A ira é unha emoción básica e universal: enfadarse non só é normal, senon que tamén é necesario. Sen embargo, cando a ira é demasiado frecuente ou desproporcionada, convértese nun problema.
Se estás máis irascible do habitual, será moi frecuente que ante un pequeno xesto ou ante calquera comentario que non che agrade, te poñas feito/a unha fiera. Se este é o teu caso, toma nota das seguintes recomendacións. Faino por ti e pola xente que te rodea 😉
7 consellos para manexar a ira
1. Reláxate
Aprende a relaxarte: ioga, meditación, exercicios respiratorios, Mindfulness, etc. Pero para que calquera destas opcións (ou outras) che funcionen, debes practicar.
O máis sinxelo é empezar por facerte máis consciente da túa respiración. Cando notes que a ira se quere apoderar de ti, respira profunda e lentamente durante polo menos medio minuto. Comprobarás como este simple xesto che axuda a que o enfado non vaia a máis.
2. Tempo fóra
Cando sintas que che empeza a ferver o sangue, o mellor é que te alexes da situación que che xera a ira. Ollo, nada de marchar dando un portazo acordándote de tódolos santos e virxes; isto só facilitará que a ira siga aumentando. Sei que é complicado, pero se logras apartarte da situación que te cabrea dun modo tranquilo, seráche máis doado apaciguar ese enfado.
3. Expresa a ira
Busca formas sanas de expresar a ira (os berros, insultos, golpes, etc. non o son). Tan importante como relaxarte e apartarte da situación que te enfada, é saber expresar a ira axeitadamente. Se es capaz de decir asertivamente que estás anoxado/a e o motivo do teu cabreo, conseguirás evitar que a ira se acumule e que acabes estoupando ás bravas.
4. Evita situacións ou persoas coas que acostumes a cabrearte
Para que expoñerte a situacións ou persoas que facilitan que sintas ira? Se sabes que aborreces a fulanito, para que quedas con el?! Si, xa sei que a veces a cousa se complica, sobretodo se estoxas ao teu xefe/a, veciño/a… Para estes casos este consello non che sirve, céntrate no anteriormente dito ou nos puntos seguintes.
5. Descansa
É importante que durmas as horas necesarias. Terás notado que cando estás cansado/a as túas reaccións de ira son máis frecuentes e/ou máis intensas. Neste enlace poderás ler uns consellos para conseguir durmir máis e mellor.
6. Relativiza
Debes ter claras tres verdades universais:
- Non es perfecto/a
- Os demáis tampouco o son
- O mundo non funciona como a ti che gustaría
Non todo é ou bo ou malo, ou blanco ou negro, ou todo ou nada, ou triunfo ou fracaso… Hai puntos intermedios. Se tes isto en conta, non te poñerás coma unha hidra cada vez que algo non saia como esperabas. O que en principio parece terrible, se o miras con obxetividade, deixará de ser tan malo.
7. Sentido do humor
O sentido do humor é a capacidade de encontrarlle algo divertido a calquera situación. Ridiculiza as situacións serias, relativiza os teus problemas cun chisco de humor. Non esquezas que a ledicia é unha emoción contraposta á ira. Máis patas de galo creadas por risas, que arrugas de ceños fruncidos por enfados!
Consulta ao teu psicólogo
Se xa aplicaches estes consellos e o teu nivel de ira segue moi elevado, estoupas con moita facilidade e non consegues controlarte… Entón é o momento de acudir ao psicólogo, faino canto antes!
Psicóloga Lugo
Janet Díaz Portela