O medo é unha emoción básica provocada pola percepción dun perigo (real ou imaxinario) e, como o resto das emocións, é indispensable para a nosa supervivencia. Cando nos atopamos ante unha ameaza sentimos medo e, automáticamente, póñense en funcionamento unha morea de cambios no noso cerebro que teñen como finalidade prepararnos para fuxir.
Agora somos moi urbanitas (uns máis ca outros), pero houbo un tempo no que os nosos antepasados vivían en cavernas rodeados de innumerables perigos. Si se atopaban cun depredador, o medo facía que se quedasen paralizados evitando que se percatasen deles, ou ben que escapasen en busca dun refuxio seguro. Por iso, ainda que a día de hoxe non nos asexen leóns, cando sentimos medo o noso cerebro manda ordes ao noso corpo para fuxir, atacar (se nos sentimos fortes) ou paralizarnos (se nos atenaza o pánico).
Que pasa cando sentimos medo?
O medo actúa a nivel cognitivo e, sobretodo, a nivel fisiolóxico. Cognitivamente provoca bloqueo, por iso cando témolo medo no corpo nos resulta tan difícil pensar. Pola contra, o medo a nivel fisiolóxico actívanos, ponnos en estado de alerta, preparándonos para fuxir en caso necesario.
Tod@s sentimos algunha vez medo e sabemos por experiencia propia que:
- as pupilas dilátanse e os ollos abrense tanto que parecen saírsenos das órbitas. Esto sucede porque así amplíamos o campo visual, e podemos detectar con máis facilidade calquera posible ameaza,
- o corazón parece saírsenos do peito e aumenta a presión sanguínea. Por iso temos esa sensación de taquicardia e/ou formigueo nas extremidades,
- detéñense as funcións non esenciais, como a dixestión, para aforrar enerxías para o que realmente importa: fuxir. Motivo polo que ao experimentar medo notamos un nó no estómago ou teñamos incluso náuseas,
- aumenta a tensión muscular para poder escapar. Isto provoca que sintamos certo tremor e calambres nas extremidades.
A que lle temos medo?
O que ten cu, ten medo, non si? Existe unha lista interminable de situacións, ideas ou obxetos capaces de xerarnos medo. Algunhas están relacionadas co entorno natural ou con medos ancestrais como as tormentas, a altura, a escuridade, o sangue, certos animais, etc. Outras, en cambio, son máis modernas como o medo ás agullas, aos paiasos, a voar, aos ascensores, a ir ao dentista, a perder o teléfono móbil…
Na maioría dos casos somos perfectamente conscientes dos elementos aos que lles temos medo. Se por exemplo unha persoa que lle ten medo aos cans, sabe identificar o seu temor estupendamente. Sen embargo, exiten medos moitísimo máis sutiles, deses dos que case nin nos decatamos e que poida que nin recoñezamos. Se unha persoa non se atreve a deixar a súa parella ainda que estea ata as narices dela, por exemplo, poida que sexa por medo á soidade, ao abandono ou aos cambios. Moito coidado con eses medos que nos impiden avanzar e nos converten en persoas insatisfeitas.
As orixes dos medos
1. Medos innatos, os que nos veñen de serie
Nun experimento recente púxose a proba a hipótese de que evolutivamente temos unha predisposición (ollo, unha predisposición non é unha norma) a temer a certos animais como as arañas ou as serpes, xa que o veleno dalgúns destes bichos son perigosos para o ser humano.
O estudo foi levado a cabo por Hoehl, Hellmer, Johansson e Gredeack (2017) con bebés de seis meses. Estes investigadores preguntábanse como era posible que os alemáns poideran ter un medo tan arraigado ás arañas ou ás serpes, tendo en conta que moi difícilmente podían atoparse con especies velenosas destes animais.
Para demostrar se o noso arcaico mecanismo cerebral é capaz de identificar potenciais perigos, crearon un experimento que consistía en ensinarlles varias fotografías a uns bebés alemáns. Algunhas das fotos mostraban flores ou peixes, e noutras aparecían arañas ou serpes. Para que? Pois para ver se había diferenzas nas respostas fisiolóxicas ante os dous tipos de imaxes.
Reaccionaron de forma distinta? Si, as pupilas dos meniños dilatábanse moitísimo máis coas fotos nas que aparecían as arañas e as serpes, mostra clara da activación do sistema cerebral do medo.
2. Medos adquiridos
Son os medos que van surxindo según o que experimentamos nas nosas carnes morenas (nesta época do ano máis ben brancas), o que observamos nos hábitos dos demáis e o que nos dictamina a sociedade na que vivimos.
Vouvos a falar agora dun macabro experimento clásico da psicoloxía: o caso do pequeno Albert. Con este estudo demostrouse que o medo se pode aprender mediante o condicionamento clásico e tamén como resultado de sufrir algún suceso traumático.
Ao psicólogo Jonh B. Watson, no ano 1920, ocorreuselle a fantástica idea de meter a un meniño de once meses, chamado Albert, nunha habitación a interactuar cunha rata de laboratorio. Ata aquí todo ben, o pequeno non lle tiña ningún medo ao animal e manoseábao sen ningún reparo.
Agora ven a parte menos ética: nas seguintes sesións, cada vez que o meniño tocaba ao roedor soaba un ruído moi forte e desagradable que asutaba ao pequeno Albert, ata o punto de facerlle chorar. Tras sete repeticións, o cativo aprendeu a terlle terror á rata; choraba ao vela sen necesidade de escoitar o molesto son.
Por se fose pouco terlle pánico ás ratas, este temor aprendido extendeuse a obxetos ou animais con pelo blanco. O pequeño Albert colleulle medo non só ás ratas, senon tamén a calquera animal ou cousa con pelo: cans, coellos, peluches, abrigos de pelo e incluso lle temía a Papá Noel (polas barbas blancas). Coitado pequeno Albert!
Lembra
Temos un cerebro programado para sobrevivir; se nos sentimos en perigo o medo prepáranos para escapar coa finalidade de poñernos a salvo (a pesar de que a ameaza só estea nos nosos pensamentos e non sexa real).
Está claro que nacemos coa alarma do medo programada, que dende que somos pequen@s adquirimos medos e que de maiores continuamos coleccionándoos. Cae de caixón, se aprendiches a ter medos, tamén podes aprender a vencelos.
Non deixes que os teus medos che impidan avanzar. O medo ten que protexerte, non limitarte.
Artigos e vídeos de referencia:
Itsy Bitsy Spider…: Infants React with Increased Arousal to Spiders and Snakes. Stefanie Hoehl, Kahl Hellmer, Maria Johansson and Gustaf Gredebäck. Front. Psychol., 18 October 2017 | https://doi.org/10.3389/fpsyg.2017.017103
Fragmento do experimento do pequeno Albert.
Janet Díaz Portela
Psicóloga social e sanitaria
Col. G-5097