A concentración é a capacidade de reter a atención, é dicir, de enfocarte plenamente naquilo que fas sen distraerte. Trátase dunha habilidade que se pode entrear con constancia e algo de vontade. A continuación douche uns consellos para manter a concentración, ou para non perdela 😉
1. Unha cousa á vez
Esquécete da multitarefa en labores que requiran certo esforzo cognitivo. Póñoche un exemplo para que comprobes que o noso cerebro non pode concentrarse en dúas cousas ao mesmo tempo:
Pensa nalgo que te preocupe. Está?
Moi ben, agora mentres mantés ese pensamento na túa mente, di en voz alta nomes de paxaros.
Que pasou? Que ao dicir “pega, corvo, canario, anduriña…” es incapaz de pensar niso que te preocupa. Decátaste? E que acontece cada vez que fas varias cousas ao mesmo tempo? Que a túa atención e concentración non se mantén simultáneamente, senon que salta dunha a outra. E non só iso, cada vez que cambias o foco de atención, non inicias a tarefa co mesmo grao de concentración ca que a deixaches, senon cunha inferior. A atención segue un proceso líneal: quencemento – atención plena – descanso. A parte da atención plena é na que se logra maior concentración, pero ao estar en modo multitarefa é moi difícil conseguir acadala, xa que ao ir saltando de foco inicias constantemente a fase de quencemento.
2. Limita o tempo adicado á tarefa
É necesario marcar a hora de comezo e de fin da tarefa, xa sexa redactar un informe, arranxar a casa, estudiar ou montar un moble do Ikea . Márcate unha hora de inicio e unha hora de finalización, así evitarás frustrarte e cansarte alargando horas improductivas.
3. Exercita a concentración
Adica uns minutiños ao día a facer exercicios mentais que potencien a concentración. Serve calquera actividade que requira atención e concentración e que che axude a axilizar a túa mente: facer puzzles, sudokus, crucigramas, sopas de letras, xogar ás cartas, ao xadrez, ler… Non te olvides de que o cerebro é coma un músculo que hai que entrear diariamente.
4. Fai exercicio de forma regular
Ademáis dos beneficios que ten facer deporte para o noso corpo, demostrouse que tamén mellora o noso rendemento cognitivo. O exercicio físico reduce as tensións musculares, o que conleva a que disminúan as tensións mentais.
5. Elimina distractores
Trata de evitar calquera elemento que te poida distraer no momento no que necesites concentrarte. Algo moi obvio (pero que moi pouca xente fai) é silenciar o teléfono. Que che cheguen notificacións do whats, do face, do instagram ou do correo electrónico, van a facer que te desconcentres. Evita tamén, na medida do posible, os ambientes ruidosos, demostrouse que o ruído ambiental interfire negativamente na nosa concentración. Apaga a tele!
6. Durme as horas necesarias
Durmir axuda a consolidar os coñecementos adquiridos e é o momento no que se reparan as nosas funcións cognitivas, así que non lle roubes horas ao sono. Para poder rendir ao 100% ao día seguinte o teu cerebro necesita descanso.
7. Nin teñas fame nin te pases comendo
Se estás efameado/a, invadirante pensamentos relacionados coa comida, como concentrase mentres che ruxen as tripas e salibas imaxinando ese prato hipercalórico? E, pola contra, se tes o bandullo demasiado cheo, aumentará a túa somnolencia… O mellor é que cada 3 horiñas piques algo (saudable), unha peza de froita ou un puñadiño de froitos secos viranche fenomenal (se non es alérxico/a).
8. Fai pausas
Fai pequenos descansos cada 40 minutos. Ninguén pode estar concentrado durante 3 horas seguidas!
Psicóloga Lugo
Janet Díaz
tapóns nos oidos tamen funciona de maravilla!!!?