A envexa é un sentimento moi humano, pero hai humanos que envexan demasiado. Trátase dunha emoción que ten que ver co desexo que xorde cando vemos algo que queremos que non posuimos. Éntranos polos ollos, vemos ese coche fantástico, esa persoa excepcional, e ao decatarnos de que nós o non temos ou non o somos, empezamos a experimentar un anhelo dañino. A peor envexa non é a que ten que ver con obxetos, “quero ter unha casa coma a do veciño”, e moitísimo peor a envexa existencial “quero ser como Martiño”.
Algúns cren que a envexa e os celos son o mesmo. Non é así, ainda que estas emocións vaian da man, se mesturen e se aviven mútuamente, son cousas distintas. Os celos emerxen de algo ou alguén que consideras teu (como a túa parella). A envexa, en cambio, non nace do que ti tes, senon do que o outro ten e ti non.
Características das persoas envexosas
- Comparación constante
As persoas envexosas están constantemente comparándose cos demáis. É habitual que se sintan ofendid@s por persoas que nin sequera coñezan, xa sexa polo seu aspecto físico, pola forma de vestir, pola intelixencia, pola forma que teñan de comportarse ou polo seu traballo, entre outras moitas características.
“Se eu tivera os seus estudios daríalle mil voltas”, “fíxate, crese mellor ca min porque se vai de vacacións”.
Os envexosos comparan as súas vidas coas dos outros incesantemente. Calquera aspecto desexable dunha persoa (apariencia, personalidade, educación…) interprétano como unha ameaza porque lles fai sentirse inferiores. Non coñecen a admiración, só a envexa.
- Burlas
Son persoas que tenden a desacreditar a calquera persoa por calquera motivo, o cal non ten porque ser malo necesariamente, pero que elas sentenciarán coma un aspecto reprochable.
Critican por cousas como: “non ten traballo”, “non ten parella”, “está sempre divetíndose”, “liga moito”.
Estas situacións non son adversas, pero a persoa envexosa empregaráas para lanzar o dardo envelenado co fin de burlarse do outro, co afán de menospreciar.
- Quítanlle o mérito aos demáis
Quítanlle aos outros a importancia dos seus logros. Para eles os demáis conseguiron o que teñen gracias á sorte ou porque alguén lles axudou. Nunca é o resultado do esforzo persoal.
“A ese tiveron que regalarlle o aprobado”, “sempre o demo ten sorte”, “nos últimos tempos vaille moi ben no traballo…ten que estar metido nalgún asusto turbio!”
Fan o posible para evitar que ninguén destaque, e se teñen que inventar ou contar medias verdades para desacreditar os logros de outras persoas, farano.
- Desalientan
Intentan convencer á xente de que non fagan determinadas cousas. Pretenderán disuadirte para que non avances con excusas varias, para que? Para evitar que poidas destacar máis ca eles.
“Iso non é para ti”, ”non perdas o tempo con iso”, ”para que o vas a facer? Se ao final non che vai a valer de nada”.
Venderancho como unha recomendación, pero moito ollo, non buscan o teu ben, só o deles.
- Oféndense por todo
Ao envexosos hai que tratalos con pinzas para non ferilos, eles poden esparcir m**** a diestro e siniestro, pero que non te tente o demo de decirlles algo. Calquera crítica, por moi constructiva que sexa, vana a tomar como un ataque persoal.
“É o que me faltaba, que precisamente ti me dixeras isto”, “pero que dis? Que me estás vacilando?!!”, “non tes ningún dereito a falarme así”.
- Aprovéitanse e desprecian ás persoas “populares”
Se ti te gañas certa reputación, podes estar segur@ de as persoas envexosas van a atacar inmediatamente. A estratexia que empregarán será que eles xa te coñecían antes de que acadaras o teu logro, soltarán rumores mal intencionados sobre ti, botaranche en cara cousas que se supón que fixeron por ti (como se fosen altruistas), e todo para que? Para facerche dano.
“Despois de todo o que eu fixen por ti”, “esa xa sei eu como conseguiu o éxito…”, “tíñalo que coñecer fai uns anos, daba vergoña!”.
Resumindo
As persoas envexosas son parásitos que tratarán de devorar a túa ledicia. Por moito que che digan o contrario, a elas non lles interesa que a ti che vaia mellor, senon que che vaia peor.
Aléxate dos envexosos!
Janet Díaz Portela
Psicóloga social e sanitaria
Col. G-5097