A felicidade é unha sensación de satisfacción, de estar agusto con un mesm@. Somos felices cando disfrutamos do que podemos ou sabemos facer, e é diferente para cada persoa: aloumiñar nun gato, pasar un día na praia, arranxar algún trebello, tomar uns espirituosos cuns amig@s, xogar a partida, escoitar como chove mentres estás ao quente tapad@ ata as orellas…
A felicidade experiméntaa quen se sente content@ coas circunstancias da súa vida. Non se trata dunha cuestión de sorte ou do destino, quen espere ser máis feliz sen facer nada para logralo, vaise levar moitas decepcións.
Non busques no lugar equivocado
Desacertadamente, a maioría das persoas viven coa idea de que conseguindo un bo posto de traballo, tendo cartos a esgalla ou cunha vivenda en propiedade, terán a felicidade asegurada. Pero o/a que busque a ledicia ahí, non o fai no lugar correcto.
Nin o diñeiro nin as posesións dan a felicidade
O diñeiro só aporta felicidade si se vincula con cubrir necesidades básicas, é dicir, se non se tes un teito baixo o que caerte mort@ ou se non tes que comer. Ser ric@ (económicamente falando) non é sinónimo de ser feliz, e canto antes desterres esa crenza, mellor.
Non teñas como meta na vida acumular cantidades de diñeiro ou pertenzas, cando esteas no teu leito de morte non recordarás a cuantía da túa conta bancaria, nin as túas propiedades, nin os artículos tan caros que mercaches. O que albergarás na túa memoria serán os momentos que compartiches cos teus seres queridos e o tempo que adicaches a facer aquilo que tanto che gusta.
Pódese aprender a ser máis feliz?
Por suposto que si, pero debes facerte responsable da túa felicidade.
O fundamental é ser conscientes que ser ou non ser feliz é unha elección persoal, non está determinado polas circunstancias que che toquen vivir. Non se pode estar todo o tempo feliz, pero tampouco se pode estar ledo só cando as cousas che vaian fantásticamente.
Pregúntate por que non es feliz
Si, seguramente teñas problemas, tod@s os temos, pero debes aprender a diferenciar entre os problemas graves e os contratempos. Un problema grave é unha morte, unha enfermidade severa ou non ter un bocado que levar á boca; cando isto sucede é difícil sentirse feliz (ainda que non imposible). Poida que neste intre non che estea afectando un problema grave e, sen embargo, compórtaste como se si o tiveras. Por que?
Non aceptar o que non che gusta é o que che fai sufrir
Ao longo da túa vida aconteceranche innumerables adversidades, pero o que realmente conta é o que ti pensas cando se producen eses percances. A felicidade non está no que che pasa, senon en como interpretas iso que che sucede.
Convéncete de que cada día da túa vida merece a pena, valora as pequenas cousas boas que che acontecen a diario e xestiona os reveses cos que te atopes. Cando teñas un contratempo permítite enfadarte ou estar triste, desafógate como prefiras, pero faino durante un tempo razoable. As cousas son como son, non como nos gustarían.
Lembra,
Realmente necesitamos moi pouco para ser felices e só ti es o/a responsable da túa felicidade.
Janet Díaz Portela
Psicóloga social e sanitaria
Col. G-5097