto e admiro absolutamente a calquera persoa que loita día a día para ser unha mellor versión de si mesma. Agora ben, se unha persoa con Trastorno Límite da Personalidade non segue un tratamento farmacolóxico, se non vai a terapia e, en definitiva, non se esforza coidarse… O meu consello vai hacia a xente que os/as rodea: poñede distancia con estas persoas, sobretodo no mundo da parella, porque o podedes pasar moi moi mal.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

 

Bibliografía

  • American Psychiatric Association, Michael B. First DSM-5. Manual de Diagnóstico Diferencial
  • http://blazquezygarate.com/
  • http://www.fundacionarmaitlp.com/tlp.html
  • https://www.trastornolimite.com/tlp/los-sintomas-ocultos-en-el-trastorno-limite-de-la-personalidad

Non es un bicho raro – Psicóloga Janet Díaz

En numerosas ocasións atópome con que algún paciente me di que se sinte como un bicho raro. Que leva sufrindo moito tempo, pero que a vergoña ou o medo lle impedía pedir axuda. Duro, verdade?

Vou a dar algunha pincelada sobre algúns dos problemas psicolóxicos que máis se ven en consulta. Se te sintes identificado/a, non esperes máis para solicitar axuda.

 

Depresión

Invádete unha profunda tristeza. Non atopas motivación para erguerte da cama, de feito, xa te despertas derrotado/a. Nada che fai ilusión; nin sequera co que antes te divertías, como pasar tempo cos teus seres queridos, che produce satisfacción.  Se ves unha película un chisco triste, convérteste nun mar de bágoas. A veces sintes que non tes forzas para seguir adiante, nin sequera tes ganas de vivir, poida que incluso se che pasara pola cabeza a idea do suicidio… Pero non es un bicho raro, pásalle a máis xente.

Ansiedade

Vives nun estado de ansiedade e preocupación constantes. Sintes unha profunda presión no peito, como si non poideras respirar. Poida que tiveras algún ataque de pánico… Ao mellor non te atreves a sair á rúa, poida que che dea medo entrar nun ascensor, ao mellor non te atreves a falar con descoñecidos; hai tantas situacións que che xeneran nerviosismo… Isto pásalle a máis xente, non es un bicho raro.

Trastornos alimenticios

Míraste ao espello e sempre te ves gordo/a. Por moita dieta que fagas, ainda que practiques xaxún, inda que vomites o que comes, sempre te ves gorda/o. Non fas máis que verte coma un monstro. Sintes que calquera cousa que inxires se acumula no teu corpo e te engorda. Veste deformado/a (ainda que esteas nos ósos). Lembra, non es un bicho raro, isto pásalle a máis xente.

Obsesións

Quizais aparezan na túa mente pensamentos repetitivos e perturbadores. Son pensamentos cos que non te identificas, que che molestan, que non están acorde cos teus valores. Non queres ter eses pensamentos, pero, curiosamente, non logras desfacerte deles. Están na túa cabeza dando voltas unha e outra vez. Podes obsesionarte co medo aos xérmenes, con que non queres a túa parella ou con que algo malo vai a suceder, entre outras moitas temáticas. Probablemente son pensamentos que non te atreves a confesar a ninguén porque che dá vergoña dicilos en alto ou pedir axuda… Créeme, non es un bicho raro.

Compulsións

Poida que sintas o impulso de ter que lavar as mans contínuamente porque temes que estean contaminadas. Ou que teñas que comprobar unha e outra vez a porta da rúa, a chave do gas, as luces…  Ou facer unha calquera outro ritual confuso e extraño, que non entendes, pero que non podes evitar facer. Seguramente tampouco o contas porque cres que ninguén te vai a entender. Pero estás enganado/a, pásalle a máis xente.

Despersonalización

Quizais leves unha tempada vivindo como se a vida fose unha película allea a ti, como se só foras un espectador. Ou incluso non te acabas de recoñecer ao mirarte ao espello. Sensacións difíciles, complicadas, que che fan pensar que estás volvéndote tolo/a. Poida que leves moito tempo sentíndote así e que non te atrevas a contársello a ninguén. Dígoche o mesmo, non es un bicho raro, non teñas medo a pedir axuda.

Alucinacións

Igual escoitas voces na túa cabeza, como se alguén che falara, comentara o que fas ou te insultara. Sei que estás asustado/a. Seguramente sintes medo, non entendes que acontece contigo, coa túa mente. Isto pásalle a máis xente, non te sintas como un bicho raro.

Trastorno límite da personalidade

Tal vez sintes un vacío existencial que tratas de encher alimentándote de forma compulsiva, bebendo alcohol en exceso, consumindo drogas, mantendo relacións sexuais con persoas que nin sequera che gustan, ou facendo actividades de risco. Soamente para sentirte un pouquiño vivo/a, porque non acabas de encher ese vacío que notas ahí dentro e che fai sufir. No fondo, ningunha destas actividades te reconfortan. Sínteste mal, e incluso te fas dano a ti mesmo/a, cortándote, queirmándote, facéndote feridas para sentir esa dor que momentáneamente parece aliviarte. Ante todo non te sintas un bicho raro, hai máis xente na mesma situación ca ti.

Dependencia emocional

Acabas unha e outra vez enredado/a en relacións de parella tóxicas. Distintas parellas, mesmo patrón. Parece que estás nun bucle e non consegues saír dese círculo vicioso. Non es un bicho raro, recórdao.

 

Lembra

Non te avergoñes do teu sufrimento, das túas emocións, dos teus comportamentos, dos teus pensamentos… Si o estás pasando mal, pide axuda. Non es un bicho raro.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484