A baixa tolerancia á frustración – Psicóloga Lugo

tolerancia á frustración

A frustración é ese sentimento de impotencia que se xera cando non consegues o que te propoñías ou o que esperabas. Esta claro que é imposible que poidas satisfacer tódolos teus desexos, pero ainda sabéndoo, frústraste.

 

Que nos acostuma a producir frustración?

  • Non aceptar as nosas propias limitacións. Un burro, por moito que o intente, nunca chegará a ser un cabalo de carreiras. O burro é un animal fantástico, símbolo de forza, nobleza e traballo (ademáis de ser moi bonitiño), pero nunca será un gran galopador. Que hai de malo nisto? Nada, sempre que o animal acepte as súas características e non pretenda ser o que non é.
  • Non aceptar as limitacións ou as decisións doutras persoas. Por exemplo, esa rapaza que tanto che gusta e que non quere saber nada de ti. Por moito que porfíes, que o desexes ou que lle prendas unha vela á virxe, se a esa persoa non lle gustas, pois non lle gustas. E punto.
  • Non aceptar as condicións ambientais. Como cando unha tormenta de verán que che impide disfrutar dunha tarde de domingo de sol na praia. Como no punto anterior, hai cousas que non dependen de ti; non es todopoderoso/a, nin ti, nin ninguén.

 

Tolerancia á frustración

É fundamental entender que non conseguir o que queres non é un terrible fracaso. Os erros e os problemas forman parte da vida, e deles sácanse os máis valiosos aprendizaxes.

Frustracións do día a día

Refírome aquí as frustracións triviais, como que chova e non levar paraugas, non atopar onde aparcar ou incluso que trone e falle a liña telefónica durante un par de horas.

Se tes unha baixa tolerancia á frustración, ante situacións como estas, quedaraste anclado/a nas emocións desagradables. En vez de buscar posibles solucións, instalaraste na queixa contínua, buscarás culpables e quedarte con ese run-run na cabeza (que de nada che serve).

Estas frustracións cotiás, se non as xestionas ben, acaban facendo que esteas de mal humor toda a xornada. Porque ter un mal día, é simplemente estar dándolle voltas a ese contratempo que sucedeu, ignorando todos os aspectos positivos que houbo. Ademáis, o mal humor acostuma a proxectarse nos demáis; convertes ese día nun mal día e fas que tamén o sexa para as persoas do teu arredor.

Pode parecer unha tontería, pero saber tolerar as frustracións pequenas, vaiche a axudar moitísimo a tolerar as frustracións grandes. Non esquezas que para saber correr, hai que saber andar.

 

Como se consegue tolerar a frustración?

  • Aceptando que non sempre salen as cousas como queres. É imposible que controles tódolos aspectos da túa vida, por moito que o intentes, non o conseguirás.
  • Non centrándote nos aspectos negativos da vida. Moitos dos teus desexos non son necesidades que teñas que cubrir neste intre, se non se cumplen inmediatamente, non dramatices.
  • Aceptando as emocións desapracibles que acompañan á frustración. As máis comúns son o enfado, a ira, a rabia… Pero tamén pode ir acompañada de ansiedade, angustia, tristeza, culpa, etc. Aprende a xestionalas.
  • Buscando alternativas para acadar a túa meta ou para cambiala. Para lograr o teu obxetivo seguramente haxa vairos camiños, non te centres só nese que non che funcionou. E si se trata dun obxetivo inalcazable, cambia de meta.

 

Lembra

Se aprendes a tolerar a frustración non reaccionarás desmesuradamente ante calquera inconvinte, vivirás con menos estrés e serás capaz de ver nos problemas oportunidades.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

2 pensamentos sobre “A baixa tolerancia á frustración – Psicóloga Lugo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484