Catro indicadores de que unha parella vai por mal camiño

parella

Hai determinados comportamentos nas parellas que son indicativos de que a relación vai ou debe acabar. O psicólogo John M. Gottman leva décadas estudando isto e atopou catro conductas que predicen o final dunha relación, o que el chama os catro xinetes do Apocalipsis.

 

1. As críticas destructivas

Son as críticas contínuas hacia a outra persoa, nas que hai descalificacións e ataques directos. Trátase de xuízos en contra da parella, non hacia os seus actos e, por suposto, non aportan nada bo á relación. Temos todo o dereito a queixarnos das cousas que non nos gustan, pero hai que saber diferenciar entre as críticas constructivas e as destructivas.

Un exemplo dunha crítica destructiva sería se lle dis a túa parella “es un egoísta, non tes remedio, só pensas en ti”. Como cres que se vai a sentir esa persoa ao escoitar isto? Probablemente atacada, rexeitada e ferida.

As críticas destructivas inclúen etiquetas, xeneralizacións, exprésanse en segunda persoa, son despectivas e buscan crear culpa e malestar na outra persoa. Unha crítica constructiva, en cambio, refírese a algo concreto do comportamento. Non é o mesmo dicir “sentoume mal que non te acordaras de baixar o lixo” que dicir “eres un inútil, nin de baixar o lixo te acordas!”.

Queixate por algo que fai a outra persoa, non por como é. Non é o mesmo “actuar así” que “ser así”.

 

2. Estar á defensiva

Si na relación hai unha dinámica tóxica e ante calquera queixa reaccionades atacando ao outro, estádesvos poñendo á defensiva. Culpar á outra persoa (polo que sexa) e facer que se sinta mal, só axudará a alimentar o mal ambiente da parella.

Estar á defensiva, normalmente, trae consigo actitudes non respetuosas hacia o outro. Conleva un ataque como resposta, e este pode ser en forma de reproche, ameaza, xuizos… Se un  lle pregunta ao outro “por que non queres que vaiamos á casa dos meus pais?”, e este responde “porque ti tampouco queres ir á dos meus”, está atacando, facéndose a víctima e queixándose; un cocktel que favorece o círculo vicioso do “e ti máis” (tan maduro como as discusións de patio de colexio).

Se a vosa relación se basea en culpar e responsabilizar ao outro do conflicto, se carecedes de autocrítica, tendedes á xustificación e incluso ao victimismo, os conflictos non só non se van a resolver, senon que van a empeorar. Recordade, os humanos somos seres racionais: intentade aceptar as críticas (constructivas) e interesádevos pola opinión da vosa parella.

Por favor, esquecede iso de que “a mellor defensa é un ataque”.

 

3. Atrincherarse

Atrincherarse? Seguro que si que sabes o que é, e incluso o teñas feito ou padecido. Esta actitude maniféstase cando un dos membros da parella está plantexando algunha queixa ou crítica e o outro mostra indiferenza.

Se vos cerrades en banda, deixando ao outro  de lado, estades dando a enterder que os sentimentos e opinións da outra persoa non vos importan. Facer como que non se escoita, mirar para outro lado, poñerse a trebellar co teléfono móbil, facer como que o outro non existe… son actitudes dañinas para a parella que alimentan os sentimentos de rabia e resentimento.

O contrario ao amor non é o odio, é a indeferenza. Se a vosa parella vos é indiferente ou viceversa, quizais sexa o momento de emprender camiños separados.

 

4. O desprecio

Este é o “xinete” máis perigoso. O desprecio vai da man da actitude de superioridade e de falta de respeto hacia a outra persoa. Maniféstase con burlas, humillacións, sarcasmo, xestos, ameazas, insultos, con imitacións ou con palabras con intención explícita de dano.

“Teño que repetircho cen veces porque eres fat@ ou é que non entendes o galego?”. Non fai falla explicar as consecuencias negativas que conleva este tipo de comentarios despectivos nunha relación de parella (ou en calquera relación interpersoal).

O desprecio emprégase para infravalorar á outra persoa, a mensaxe é “eu son mellor ca ti”. Isto non é compatible co amor e predice dunha forma moi segura o fin dunha relación. É imposible solucionar un problema se a túa parella pensa (porque decidiu) que non estás á súa altura, e, dende logo, ti non deberías seguir nunha relación na que a túa parella che fai sentirte mal.

 

Lembra

Todas as relacións teñen conflictos, períodos bos e períodos malos. Pero si a túa parella se burla de ti, te desprecia, te humilla, e nunca asume a súa parte da responsabilidade nos problemas: DEIXA@!

Non permitas que ninguén te trate mal; iso non é amor, é dependencia emocional.

 

relación

Bibliografía:

John M. Gottman (2010). Siete reglas de oro para vivir en pareja: un estudio exhaustivo sobre las relaciones y la convivencia.

 

Janet Díaz Portela

Psicóloga social e sanitaria 

Col. G-5097

Autor: psicologajanetdiaz

O meu nome é Janet Díaz Portela, son licenciada en Psicoloxía, formación que completei co Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, Máster de Coaching para a Motivación e os Procesos de Cambio e o Máster de Práctica Clínica en Saúde Mental. Creativa e divertida, considero o meu traballo como algo máis ca unha profesión. Disfruto axudando a mellorar a vida das persoas, sendo fundamental a actualización de coñecementos para ofrecer o mellor servizo posible. Son esixente e eficiente, con ambición para mellorar día a día no terreo laboral e persoal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *