Comportamentos de din moito de ti | psicólogo Lugo

No noso día a día facemos unha morea de accións ás que non lles prestamos demasiada atención, pero que din moito de nós. Que transmitimos aos demáis cos nosos comportamentos (sen necesidade de articular nin unha sóa palabra)?

1. Puntualidade

A puntualidade é unha conducta que pode revelar a túa capacidade de planificación e autocontrol. Ainda que tamén pode ser indicativo de que te autoesixes demasiado se esa exactitude a trasladas a outros ámbitos da vida.

No lado oposto están as persoas que chegan sistemáticamente tarde, as impuntuais. Elas viven cun pouco máis de tranquilidade que as anteriores, ainda que non acostuman a dar unha boa impresión.

Resumindo,

  • Se es puntual → parabéns, das a impresión de ser organizado/a e responsable (ainda que quizais vivas unha miguiña estresado/a).
  • Se es impuntual → seguramente te tomes a vida con calma, pero podes estar dándolles a mensaxe ás persoas coas que quedas de “o meu tempo é máis valioso ca ti”.

2. Escritura

É alucinante o que se pode averiguar dunha persoa con tan só ver a forma na que escribe. Vexamos algúns dos rasgos máis chamativos do comportamento caligráfico:

  • Se a túa letra é grande → expresas que tes unha personalidade extrovertida.
  • Se a túa letra é máis ben pequena → neste caso podemos falar de timidez ou introversión.
  • Se apretas moito ao escribir o bolígrafo contra o papel → demostras tensión, agresividade ou ansiedade.
  • Se misturas letras maiúsculas e minúsculas → pode ser indicativo dunha tendencia ao roubo e á deslealtade.
  • Se na firma o teu nome está envolto por un garabato → es introvertido/a, con tendencia ao illamento e/ou es una persoa que ten a necesidade de sentirse protexida e coidada.

3. Apretón de mans

O apretón de mans é un deses comportamentos que poderíamos chamar de carta de presentación. Hai moitas formas de dar a man, con cal te identificas?

  • Dar o apretón con moita forza → pode indicar demasiada agresividade e escaso autocontrol.
  • Dar a man moi floxa → non transmites seguridade.
  • Apretón de mans firme → demostras enteireza e seguridade en ti mesmo/a.
  • Dar a man de canto → indica que estás agusto e que te sintes en igualdade co teu interlocutor.
  • Ensinar a palma da man ao dar o apretón → denotas sumisión.
  • Colocar a palma boca a baixo á hora de dar a man → revela que te sintes por riba da persoa á que lle das o apretón.

4. Como miras á xente

Din que os ollos son o espello da alma e algo de razón hai niso. A túa forma de mirar é un das conductas que máis di dos teus sentimentos hacia a persoa que tes diante.

  • Se mantés a mirada fixa nos ollos do outro/a → mostras unha faceta extrovertida da túa personalidade. Ainda que dependendo de como mires tamén pode ser que esa persoa che guste, ou pode que esteas demostrando un pouco de agresividade hacia ela… Ándate con ollo se es capaz de ver o blanco dos ollos por debaixo da pupila de alguén que te mira fixamente!
  • Mirada fuxitiva → poida que non queiras ver á persoa que tes enfronte. Pero se o fas coa maioría da xente, quizais estás expresando a túa timidez.

5. Que mascota tes

A elección do animal de compañía di moito do teu comportamento:

  • Cans → os/as que optades por esta mascota adoitades ser persoas dominantes ás que lles gusta ser obedecidas, persoas enérxicas e/ou persoas que disfrutades de actividades ao aire libre.
  • Gatos → os/as que escollemos aos gatos disfrutamos da nosa independencia, adoitamos ser algo neuróticos/as e/ou estamos abertos/as a novas experiencias.

6. Como conduces

Deste tema xa falei nun artigo fai uns meses. Aquí che deixo o link: dille a un psicólogo como conduces e dirache como es.

