En numerosas ocasións atópome con que algún paciente me di que se sinte como un bicho raro. Que leva sufrindo moito tempo, pero que a vergoña ou o medo lle impedía pedir axuda. Duro, verdade?
Vou a dar algunha pincelada sobre algúns dos problemas psicolóxicos que máis se ven en consulta. Se te sintes identificado/a, non esperes máis para solicitar axuda.
Depresión
Invádete unha profunda tristeza. Non atopas motivación para erguerte da cama, de feito, xa te despertas derrotado/a. Nada che fai ilusión; nin sequera co que antes te divertías, como pasar tempo cos teus seres queridos, che produce satisfacción. Se ves unha película un chisco triste, convérteste nun mar de bágoas. A veces sintes que non tes forzas para seguir adiante, nin sequera tes ganas de vivir, poida que incluso se che pasara pola cabeza a idea do suicidio… Pero non es un bicho raro, pásalle a máis xente.
Ansiedade
Vives nun estado de ansiedade e preocupación constantes. Sintes unha profunda presión no peito, como si non poideras respirar. Poida que tiveras algún ataque de pánico… Ao mellor non te atreves a sair á rúa, poida que che dea medo entrar nun ascensor, ao mellor non te atreves a falar con descoñecidos; hai tantas situacións que che xeneran nerviosismo… Isto pásalle a máis xente, non es un bicho raro.
Trastornos alimenticios
Míraste ao espello e sempre te ves gordo/a. Por moita dieta que fagas, ainda que practiques xaxún, inda que vomites o que comes, sempre te ves gorda/o. Non fas máis que verte coma un monstro. Sintes que calquera cousa que inxires se acumula no teu corpo e te engorda. Veste deformado/a (ainda que esteas nos ósos). Lembra, non es un bicho raro, isto pásalle a máis xente.
Obsesións
Quizais aparezan na túa mente pensamentos repetitivos e perturbadores. Son pensamentos cos que non te identificas, que che molestan, que non están acorde cos teus valores. Non queres ter eses pensamentos, pero, curiosamente, non logras desfacerte deles. Están na túa cabeza dando voltas unha e outra vez. Podes obsesionarte co medo aos xérmenes, con que non queres a túa parella ou con que algo malo vai a suceder, entre outras moitas temáticas. Probablemente son pensamentos que non te atreves a confesar a ninguén porque che dá vergoña dicilos en alto ou pedir axuda… Créeme, non es un bicho raro.
Compulsións
Poida que sintas o impulso de ter que lavar as mans contínuamente porque temes que estean contaminadas. Ou que teñas que comprobar unha e outra vez a porta da rúa, a chave do gas, as luces… Ou facer unha calquera outro ritual confuso e extraño, que non entendes, pero que non podes evitar facer. Seguramente tampouco o contas porque cres que ninguén te vai a entender. Pero estás enganado/a, pásalle a máis xente.
Despersonalización
Quizais leves unha tempada vivindo como se a vida fose unha película allea a ti, como se só foras un espectador. Ou incluso non te acabas de recoñecer ao mirarte ao espello. Sensacións difíciles, complicadas, que che fan pensar que estás volvéndote tolo/a. Poida que leves moito tempo sentíndote así e que non te atrevas a contársello a ninguén. Dígoche o mesmo, non es un bicho raro, non teñas medo a pedir axuda.
Alucinacións
Igual escoitas voces na túa cabeza, como se alguén che falara, comentara o que fas ou te insultara. Sei que estás asustado/a. Seguramente sintes medo, non entendes que acontece contigo, coa túa mente. Isto pásalle a máis xente, non te sintas como un bicho raro.
Trastorno límite da personalidade
Tal vez sintes un vacío existencial que tratas de encher alimentándote de forma compulsiva, bebendo alcohol en exceso, consumindo drogas, mantendo relacións sexuais con persoas que nin sequera che gustan, ou facendo actividades de risco. Soamente para sentirte un pouquiño vivo/a, porque non acabas de encher ese vacío que notas ahí dentro e che fai sufir. No fondo, ningunha destas actividades te reconfortan. Sínteste mal, e incluso te fas dano a ti mesmo/a, cortándote, queirmándote, facéndote feridas para sentir esa dor que momentáneamente parece aliviarte. Ante todo non te sintas un bicho raro, hai máis xente na mesma situación ca ti.
Dependencia emocional
Acabas unha e outra vez enredado/a en relacións de parella tóxicas. Distintas parellas, mesmo patrón. Parece que estás nun bucle e non consegues saír dese círculo vicioso. Non es un bicho raro, recórdao.
Lembra
Non te avergoñes do teu sufrimento, das túas emocións, dos teus comportamentos, dos teus pensamentos… Si o estás pasando mal, pide axuda. Non es un bicho raro.
Psicóloga Lugo
Janet Díaz