Mitomanía: inclinación enfermiza a inventar e contar mentiras

mentiras e mitomanía

A mitomanía ou pseudoloxía fantástica é unha tendencia ou inclinación patolóxica de alterar a realidade á hora de describila ou, directamente, fabular sobre ela.

Hai mitómanos por todos lados, incluso en Lugo

Os mitómanos acostuman a ser persoas que fuxen do seu escaso amor propio fabulando, para así atraer a atención e a admiración dos demáis. Teñen unha baixa autoestima ou/e teñen medo a non encaixar nun grupo, e para compensar este sentimento de inferioridade contan historias fantásticas, nas que se outorgan certo protagonismo, crendo que van a conseguir ser aceptados ou incluso admirados polos demáis.

O certo é que moitas veces fan o ridículo porque a xente acaba decatándose das súas trolas. Eso si, poden estar enganándote durante moito tempo, pero ao final acabase descubrindo a verdade: que minten máis que falan.

 

As mentiras

Hai persoas que son moi boas contando mentiras, seguro que todos coñecedes a algunha, porque como en todo nesta vida, hai que ter arte ata para mentir.

Hai mitómanos que o que fan é coller historias que xa existen, pero de outras persoas, e fanas propias. Noutros casos enbelecen algunha historia real, decórandoa con detalliños ficticios e pinceladas de humor.

 

Problema psicolóxico

Os mitómanos minten de xeito compulsivo sobre os máis mínimos aspectos das súas vidas con absoluta naturalidade. Están sistemáticamente contando mentiras, fabulan constantemente, ata o punto de que chegan a inventarse unha vida que non ten nada que ver coa realidade.

Na gran maioría dos casos hai un problema de autoestima enraizado e facer terapia cognitiva é imprescindible. É esencial que a persoa cambie os seus esquemas mentais; se o individuo está intentando compensar algo a través das mentiras, o primeiro paso é averiguar que é o que intenta subsanar, para tratar o problema de raíz. Por outro lado, tamén é convinte que se decate de que as mentiras non son unha boa estratexia, á larga acábanse descubrindo.

 

E ti, coñeces a algún mitómano?

a mitomanía

Psicóloga Janet Díaz

Un comentario en “Mitomanía: inclinación enfermiza a inventar e contar mentiras”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484