As excusas baratas acábanse pagando caras…. Medo!

Érase unha vez un raposo esfameado que buscaba polo monte algo que levar á boca. De repente, viu unha árbore chea de froitos maduros… “Mmmm, que boa pinta teñen, que decilicia!”.

Achegouse á árbore e comezou a trepar, subiu a primeira parte con éxito, pero ao chegar á metade do tronco asustóuse, mirou para abaixo e pensou “ainda vou caer” (debía de ser un raposo de Lugo). Entroulle o medo… Miraba hacia arriba, hacia os froitos, e miraba hacia abaixo, hacia o suelo. Miraba hacia arriba, hacia os froitos, e miraba hacia abaixo, hacia o suelo.

Decidiu baixarse.

O raposo deitóuse nun prado ao lado da árbore e pensou: “bah, nin tiña tanta fame, nin os froitos parecían tan deliciosos”.

 

Trampa psicolóxica

Tanto ti coma eu sabemos que o raposo se deitou vencido, e que moitas veces nós somos como o raposo. Sabemos o que queremos, vémolo, ulímolo, incluso podemos saborealo na nosa imaxinación. Pero danos medo o que temos que arriscar para chegar a alcanzalo.

O problema non é o medo. O problema é decirnos a nós mesmos que non temos fame ou que os froitos non teñen tan boa pinta. Aquí está a trampa.

Como superar o medo

O primeiro paso para superar o medo é poñer as cartas boca arriba. Decirte a ti mesmo/a o que sintes, como estás e o que desexas. E por suposto, non avergoñarte por non conseguilo.

O que debes evitar é inventarte escusas e autoxustificacións para quedarte máis tranquilo/a por non estar conseguindo o teu obxetivo. Decirte cousas como “bueno, tampouco estou tan mal”, ou “eso tampouco me importa tanto”, ou “non me apetece tanto conseguilo” son disculpas que podes acabar crendo. E ahí amigo/a, está a verdadeira traxedia.

Sexamos honestos/as, poñámonos metas con confianza e non nos inventemos con escusas rancias para non loitar polos nosos obxectivos.

Aquí é onde comeza a valentía, sendo sincero/a contigo mesmo/a. Sincerándote co que desexas, con coraxe. Ollo, o coraxe non é actuar sen medo, senon actuar a pesar de sentilo.

 

 

Janet Díaz

Psicóloga en Lugo



Por que temos medo?

O medo é unha emoción básica provocada pola percepción dun perigo (real ou imaxinario) e, como o resto das emocións, é indispensable para a nosa supervivencia. Cando nos atopamos ante unha ameaza sentimos medo e, automáticamente, póñense en funcionamento unha morea de cambios no noso cerebro que teñen como finalidade prepararnos para fuxir.

Agora somos moi urbanitas (uns máis ca outros), pero houbo un tempo no que os nosos antepasados vivían en cavernas rodeados de innumerables perigos. Si se atopaban cun depredador, o medo facía que se quedasen paralizados evitando que se percatasen deles, ou ben que escapasen en  busca dun refuxio seguro. Por iso, ainda que a día de hoxe non nos asexen leóns, cando sentimos medo o noso cerebro manda ordes ao noso corpo para fuxir, atacar (se nos sentimos fortes) ou paralizarnos (se nos atenaza o pánico).

 

Que pasa cando sentimos medo?

O medo actúa a nivel cognitivo e, sobretodo, a nivel fisiolóxico. Cognitivamente provoca bloqueo, por iso cando témolo medo no corpo nos resulta tan difícil pensar. Pola contra, o medo a nivel fisiolóxico actívanos, ponnos en estado de alerta, preparándonos para fuxir en caso necesario.

Tod@s sentimos algunha vez medo e sabemos por experiencia propia que:

  • as pupilas dilátanse e os ollos abrense tanto que parecen saírsenos das órbitas. Esto sucede porque así amplíamos o campo visual, e podemos detectar con máis facilidade calquera posible ameaza,
  • o corazón parece saírsenos do peito e aumenta a presión sanguínea. Por iso temos esa sensación de taquicardia e/ou formigueo nas extremidades,
  • detéñense as funcións non esenciais, como a dixestión, para aforrar enerxías para o que realmente importa: fuxir. Motivo polo que ao experimentar medo notamos un nó no estómago ou teñamos incluso náuseas,
  • aumenta a tensión muscular para poder escapar.  Isto provoca que sintamos certo tremor e calambres nas extremidades.

 

A que lle temos medo?

