Consellos para desconectar durante as vacacións

desconectar en vacacións

Chega esta época do ano na que moitísima xente está de vacacións ou está a piques de disfrutalas. Es ti unha desas persoas? Noraboa! Fágoche agora unha pregunta máis difícil… Sabes desconectar durante as vacacións?

Cantas veces revisas o whatsApp? Cantas veces miras o correo electrónico? Cantas veces lle devolves as chamadas ao teu xefe/a ou a compañeiros/as de traballo? Cantas veces comprobas os likes que consegues coas fotografías subes a instagram ou ao caralibro?

 

Como desconectar

Os consellos que vos traio hoxe, valen tanto para os/as que descansan no fogar, como para as/os que fan as maletas. Hai persoas que non se poden permitir irse de vacacións a outro lugar, pero poden recargar as pilas quedándose na súa propia casa, agora vos digo como!

 

1. Olvídate un pouquiño ou un moitiño do teléfono

Estar pendente do teléfono as 24 horas do día con chamadas, emails, whats, facebook, instagram… Non é o máis recomendable (se o que pretendes é desconectar). O meu consello é que apliques a regra do “10 minutos unha vez ao día”.  10 serán os minutos que, como máximo, poderás atenderlle ao teléfono. Como? Fixa unha hora, por exemplo, tódolos días despois do almorzo. É tan sinxelo de facer, como difícil de levar a cabo. Inténtao!

Si che xera ansiedade tan só a idea de desapegarte do teléfono, creo que é o momento de que te fagas unhas cantas preguntas e reflexiones sobre iso.

Hai moitísimas persoas que din que o seu traballo as obriga a estar dispoñibles, que lles é imposible desconectar completamente, que pode xurdir calquera imprevisto. Realmente é así? Para o común dos mortais é máis unha excusa barata. Todos somos prescindibles (xa sei que é moi reconfortante pensar que sen ti non funcionan as cousas), non tódalas chamadas que se reciben son urxentes e hai moreas de persoas e/ou cousas que poden esperar a que remates as vacacións. Respeta o teu tempo libre e faino respetar.

Os autónomos, esa figura que tan ben coñezo… Témolo un chisco máis difícil que os traballadores por conta allea ou funcionarios. Pero ainda así podemos, e necesitamos, desconectar. Apliquemos a regra “10 minutos unha vez ao día”. Que pode ser o peor que pode pasar se non respondes a esa chamada? Nada tan terrible como para non poder soportalo.

 

2. Cambia de horarios, de comida, de roupa…

Non é recomendable que continúes coas mesmas rutinas cando estás de vacacións, rompe con elas! Si por algún motivo de saúde precisas deitarte e levantarte a mesma hora, ter uns horarios de comidas establecidos, etc. Continúa con eles, por suposto. Pero o que si podes facer é cambiar o estilo da roupa. Vístete de “Guiri-vaciadespensas”, fai outras actividades que non realizas cando estás no traballo, peitéate de xeito diferente. Racha coas costumes!

 

3. Saca o reloxo da túa boneca

Isto é xenial, guíate polo que che pida o corpo e non polos horarios que te impós. Ten en conta os teus ritmo biolóxicos: a que hora che pide o corpo deitarte, levantarte, comer, durmir a siesta… Establece o teu día a día non polo que diga o reloxo, senon polo que diga o teu corpo serrano.

 

4. Fuxe das vacacións superhiperplaneadas

Teño que levantarme tódolos días ás 07:00h. para ir de excursións á casa da piruleta, o monte do chupachús, a igrexa da gominola e a praia do caramelo. Con ese ritmo o que conseguirás é estresarte en vez de descansar! As viaxes ultraprogramadas non permiten desconectar; fas o mesmo que no traballo, pero noutro lugar. E acabas as vacacións rebentado/a… Sensación de descanso, onde estás???

 

Alugueres vacacionais, campings, aparthoteis, casas de amigos ou familiares…

Cambiase de casa pero séguense facendo as tarefas do fogar. Que todo o mundo participe nelas! Facer a compra, poñer a mesa, fregar a louza, cociñar, facer a cama… Isto vai dirixido especialmente ás amas e amos de casa, xa que as persoas que se ocupan das labores domésticas tamén necesitan descanso. Moito ollo con isto, as tarefas do fogar non son responsabilidade dunha única persoa, nin no día a día, nin nas vacacións.

 

Petición a título persoal

Mulleres do mundo (digo mulleres porque nunca vin esta estampa á inversa), deixade de embadurnarlles a crema aos vosos namorados como se fosen seres inútiles. Non son bebés, se lles dá preguiza extender a crema polo bandullo, pernas, brazos, hombros, etc. Pois que se queimen, xa aprenderán. Dicide non á servidumbre. Que me rasgo as vestiduras cada vez que observo este comportamento na praia!

 

Volta ao fogar

O mellor é voltar un ou dous días antes da reincoporación ao traballo, para poder adaptarnos de novo á rutina da casa, para logo incorporarnos á rutina do traballo dun xeito gradual. Se ata o víspera non regresas, o recomendable é retomar un ou dous días antes os horarios de levantarse, comidas, deitarse, etc. Para ir pouco a pouco, que non sexa todo de golpe.

 

Que teñas unhas magníficas vacacións!!!

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484