Todos/as fomos (ou somos) víctimas de chantaxe emocional nalgún momento da nosa vida. E se facemos exame de conciencida, comprobaremos que seguramente tamén o aplicamos nalgún momento… De sabios/as é rectificar.
Que é o chantaxe emocional?
O chantaxe emocional é basicamente unha forma de manipulación psicolóxica que empregan algunhas persoas para conseguir un obxetivo, onde xeralmente o afecto é a moeda de cambio.
Pode esconderse detrás de frases aparentemente tan inofensivas como:
“Se de verdade me queres, quedaríaste aquí conmigo” .
“Se de verdade che importase, non irías a…”.
“Se me quixeras, non o farías”
“Ti decides, pero atente ás consecuencias”
Aquí o afecto, o cariño ou o amor emprégase instrumentalmente e chantaxéase cos sentimentos coa finalidade de conseguir un beneficio, buscando na outra persoa o sentimento de culpabilidade, de obriga ou de medo.
Está xustificado nalgún caso o chantaxe?
Rotundamente non. Utilizar o afecto, mellor dito, aproveitarse del, non é nin ético nin saudable. “Quérote si fas isto que eu quero, e se non o fas non te quero”. Condicións deste tipo non son algo que alimenten a unha relación precisamente de confianza ou de amor, non cres?
O chantaxe emocional, desgraciadamente, é moi habitual nas relacións de parella, pero incluso entre familiares e amigos/as. Aparece asimesmo entre pais/nais e fillos/as e, a pesar de que a miúdo son os propios proxenitores os que poden facer moito chantaxe aos seus retoños, tamén hai moitísimos fillos/as que para controlar ou manipular aos seus pais/nais o utilizan con mensaxes como: “claro, ti estás todo o día traballando, se me quixeras estarías aquí conmigo”, “non me fas caso, eso é que non che importo”,”xa que non estás nunca conmigo, polo menos dame diñeiro”.
Condicións e ameazas
No chantaxe emocional hai condicións “se non fas isto, eu vouche a quitar aquilo” e tamén ameazas “se non actúas así, vai a ocorrer isto”. E, obviamente, as consecuencias de non facer o que o manipulador/a quere son malas: humillacións, arrebatar algo, ignorar… Sempre, sempre, sempre hai un castigo.
O/a chantaxista manipula sentimentos como a culpa, o remordemento ou a responsabilidade e nos peores casos emprega o medo “ah, ti saberás, vaite, vaite, a ver si cando volvas non estou”, “un día destes vasme perder”. Tratan de deixar ao outro coa alma en vilo, incluso chegan a simular, ou esaxerar, enfermidades con tal de conseguir os seus desexos.
Perfil psicolóxico do/a chantaxista emocional
O/a chantaxista emocional está habituado a manipular aos demáis para conseguir beneficios persoais. Non todos/as presentan os seguintes ragos, ainda que tenden a mostrar unha boa parte deles:
- Autoestima baixa. Por iso están constantemente provocando demostracións continuas do amor da súa parella, familiares ou amigos/as.
- Coñecen os puntos débiles das persoas do seu entorno e non dubidan en aproveitarse deles sen ningún reparo cando lles é necesario.
- Non son empáticos/as.
- Acostuman a ser persoas moi controladoras. Intentan dominar o comportamento dos demáis, e se teñen que recurrir á intimidación e as ameazas farano, xa sexa dun xeito máis ou menos sutil.
- Son perseverantes. Non paran ata conseguir o que queren.
- Suelen ser persoas cercanas, afectivamente falando.
- Son moi esixentes e non se dan por satisfeitas nunca. Sempre van a querer máis.
- Opoñen gran resistencia e rara vez dan o seu brazo a torcer. Se non se acatan os seus desexos, mostraran o seu enfado da peor maneira.
- Ameazan contínuamente (non sempre se trata de ameazas directas).
- Actúan con prepotencia e rixidez. Queren dominar as conversa e ter sempre a razón, cabréanse cando lles levan a contraria e encántalles ser a guinda do pastel.
- Teñen unha baixa tolerancia á frustración e, ademáis, están acostumados/as a ter todo o que queren.
Consello
Alguén que che fai chantaxe emocional non che quere ben.
O/a chantaxista actúa movido/a polos propios intereses e xoga coas emocións das persoas con total impunidade. Culpabiliza, ameaza e provoca medo para así conseguir o que quere. Se non o consegue, fará todo o posible para que a súa víctima crea que é “mala” por non ceder as súas demandas.
Aléxate destas persoas canto antes mellor!
Psicóloga Janet Díaz