 

E ti, sínteste identificado co significado dalgún destes comportamentos?

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Bibliografía

https://www.quora.com/What-are-the-really-small-things-that-tell-a-lot-about-a-persons-psychology-and-personality

https://psicovlog.weebly.com/

Gosling, S. D., Sandy, C. J. y Potter, J. (2010). Personalities of Self-Identified Dog People and Cat People.

Comunicación con fillos adolescentes | Psicólogo Lugo

As relacións entre pais/nais e fillos/as adolescentes é conflictiva con bastante frecuencia. A maioría dos pais/nais queixádesvos de que non vos fan caso, de que apenas falan con vós, de que nunca están satisfeitos/as, de que as conversas se converten en batallas campais e de que, en definitiva, a vida familiar adquire un clima hostil.

Pais e nais de fillos/as con revolución hormonal, se vos sentides identificados, continuade lendo 😉

 

A adolescencia é unha época de cambio

A adolescencia implica cambios, seguramente que aceptades os físicos como parte do desenvolvemento, como parte da vida. Pero este proceso tamén inclúe cambios emocionais ou psíquicos, os cales non son tan fáciles de asumir ou entender.

Durante a infancia, a identidade dos vosos fillos/as moldeábase coa vosa influencia. Pero a  partir dos 12 anos (apróximadamente) existe unha necesidade evolutiva de crear unha identidade propia, cobrando unha importancia maior o grupo de iguais. Os amigos/as convértense na figura máis significativa e é por iso que notades que os vosos retoños comezan paulatinamente a alexarse de vós, para achegarse e pasar máis tempo cos seus compañeiros/as.

 

Os/as adolescentes necesitan intimidade, non invadades os seus espazos

Os/as adolescentes queren ter cada vez máis intimidade e autonomía, á vez que vós queredes seguir mantendo a mesma supervisión e control. Isto xera situacións conflictivas que, en función do estilo educativo que teñades, se reducirán co paso do tempo. A clave está na capacidade de flexibilidade que teñades; por suposto que teredes que continuar poñendo límites e normas, pero razonándoas e non impoñéndoas porque si. Algo fundamental é que aprendan que para obter máis liberdades, teñen que demostrar ser responsables.

 

Preocupación polas notas, drogas e sexo

Probablemente vos preocupen aspectos como os primeiros amoríos, relacións sexuais, rendemento académico, alcohol, tabaco… Pero debedes saber que o principal factor de protección o tedes na casa. Estade atentos ao que acontece nas súas vida e, se detectades algún indicio, falade do tema.

Pero claro, para conseguir que vos conten este tipo de cousas é preciso que teñades un bo clima de confianza. E isto tedes que traballalo desde a máis tenra infancia, non pretendades empezar a ter unha comunicación fabulosa en plena adolescencia. Se non o fixéstedes cando eran cativos, agora coa revolución hormonal vai a costarvos moito máis.

 

Como mellorar a comunicación cos vosos retoños na idade do pavo

Vexamos agora algúns dos erros máis típicos que se adoitan a cometer á hora de relacionarse cos fillos/as. A facer exame de conciencia!

Exceso de control co teléfono móvil

Cando os vosos fillos/as están cos amigos/as, non é boa idea mandarlles whatsApps ata aburrir do tipo: “onde estás?”, “con quen?”, “non te movas de ahí, eh”, “merendaches?”, “colliches a chaqueta?”, “non vaias a tal sitio”, “está Clara contigo?”, “que non se che esqueza tal cousa”, etc. E se non contestan (algo que acontece con frecuencia) a vosa preocupación aumenta e chamada telefónica ao canto: “por que non respondes?”, “estás ben?”, “para que tes o teléfono!”, bla, bla.

Sabedes que? Ter a uns pais/nais así de pesados, dalles vergoña. Por iso en moitas ocasións non vos responden e din iso de “quedeime sen batería” ou “tiña o teléfono en silencio“. Se os vosos fillos/as están cos seus amigos/as divertíndose e vós os interrompedes só porque queredes telos ben controlados, estádelos fastidiando.

Tedes que aprender a aguantar un pouquiño a incertidumbre que vos produce non ter aos vosos vástagos baixo supervisión, e deixar de  molestalos. Se sabedes onde están, por que ambientes se moven e quen son os seus amigos/as, tedes que darlles un pouco de marxe.  É moito mellor que, antes de que se marchen, vos digan onde estarán e con quen. E acordar algo do tipo: “se hai algún cambio de plans, se te retrasas, se acontece calquera cousa, avísanos”, que estalos atosigando constantemente.

Comunicación bidireccional, por favor

“Comiches?”, “fixeches o exame?”, “chegaches?”, “déronche a nota de mates?”… Se queredes obter algo máis ca un “si”, “non”, “non sei” por parte dos vosos fillos/as adolescentes, non os/as sometades  a un interrogatorio.

Non se trata só de pedir (ou esixir) información, senon de compartila. Averiguade (se non o sabedes xa) que temas lle interesan aos vosos fillos/as para ter sobre que conversar. Facédeos partícipes das vosas vidas, contádelles algunha preocupación, curiosidade ou chismorreo que teñades. Porque se só os atosigades con preguntas, o que conseguiredes é que se pechen na habitación e apenas falen con vós.

Non xuzguedes

Escoitade aos vosos fillos/as polo mero feiro de querer escoitalos, sen buscar a réplica, sen buscar confrontar os seus valores cos vosos. Se vos din “María fuma” e vos respondedes cun “uiuiuiuiuiuiuiuiiii, que mal, a ti que nin se che ocurra, eh!”. Aquí remata a conversa. Sen embargo, se lles preguntades: “mira, e a ti que che parece?, “pasouseche algunha vez pola cabeza facelo ti?”. Isto facilitará que non se cerren en banda e posibilitará que teñades unha charla sobre o tema.

Antes de dar un consello, preguntade se o queren

Aprendede a mordervos a lingua. Se lles soltades a típica frase de “xa cho dicía eu” ou “ti o que tes que facer é…”, estades dirixindo as súas vidas sen deixarlles reflexionar e, ademáis, é moi probable que para a próxima ocasión que teñan unha dúbida, non recurran a vós. É moito mellor un: “gustaríache saber que faría eu?”. Deste xeito, en vez de restrinxirlles o seu dereito de opinión ou elección,  despertades a súa curiosidade.

Reservade un oco tódolos días para conversar

Recoméndovos que gardedes un tempo e un espazo diario para falar de calquera cousa, por exemplo, durante a cea. Intentade ter unha conversa tranquila e, sobretodo, como apuntaba antes, non xuzguedes. Escoitade, escoitade e escoitade (é máis difícil do que parece). Para evitar distraccións aconséllovos desconectar tódolos dispositivos electrónicos: televisión, teléfonos, tabletas, etc. Haberá charlas superficiales e paliques profundos, pero o realmente importante é que manteñades unha boa comunicación e confianza entre vós.

 

Lembrade

Ser pais/nais de adolescentes é duro, pero ser adolescentes tamén.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Bibliografía:

https://aprendemosjuntos.elpais.com/

 

 

Sincericidas… Coñeces algún? – Psicólogo Lugo

Os sincericidas din o que pensan sen ningún tipo de filtro. Según se lles pasa pola cabeza, sóltano pola boca. Cren que dicir as cousas tal e como as cavilan é sinónimo de ser boas persoas… WTF?

 

Características dos sincericidas

1. Carencia de autocontrol e de respeto hacia os demáis

“Son tan honrado/a que che vou a decir o que opino de ti (queiras escoitalo ou non)”. Canta decencia, eh? Pois vai a ser que non.

