O Trastrono Límite da Personalidade, ou Borderdine, é un dos trastornos de personalidade máis duros, complexos e polisintomáticos que hai. Tamén se coñece como o Trastorno das Relacións Interpersoais, xa que as persoas que o padecen presentan unha dificultade moi grande para manter relacións sociais equilibradas e satisfactorias, ainda que esta non é a única área afectada.
Perfil
O Trastorno Límite da Personalidade iníciase na adolescencia ou ao principio da idade adulta. Presenta unha prevalencia de entre o 2 e o 4% da poboación e é máis frecuente entre as mulleres.
A maioría das persoas con Trastorno Límite da Personalidade presentan inestabilidade emocional combinada con conductas socialmente perigosas, impulsividade e, sobretodo, idealización e devaluación das persoas extrema (pasan do amor ao odio nun abrir e pechar de ollos). Cando te queren, ti es o MÁIS (con maiúsculas). Pero no momento no que ti dis “non podo facer isto contigo porque bla bla” PREPÁRATE (tamén con maiúsculas). Cousas obxetivamente insignificantes, tómanas como si se tratasen de traicións imperdoables e sufren moitísimo por elas.
A ver se che soa…
“É unha persoa estupenda sempre e cando non pense que a traicionas”.
“Fai tres anos quedara en facer algo con el/ela, pero xurdiume un imprevisto e foime imposible. Dende aquela non me fala”.
“Dime que non me espía, pero pilleino/a varias veces argallándome no meu teléfono e/ou seguíndome”.
“Antes era unha persoa fantástica, pero comezou a obsesionarse conmigo e agora é un pesadelo”.
“Canto te quero!” E en cuestión duns minutos por calquera cousiña… “Por que me fas isto? Ódiote, eu lárgome de aquí, non te aguanto”.
Factores de risco para padecer o Trastorno Límite da Personalidade
Coma en moitos outros trastornos, non hai unha causa única que explique que unha persoa padeza o Trastorno Límite de Personalidade. Alguén que cumpra con algún dos seguintes factores de risco ten máis probabilidades de desarrollar este trastorno, pero isto non significa que obrigatoriamente o vaia a padecer. Tan só son factores predispoñentes.
Factores xenéticos
Este trastorno ten unha forte carga hereditaria.
Factores fisiolóxicos
Hai alteracións cerebrais nas zonas onde se atopan o control das emocións e da toma de decisións.
Factores ambientais
Con frecuencia relaciónase con problemas durante a infancia, sobretodo relacionados coa familia:
- abandono emocional na nenez ou adolescencia
- sufrir abusos sexuais durante a infancia
- haber sido instrumentalizado polos coidadores (poñer ao cativo/a en contra da nai ou do pai)
Síntomas
- Son persoas espectacularmente sensibles ao abandono (real ou imaxinario). Sentirse rexeitados/as ou ignorados/as pode desencadear neles/as reaccións emocionais moi intensas, chegando nestes casos incluso a ameazar, suplicar e/ou realizar conductas autodestructivas.
- As relacións interpersoais son inestables, tanto no ámbito da parella, familiar ou nas amizades.
- Conductas impulsivas:
- Tendencia a derrochar diñeiro
- Abuso de sustancias
- Conducción temeraria
- Atracóns de comida
- Conducta sexual promiscua
- Ameazas suicidas recurrentes e comportamentos autolesivos: cortes, queimaduras, ameazas suicidas e incluso os intentos de suicidio. Nalgúns casos estas conductas tamén se empregan como chantaxes e/ou manipulacións, xa que é a forma na que saben e aprenderon a relacionarse.
- Problemas de identidade: teñen unha autoimaxe distorsionada e inestable.
- Inestabilidade afectiva e numerosos cambios no estado de ánimo. Son moi susceptibles e pasan dun extremo anímico a outro en cuestión de segundos.
- Dificultades para controlar a ira: poden dirixila a outros/as en forma de ataques verbais ou físicos, ou dirixila a si mesmos/as en intentos de suicidio ou conductas autolesivas.
- Sentimento de vacío. Sinten un aburrimento crónico e un vacío existencial que non poden encher con nada.
- Ideación paranoide transitoria que pode aparecer en momentos de estrés intensos e dura minutos ou horas.
Curso
O Trastorno Límite da Personalidade é crónico, pero non dexenerativo. Isto quere dicir que se ben é un trastorno que se vai a presentar ao longo da vida, non ten porque ir empeorando.
Tratamento
Cun tratamento axeitado as persoas que padecen este trastorno poden levar unha vida normalizada. Certo é que hai algúns casos moi difíciles de tratar e que outros máis sinxelos, pero co tratamento apropiado de psicoterapia e farmacoloxía pódese lograr.
Recomendación para os familiares, amigos e parellas
O traballo psicoterapeutico coa familia é fundamental, tanto para brindarlles apoio como para ensinarlles como relacionarse dunha forma máis axeitada cos seus seres queridos. Convivir con unha persoa con Trastorno Límite da Personalidade non é tarefa sinxela, necesítase unha boa tolerancia á frustración e unha gran empatía, ademáis de moitísima paciencia.
Non pretendo demonizar ningún trastorno, respeto e admiro absolutamente a calquera persoa que loita día a día para ser unha mellor versión de si mesma. Agora ben, se unha persoa con Trastorno Límite da Personalidade non segue un tratamento farmacolóxico, se non vai a terapia e, en definitiva, non se esforza coidarse… O meu consello vai hacia a xente que os/as rodea: poñede distancia con estas persoas, sobretodo no mundo da parella, porque o podedes pasar moi moi mal.
Psicóloga Lugo
Janet Díaz
Bibliografía
- American Psychiatric Association, Michael B. First DSM-5. Manual de Diagnóstico Diferencial
- http://blazquezygarate.com/
- http://www.fundacionarmaitlp.com/tlp.html
- https://www.trastornolimite.com/tlp/los-sintomas-ocultos-en-el-trastorno-limite-de-la-personalidad