A moitos homes preocúpavos o tamaño do voso pene, a pesar de que o que tedes é máis que sufieciente para dar e experimentar pracer. A crenza popular reza que: canto máis grande, mellor. Será certo?
Datos obxetivos
- En España o tamaño medio dun pene erecto é duns 13 centímetros e medio.
- O falo que non chega aos 7 centímetros en erección, denomínase micropene.
- Un pene pequeno en estado erecto mide entre os 7 e os 12 centímetros.
- Un pene grande é o que mide máis de 17 centímetros.
- E bautízase como macropene si supera os 20 centímetros.
Os micro e macropenes, ben sexa polo pequeno ou polo gran tamaño, poden presentar algunha dificultade á hora do coito (ainda que non teñen porque). Pero os falos que oscilan entre estas dúas medidas, físicamente poden proporcionar un pracer similar.
Importa ou non importa o tamaño?
Si, pero non. Resposta galega onde as haxa, oigan! Á hora de ter relacións sexuais puramente físicas, o tamaño carece de relevancia. Certo é que hai persoas ás que un pene grande lles resulta máis apetecible ca un máis pequeno, para gustos cores. Do mesmo xeito, hai xente reacia aos membros viriles grandes. Son, simplemente, os gustos de cada quen, e sobre o morbo non hai nada escrito. Se a ti che gustan os rabos grandes, magnífico. Se os prefires pequenos, perfecto tamén.
A maior tamaño, maior pracer no coito?
Non. O anhelo de ter un pene ben grande é unha obsesión que non ten ningún fundamento funcional, tan só se trata dun factor estético.
Penetración vaxinal
- A vaxina é un órgano flexible que se expande e contrae en función do tamaño do pene. Está formada por músculos elásticos que se adaptan, así que mida o che que mida o pene, a vaxina axústase a el.
- No primeiro tercio da vaxina (primeiros 4 – 5 centímetros) é onde se atopan a maioría das terminacións nerviosas, disminuindo a sensibilidade no segundo e terceiro tercio. Polo cal un pene pequeño pode chegar fácilmente ao primeiro tercio da vaxina e proporcionar satisfacción.
Penetración anal
O texido anal é moi sensible e un falo grande pode xenerar máis dolor que pracer. Se o membro é moi grande, por moito lubricante que se empregue, produce molestias. Neste caso, menos é máis.
A sexualidade non é xenitalidade
Como vimos, a influencia do tamaño dos xenitais no pracer sexual non ten moita cabida. Pero o que si que inflúen son os complexos. Se vas pola vida pensando que o teu pene é ridículo, queiras ou non isto acabará repercutindo na túa vida sexual. Se estás acomplexado polo tamaño do teu falo, vivirás o sexo con angustia e ansiedade, baixará a túa autoestima e perderás a confianza en ti mesmo. E estes medos e preocupacións si que poden xerar disfuncións sexuais como poden ser os problemas de erección ou os problemas na exaculación.
Lembra
A maxia faina o mago, non a varita. Deixa de preocuparte polo tamaño da túa pirola (faime moita gracia esta palabra ;)) e préstalle máis atención á forma de usala.
Psicóloga Lugo
Janet Díaz
Bibliografía
https://www.medicina21.com/enfermedades/ver2/2395?page=2&per-page=6
Hola! Justo escribo en este post por que es el último que lei. Termino educacion social este año y como futura profesional afin al mundillo de lo social y enamorada de la psicología queria decirte que de verdad me encantan tus post! Gracias por explicar todo de un manera tan amena y cercana. Eres increible 😉
Gracias por tus palabras, Andrea. Me hace muchísima ilusión saber que te gustan mis artículos.
Un beso y ánimo con ese último curso!
nunca pensei poder escarallarme da risa cun artigo coma este, jajaja é que encantame como o explicas!! que soltura, que franqueza e sin rodeos. é con esa gracia que tes, e de admirar! 😀
mais e boa verdade que a maxia faina o mago e non a varita ^.^