Todos/as temos dereito a expresarnos, pero non todo vale. A túa liberdade remata onde comeza a do outro. Ti tes o dereito de expresarte, pero tamén debes de ter en conta que as persoas teñen o dereito de querer escoitarte ou non. Así que amigo/a sincericida, que che pareza ben dicir unha verdade, non significa que sexa o correcto. Mórdete de vez en cando a lingua, malo sexa que te envelenes…

2. Empregan a verdade para ofender

Dicir as cousas ás bravas, por moita verdade que conteñan, pode facer dano. Os sincericidas son persoas que se cren en posesión da razón absoluta, e por iso se fan escoitar, pasando por riba dos demáis sen despeitearse.

Voute poñer pingando (escudándome en que é a miña forma de ser). Son tan sincero/a… Non mo podes tomar a mal, xa sabes como son, digo todo o que penso… Dar opinións ofendendo, insultando, denigrando ou humillando ao outro, isto exactamente con que intención se fai? Creo que por caridade cristiana non.

3. Cero empatía

Os sincericidas din o que se lles pasa pola cabeza sen valorar as consecuencias que as súas palabras poden ter no outro. Non se deteñen nin por un momento a  poñerse na pel da persoa coa que están falando. Non lles importan o máis mínimo os sentimentos dos demáis. Consideran que a súa opinión é motivo máis que suficiente para decir verdades como puños, e vailles a dar igual que o seu interlocutor se sinta ferido ao escoitalos.

 

Exemplo de sincericidio

Imaxínate que estás nun evento típico do verán, nunha voda, por exemplo. Unha amiga túa tamén acude e, de repente, espétache (como é taaaaaan sincera/o): “ese traxe é horrible”, “quédache fatal”, “debeuche quedar a cabeza ben descansada cando decidiches poñelo”, “non tes espellos na casa”, etc. Por moi pouco que lle guste a alguén a roupa que levas posta, non ten ningún dereito a atacarte por iso, e moito menos se ti non lle pides a súa opinión. Xa o cantaba Manolo García “si lo que vas a decir no es más bello que el silencio, no lo vayas a decir”.

 

O sincericidio non é unha virtude

Os sincericidas soltan todo o que pensan sen que se lles pregunte, critican sen ter en conta os sentimentos dos seus interlocutores e, encima, inchan o peito pensando que iso é unha virtude.

“Dicir as cousas tal e como son” non é sinónimo de bondade, para iso hai que ser capaces de poñerse na pel da outra persoa. Existen formas e formas de comunicar o que se quere dicir sen ferir os sentimentos dos demáis.

Así que  sincericida querido/a, deixa de colgarte a medalla de “eu son moi boa persoa, son moi sincero/a, digo todo o que penso… O que ves é o que hai” porque non é algo do que debas presumir, máis ben todo o contrario. Non confundas a falta de empatía e de respeto polos demáis con algún tipo de virtuosismo. Botar a lingua a pacer coa excusa de que “é que son así” non é ningún mérito.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Como rexeitar unha invitación sen sentirte culpable

Estamos na tempada alta de vodas, bautizos e comunións. Como saberás, as probabilidades de que che chegue unha invitación para algunha destas celebracións nesta época do ano elévanse… E claro, haberá eventos aos que che faga ilusión acudir, pero a moitos outros todo o contrario. Que tire a primeira pedra o que nunca fora convidado a unha ceremonia á que maldita gana lle facía ir.

Sabes que non tes obrigación de aceptar tódalas invitacións, non hai nada de malo en facelo, pero ainda así, fáiseche difícil decir que non.

 

Motivos para rexeitar a invitación

Hai moitísimas razóns para non querer asistir a unha voda, bautizo ou comunión, pero os que máis se repiten son os seguintes:

Factor económico

Non fai falla ser un gran matemático para facer un cálculo aproximado do que custa acudir a un festexo deste tipo. Que si agasallo, que si roupa, zapatos, perruquería, desprazamentos… A celebración acaba saindo por un pico, señores!

