Non quero ter fillos, e que?

non ter fillos

Ter fillos… Neste artigo vou a falarvos dun tema que as mulleres, sobretodo a partir de certa idade, nos atopamos ata na sopa: a maternidade.
Convídote a que te pares a a pensar nas preguntas que se lles fan ás mulleres e en cambio aos homes non. A moi poucos homes se lles interroga sobre si son pais ou non, sobre si teñen ou non teñen fillos ou os motivos de tal decisión. En cambio, ás mulleres presiónasenos ata niveis insospeitados.

 

Ser nai é unha elección, respétao

“E ti, non tes fillos?”

“Ohhhh, non che gustan os nenos?”

“Pero, por que non tes fillos?”

“Xa verás como vas cambiar de opinión”

“Que se che pasa o arroz!”

“Cando vas ter fillos?”

“Vaste arrepentir!!!”

(Por suposto estas frases van sempre acompañadas de miradas de reprobación).

E digo eu, por que tanto empeño en que nos quedemos preñadas? Sospeito que son os coletazos do catolicismo misturado cunha boa dose de burramia.

Si, si, neste país “aconfesional” (non ven ao caso, pero ía sendo hora de que un presidente xurara o cargo sen biblia e sen crucifixo) onde a relixión nos deixou unhas tradicións e crenzas tan a prol da muller. A que me refiro? Pois a que parece que as mulleres estamos aquí para ser nais e coidadoras, e pobre da pecadora que non cumpla con esta obriga! Nunca rezarán suficientes Avemarías para redimir o agravio de non quedarse preñadas!

Pode soar cómico, pero nesta sociedade (supostamente avanzada) parece que ser nai é unha imposición para toda muller. A que non o sexa convértese en pouco menos que nunha alimaña despiadada e desnaturalizada.

 

Motivos para non ter fillos

Ante todo quero deixar claro, clarito, clarinete que non querer ter fillos é unha elección persoal. Ningunha muller ten porque dar explicacións de por que é nai ou non o é, do mesmo xeito ninguén debería ir preguntando (nos peores casos esixindo) os argumentos de rexeitar a maternidade.

Así que ti, muller sen fillos, se alguén che volve a insistir en que sexas nai, di basta a esa intromisión. Un zasca en toda la boca que me encanta (e que te animo a que probes) e soltar a perlita de que “ao ver a túa prole quítanseme as ganas”. Yassss!

Mensaxe para os “metomeentodo”: deixade de pedir explicacións de cousas que non vos incumben. Hai moitísimas razóns polas que as mulleres non queren ter fillos, para mostra un botón (ou varios):

  • Ter unhas prioridades nas cales os fillos non entran.
  • Problemas de conciliación. Si, no ano 2018 as mulleres ainda estamos moi desfavorecidas; quedarse embarazada sigue supoñendo un risco de perder o posto de traballo ou a posibilidade de ascender. Tede en conta que hai moito empresario que se coida de non contratar a mulleres fértiles.
  • Non sentirse preparada. Hai mulleres que non se sinten capacitadas para educar e responsabilizarse dun bebé e por iso deciden non facelo.
  • Motivos económicos. Os fillos non veñen cun pan debaixo do brazo, veñen cun montón de necesidades: cueiros, alimentos, roupa…
  • Non lles gustan os nenos. Decir que non che gustan os nenos pode parecer unha idea pouco piadosa de mulleres desnaturalizadas, pero… Entón por que hai hoteis, restaurantes, plans de viaxes, etc. libres de nenos?
  • Ter unha vida plena. Si, hai mulleres que consiguen ter unha vida plena e non necesitan ter fillos para encher ningún oco e ser felices.

 

Para rematar

Este artigo non está feito dende o ataque ás nais/pais, e tampouco dende o victimismo. Escribo dende a crenza de que ter ou non ter fillos non é o que nos define como mulleres. Desexaría que se vira ás mulleres polo que realmente somos, exactamente igual que se fixo sempre cos homes.

As mulleres sen fillos non somos nin peores nin mellores que as que son nais. E encantaríame que a partir de agora cando teñades diante a unha muller sen fillos, non lle preguntedes cando pensa telos, non a xuzguedes. Quizais non quere, quizais non pode. E isto só debería importarlle a ela.

 

 

elección fillos

Janet Díaz Portela

Psicóloga en Lugo

2 pensamentos sobre “Non quero ter fillos, e que?”

  1. Encantoume èste artigo,eu non teño fillos e son das que teño que estar oindo todo o que dis,e e duro ter que calar,porque eu ata chego a pensar que o fan pa fastidiar,cando xa chegamos a unha eda eu creo que hay q ser consciente do que se di,e non fastidiar.

    1. Alégrame saber que che gustou o artigo. Como ben dis, hai moitos comentarios que son malintencionados; ser ou non ser nai é unha decisión persoal e íntima, e non debera ser cuestionada polos demáis. Moitas gracias pola túas palabras!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484