Unha ruptura amorosa acostuma a ser un momento difícil. Aceptar e asimilar que a túa ex parella non vai a formar parte da túa futura vida (amorosamente falando), non sempre é doado. Sexan repentinas, sexan crónicas de mortes anunciadas ou sexan ansiadas, as rupturas sentimentais adoitan ir acompañadas de sufrimento.
A ruptura faise máis costa arriba se lle tes medo á soidade e/ou se careces dunha boa rede social (non me refiro ao facebook, senon ás relacións en vivo e directo). As fins de semana fánseche eternas, sobretodo ese domingo pola tarde coas magníficas películas de antena 3, na que as horas parecen non avanzar. O fría que está a cama, o silencio da casa sen esa persoa…
Claves psicolóxicas para superar unha ruptura de parella
Disfrutaches dunha bonita relación amorosa (no mellor dos casos) pero, polo que sexa, rematou. Agora tócache rexurdir das cinsas e, a poder ser, sair fortalecido/a desta experiencia. Os consellos que che dou a continuación facilitaranche superar a ruptura, pon atención!
1. Asegúrate de que a relación rematou
En moitas ocasións as rupturas son máis teóricas que prácticas… A que me refiro?
- Se segues albergando a esperanza de que a ruptura é temporal, pensarás cousas como: “Eu sei que no fondo me quere e volveremos a estar xuntos”, “estamos feitos o un para o outro, volveremos a reencontrarnos”, etc. PERIGO!
- Se segues vendo ao teu/túa ex de vez en cando, como follamigos, refregándovos cando vos pica… PERIGO!
Este tipo de pensamentos e de comportamentos fan que alimentes a ilusión de retomar a relación. Xa o cantaba a Pantoja: “No te aferres, no te aferres, a un imposible”. Mentres que non teñas claro que a relación rematou definitivamente, de que se trata dun punto e final, non poderás pasar páxina.
2. Deixa que os sentimentos e as emocións afloren
As rupturas amorosas conlevan, na inmensa maioría dos casos, sufrimento. Así que é mellor que teñas en conta e aceptes que che vai a doer o corazón durante unha tempadiña. Si, valo a pasar mal, por moito que te empeñes, por moitas máscaras que poñas, valo a pasar mal. Esto é como as feridas físicas, necesitan un tempo para curar; canto mellor as trates e menos as rasques, menos cicatriz deixarán.
3. Contacto cero
Si te deixaron a pesar de que ti desexabas continuar coa relación o contacto 0 é para ti. Esto significa cortar con calquera tipo de comunicación coa túa ex parella. Nada de whatsapp, chamadas, correos, caralibro, instagram… Desfaite de calquera medio que che dea información de onde está, con quen, que fai, como está, etc. Bloquea, deixa de seguir, borra o número de teléfono… Fai o que sexa preciso para cortar con calquera información que teña que ver coa túa ex parella.
De igual forma, se tes ao teu arredor persoas que non deixan de bombardearte con información acerca do teu/túa ex, dilles que paren. Se ainda así non o fan, afástate delas.
A veces hai nenos/as polo medio, pisos, hipotecas, mascotas, historias varias, que che farán máis complicado evitar o contacto. Pero na medida do posible, aléxate do teu/túa ex. Porque isto é coma unha especie de adicción, é moi difícil desengancharse dunha persoa se segues sabendo dela… Ainda que esteas medianamente estable, se sabes del ou dela e é como si se reactivasen os sentimentos e a dor.
4. Non te illes
Pasa tempo con persoas que te queiran e ás que queiras, que non te xuzguen, que non che pidan contas nin explicacións da nada, que te apoien e que desexen que esteas ben. Permítelles que te distraigan, que che suxiran sair da casa. Sabes perfectamente a que persoas me refiro, eses amigos/as cos que te podes mostrar triste, vulnerable, e tamén cos que te podes rir ata fartar. Pero sobretodo, non te peches na casa!
5. Establece rutinas
Ocupa o teu tempo, non deixes espazos nos que esteas sen facer nada, aburrido/a, porque rápidamente o pensamento vaise a escapar a escenarios que quizais non sexan os mellores neste momento. Distráete, intenta encher a axenda con actividades, deporte, saidas con amigos…
6. Coidado co alcohol e outras drogas
Por moito que a “sabiduría” popular diga que as penas se curan con alcohol, o certo é que non existen analxésicos para o corazón.
Cañas, viños, sangrías, chupitos, copichuelas… Nun momento determinado dannos esa pequena placidez temporal. Pero é unha trampa, porque o alcohol ten unha cara oscura: parece que nos axuda, fai que nos sintamos un pouquiño mellor durante un tempo… Pero ao día seguinte o alcohol destrózanos anímicamente. Parece que nos alivia pero, no fondo, empeóranos. Ainda que non sexa tan apetecible, é moito máis efectiva unha boa alimentación e facer exercicio físico.
7. Coñece xente nova
Despois de romper probablemente non teñas ganas de estar con ninguén, pero pasado un tempo quizais che esperte o desexo de coñecer a outras persoas, ou simplemente volvas ter apetencia sexual. Isto é un bo sinal, significa que xa estás superando a ruptura, pero debes ter coidado con algunha destas situacións:
- Lanzarse apresuradamente a manter moitas relacións sexuais con moitas persoas. Usar os rolletes para paliar o sentimento de soidade, a dor que sintes ou a modo de desafogo sexual, non é bo remedio. Pasa como co alcohol, poida que te alivie no momento, pero logo sínteste peor.
- Empezar unha relación de parella demasiado pronto, antes de estar preparado/a. Podes engancharte de alguén que non sexa a persoa máis adecuada para ti, ou incluso repetir o mesmo patrón de relación que non che funcionou no pasado.
8. Ábrete de novo ao amor
Como di Rafaella Carrá “Búscate a otro más bueno, vuélvete a enamorar”
Non teñas medo de lanzarte de novo á aventura do amor, a pesar de que che fixeran dano, que isto non sexa un obstáculo para volver a confiar e lanzarte.
Ollo, non é necesario ter parella para ser feliz, nin moito menos. É moitísimo mellor estar sen mozo/a, esposa/o, chorbo/a, querida/o, etc. que mal acompañado/a. Aprende a estar sen parella, sentarache fenomenal!
Psicóloga Lugo
Janet Díaz