Lugo conta con bastantes psicólogos, e escoller a cal acudir pode ser unha tarefa peliaguda. No artigo de hoxe douche unhas claves para elexir ao psicólogo adecuado.
Como dar con un bo psicólogo en Lugo:
1. Busca un psicólogo colexiado
O número de colexiado é unha garantía de que esa persoa cumple cos requisitos necesarios para exercer. Averigualo é bastante sinxelo: consulta a páxina web do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia. Ahí poderás verificar si ese profesional no que estás pensando aparece no directorio ou non.
2. Acude a un centro con rexistro sanitario
Se buscas un psicólogo sanitario non o busques nun centro que non estea rexistrado como tal. Só os profesionais especializados poden exercer en establecementos con licencia sanitaria.
Deste xeito asegúraste de que místicos, chamáns e demáis charlatáns se fagan pasar por profesionais sanitarios vendendo saúde. Amiguiños, o intrusismo está á orde do día. Non digo que non te poidas beneficiar das súas predicacións, pero si che digo que non hai ningún estudio científico que avale a fiabilidade e eficacia das pseudociencias.
Se tes depresión, ansiedade, ou calquera trastorno psicolóxico, os profesionais que realmente che poden axudar son os psicólogos ou os psiquiatras.
3. Busca un psicólogo recomendado
Se coñeces a alguén que fora a terapia e estea satisfeito co seu psicólogo, xa tes unha boa referencia. Pero tómao só como unha recomendación. Non esquezas que cada persoa é única e que o que che vai ben a ti non ten porque funcionarme a min.
En internet tamén poderás atopar opinións que che axudarán a decidirte por un psicólogo ou outro aquí en Lugo.
4. Le as súas publicación
Deste xeito terás unha idea do seu estilo, de como trata os temas, da súa orientación profesional, dos coñecementos que posúe… En resumidas contas, que si encaixa ou non contigo.
5. Desconfía de solucións milagrosas
Se levas cargando ás túas costas cun problema dende fai anos, que che prometan solucións nun par de semanas debería facer que se che acendesen tódalas alarmas. Os cambios requiren de tempo (ademáis de esforzo).
Lembra
Se sintes que tes problemas aos que non lles atopas solucións, se non te encontras ben contigo mesmo e necesitas axuda dun especialista, non dubides en acudir a un psicólogo.
O débil non é o que pide axuda, senon o que se conforma co seu malestar e non se atreve a dar o paso para intentar mellorar.
Janet Díaz Portela
Psicóloga en Lugo