Escasa ilusión

Para os protagonistas do evento pode ser un momento moi importante, pero para ti… pois nin fu nin fa. Que se casan? Que o cura lle vai dar unha hostia a un rapaciño/a? Ou que lle vai tirar auga pola cabeza a un meniño/a? Seino, a emoción embárgate só con pensalo…

Cuestión de preferencias

Non che apetece nadiña pasar unhas cantas horas rodeado/a de xente a que apenas coñeces (ou que che cae coma unha patada no cu nos peores casos). O tempo de ocio é para disfrutar, non para padecelo.

 

Consello da psicóloga: reflexiona

Non aceptes invitacións por compromiso

Non complazas aos demáis por medo a perder a relación. Si non che apetece ir, non vaias. As prioridades ou desexos das outras persoas non sempre poden estar por riba das túas. Que é máis importante que o outro queira que vaias ou que ti non queiras ir? Se aceptas a invitación para non defraudar a outra persoa, debes saber que te estás defraudando a ti mesmo/a, e isto é moito peor.

Non es responsable da frustración que poida sentir a outra persoa

Se o/a que te convida se ofende, non é responsabilidade túa. O/a que invita debe ter en conta que ese día é moi importante para el/ela, pero non o ten porque ser para o resto dos seres vivos.

De todos xeitos, non anticipes que se vai a cabrear si rexeitas a invitación. Moita xente invita un pouco (ou moito)por obriga: “como non vou convidar a meu sobriño (ainda que o poña a caer dun burro)?” ou “teño que invitar a tosca de Gertrudis porque ela me invitou a min”. A veces declinar unha invitación é máis un favor ca un agravio.

Ten claras as túas prioridades

O teu tempo libre é importante e ti debes decidir como disfrutalo. Non convirtas un sábado nun sacrificio.

Acepta as emocións incómodas que surxen ao decir non

Cando ti dis que non a unha persoa, podes experimentalo como algo desagradable, incluso podes sentir un pouco de ansiedade. Asume que vas a pasar un mal trago, non pasa nada, forma parte da vida, logo sentiraste moito mellor. Porque se aceptas a pesar de que non querer ir, vaste sentir mal tamén, pero contigo mesmo/a e durante máis tempo. Ti decides, acabar co run run  nuns minutos ou estar semanas refunfuñando cada vez que te acordas de que “tes que ir” a ese convite.

 

Pautas para rexeitar unha invitación

Se xa reflexionaches e tes claro que non queres ir a ese evento, douche unhas pautas para decir que non dunha forma axeitada.

1. Agradece a invitación sen esaxerar

“Agradézoche que pensaras en min” é unha boa forma de facelo. Non mintas cual bellaco dicindo “ay que ben,  que ilusión, que marabilla, canto me alegro!”. Coherencia, por favor.

2. Di de forma clara e sincera que non podes ir

Podes decir algo así “non podo ir, teño outros plans”. Ante todo non entres a xustificarte ou a argumentar, corres o risco de que che busque solucións para eses contratempos que che “impiden ir”.

3. Non digas a penísima que che dá e o moito que sintes non ir

Non te poñas en modo drama queen/king: “Sinto moitisísisimo non poder acompañarvos. Que pena máis grande, dios mio dios”. Non sexas hipócrita, non mintas. Non vas porque non che apetece, non porque non poidas.

4. Deséxalles de forma sincera que teñan un gran día

Para rematar a conversa dunha forma positiva podes dicir algo como“que teñas un matrimonio feliz” ou “que os nenos o pasen estupendamente”. E de ben nacidos ser agradecidos.

 

Mímate un pouco

Deixa de facer cousas por compromiso e comeza a facer cousas que realmente che apetezan. Comportarse de forma servil non acostuma a ser unha boa opción; unha cousa é ser servicial e axudar, e outra cousa é estar sempre priorizando as necesidades dos demáis en lugar das propias.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484