Da igual que leves meses ou décadas coa túa parella, as relacións amorosas hai que coidalas e sempre hai algo que se pode facer para melloralas. Neste artigo fago un repaso dos xestos cotiás que non se deben pasar por alto para ter unha relación de parella sana.
1. Bicádevos
É habitual que co paso do tempo as relacións se arrefríen, pero esa frialdade pode fastidialo todo. Non deixedes de saudarvos e despedirvos agarimósamente. Achuchádevos ao chegar a casa, ao despertar, cando saiades, un bico de boas noites… Bicádevos máis e máis, os bicos nunca sobran e son un bo hábito que favorecen a cercanía emocional. Así que tomádevos un minuto (ou un cento deles) para demostralle a vosa parella o moito que vos importa cun bo bico.
2. Saíde máis da casa
Está ben que vos acurruquedes no sofá a ver unha peli ou uns capítulos da vosa serie favorita como se non existise un mañá. Pero se deixades que iso se converta no pan de cada día do voso tempo libre… Aló vai a frescura do voso amor. A rutina, a monotonía e o aburrimento, son uns dos peores enimigos das relacións de parella.
Saide a tomar algo, paseade pola muralla, sentádevos nun banco a ver o atardecer, botádelle imaxinación! Non fai falla unha gran inversión de tempo ou de diñeiro para sair da casa.
3. Falade máis
Cultivade a conversa asertiva, expresade sentimentos e emocións dunha forma respetuosa. Tede conversas profundas ou ridículamente superficiais, coa liberdade de falar de calquera tema, incluso daqueles que non adoitedes a tocar.
Tendemos a pensar que coñecemos mellor a nosa parella do que realmente o facemos, así que non asumades que o sabedes todo do/a voso/a compañeiro/a. Facede preguntas e prestade atención ás respostas. A comunicación é fundamental para que as relacións funcionen.
4. Intimade máis
Moitas parellas, conforme pasa o tempo, perden o interese sexual e os encontros sexuais acaban converténdose en algo esporádico e non moi satisfactorio. E isto, queridos/as meus/ miñas, acostuma a ser a antesala de que a lapa da paixón se apague.
Fomentade momentos de intimidade, preparade citas románticas ou con xogos picantes. O sexo é importante nas relacións amorosas, así que préstadelle a atención que se merece.
5. Pasade tempo sen a vosa parella
Unha parella non funciona se cada membro non pasa tempo sen o/a outro/a. Si, é importante invertir tempo co/coa namorado/a para mellorar a relación. Pero tamén é importante adicar tempo a cada un de vós por separado.
É necesario que teñades tempo libre de calidade fóra da vosas relacións amorosas, que cada membro teña un espazo e un tempo individual. Ter parella non implica facelo todo xuntos/as, nin estar sempre xuntos como se fósedes un pack indivisible de iogures. Nunca renunciedes a vosa parte individual, porque estaredes renunciando a vosa felicidade.
6. Sede máis espontáneos
Hai que engadirlle un chisco de emoción ás relacións. Hai infinidade de opcións para saír da rutina: sorpréndeo/a con flores, cun modeliño sexy, unha nota, un almorzo na cama, unha escapadiña romántica, unha chamada inesperada… Imaxinación ao poder!
Poñédevos mans a obra
Tomade nota destes consellos para manter unha relación sana e satisfactoria, porque iso só depende de vós 😉
Psicóloga Lugo
Janet Díaz