O que ten cu, ten medo, non si? Existe unha lista interminable de situacións, ideas ou obxetos capaces de xerarnos medo. Algunhas están relacionadas co entorno natural ou con medos ancestrais como as tormentas, a altura, a escuridade, o sangue, certos animais, etc. Outras, en cambio, son máis modernas como o medo ás agullas, aos paiasos, a voar, aos ascensores, a ir ao dentista, a perder o teléfono móbil…

Na maioría dos casos somos perfectamente conscientes dos elementos aos que lles temos medo. Se por exemplo unha persoa que lle ten medo aos cans, sabe identificar o seu temor estupendamente. Sen embargo, exiten medos moitísimo máis sutiles, deses dos que case nin nos decatamos e que poida que nin recoñezamos. Se unha persoa non se atreve a deixar a súa parella ainda que estea ata as narices dela, por exemplo, poida que sexa por  medo á soidade, ao abandono ou aos cambios. Moito coidado con eses medos que nos impiden avanzar e nos converten en persoas insatisfeitas.

 

As orixes dos medos

1. Medos innatos, os que nos veñen de serie

Nun experimento recente púxose a proba a hipótese  de que evolutivamente temos unha predisposición (ollo, unha predisposición non é unha norma) a temer a certos animais como as arañas ou as serpes, xa que o veleno dalgúns destes bichos son perigosos para o ser humano.

O estudo foi levado a cabo por Hoehl, Hellmer, Johansson e Gredeack (2017) con bebés de seis meses. Estes investigadores preguntábanse como era posible que os alemáns poideran ter un medo tan arraigado ás arañas ou ás serpes, tendo en conta que moi difícilmente podían atoparse con especies velenosas destes animais.

Para demostrar se o noso arcaico mecanismo cerebral é capaz de identificar potenciais perigos,  crearon un experimento que consistía en ensinarlles varias fotografías a uns bebés alemáns. Algunhas das fotos mostraban flores ou peixes, e noutras aparecían arañas ou serpes. Para que? Pois para ver se había diferenzas nas respostas fisiolóxicas ante os dous tipos de imaxes.

Reaccionaron de forma distinta? Si, as pupilas dos meniños dilatábanse moitísimo máis coas fotos nas que aparecían as arañas e as serpes, mostra clara da activación do sistema cerebral do medo.

 

2. Medos adquiridos

Son os medos que van surxindo según o que experimentamos nas nosas carnes morenas (nesta época do ano máis ben brancas), o que observamos nos hábitos dos demáis e o que nos dictamina a sociedade na que vivimos.

Vouvos a falar agora dun macabro experimento clásico da psicoloxía: o caso do pequeno Albert. Con este estudo demostrouse que o medo se pode aprender mediante o condicionamento clásico e tamén como resultado de sufrir algún suceso traumático.

Ao psicólogo Jonh B. Watson, no ano 1920, ocorreuselle a fantástica idea de meter a un meniño de once meses, chamado Albert, nunha habitación a interactuar cunha rata de laboratorio. Ata aquí todo ben, o pequeno non lle tiña ningún medo ao animal e manoseábao sen ningún reparo.

Agora ven a parte menos ética: nas seguintes sesións, cada vez que o meniño tocaba ao roedor soaba un ruído moi forte e desagradable que asutaba ao pequeno Albert, ata o punto de facerlle chorar. Tras sete repeticións, o cativo aprendeu a terlle terror á rata; choraba ao vela sen necesidade de escoitar o molesto son.

Por se fose pouco terlle pánico ás ratas, este temor aprendido extendeuse a obxetos ou animais con pelo blanco. O pequeño Albert colleulle medo non só ás ratas, senon tamén a calquera animal  ou cousa con pelo: cans, coellos, peluches, abrigos de pelo e incluso lle temía a Papá Noel (polas barbas blancas). Coitado pequeno Albert!

 

Lembra

Temos un cerebro programado para sobrevivir; se nos sentimos en perigo o medo prepáranos para escapar coa finalidade de poñernos a salvo (a pesar de que a ameaza só estea nos nosos pensamentos e non sexa real).

Está claro que nacemos coa alarma do medo programada, que dende que somos pequen@s adquirimos medos e que de maiores continuamos coleccionándoos. Cae de caixón, se aprendiches a ter medos, tamén podes aprender a vencelos.

Non deixes que os teus medos che impidan avanzar. O medo ten que protexerte, non limitarte.

 

temor

 

 

Artigos e vídeos de referencia:

Itsy Bitsy Spider…: Infants React with Increased Arousal to Spiders and Snakes. Stefanie Hoehl, Kahl Hellmer, Maria Johansson and Gustaf Gredebäck. Front. Psychol., 18 October 2017 | https://doi.org/10.3389/fpsyg.2017.017103

Fragmento do experimento do pequeno Albert.

 

Janet Díaz Portela

Psicóloga social e sanitaria 

Col. G-5097


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484