Complexos e máis complexos! Michelíns, celulitis, estrías, cicatrices, manchas, corpo pouco musculoso, kilos de máis, kilos de menos, pel branca, granos, peito grande, peito pequeno, pecas, pelo, marcas de moreno working class (que diría Carmen Lomana)…
Todos/as temos algunha parte do noso corpo que non nos gusta ou que nos gustaría mellorar, pero cando estes aspectos se converten en pensamentos obsesivos, aí é cando aparecen os complexos.
Os complexos físicos fan que te sintas inseguro/a, e en vez de ir á praia ou á piscina prefiras quedarte na casa. Por que? Polo medo a mostrar o teu corpo, polo medo ao que dirán de ti.
Consellos para superar os complexos físicos
No verán, ao ir máis lixeiro/a de roupa e expoñer máis o teu corpo, os complexos provocan maiores limitacións no teu día a día. Por iso, hoxe veño cuns conselliños que che axudarán a darlles menos importancia a eses complexos e así disfrutar da estación estival como mereces.
1. Faite a seguinte pregunta: se este fose o derradeiro verán da túa vida, que farías?
Quedaríaste na casa acomplexado/a ou irías á praia ou á piscina a disfrutar do sol e a refrescarte na auga? Que te viran en bañador ou bikini non che importaría tanto se souberas que non tes outro verán para disfrutar… Vive máis aló do teu corpo, ter michelíns non debería impedirche disfrutar dun día de sol.
2. Non lle deas tanta importancia á opinión dos demáis
Vale, ter celulitis para ti pode ser algo importante. Pero para o resto da humanidade, non. Cres que realmente o resto dos bañistas se van a fixar? E se así fora, iso vaiche quitar o sono? A eles/elas vailles a cambiar a vida se che ven o pandeiro? Quedaranse durante horas, meses, séculos falando das túas posadeiras? Claro que non.
3. Non magnifiques o que non che gusta de ti
Non empregues esa lupa que fai que vexas unha cicatriz como unha anomalía case monstruosa. Debes saber que ao mesmo tempo que focalizas a atención naquilo que non che gusta e o esaxeras, estás tamén sepultando os teus aspectos máis “agradables”.
4. Non te compares
Compararse é unha mala idea sempre. E se encima o fas con supermodelos que enchen as portadas das revistas ou con fotos de instagram que están retocadas con algún que outro filtro, peor. Obviamente, sempre haberá persoas máis guapas, máis altas, máis morenas, máis novas, máis delgadas, etc. Etc. Etc. Non deixes que ideais inalcanzables te atrapen, non é ouro todo o que reluce!
5. Aplícate a ti mesmo/a os consellos que lles das a outras persoas
Se alguén a quen aprecias che dixera que prefire quedarse enclaustrado/a na casa antes de que o vexan en traxe de baño. Que lle dirías? Consellos vendo, pero para min non teño, eh! Sé máis amable contigo mesmo/a, trátate con máis cariño, faime o favor!
6. Sae da queixa e pasa á acción
Cres que hai aspectos do teu corpo que, obxetivamente, podes mellorar?
- Si respostas que non… Por que non te aceptas tal e como es?
- Si a túa resposta é que si… Que podes facer para mellorar? Por que non o estás facendo?
7. Descubre que cousas che gustan de ti
Non te centres no teu complexo, se abres a mirada comprobarás que tes moreas de atributos físicos positivos. Se focalizas a túa atención nos teus defectos, non poderás ver os teus encantos. Explora, préstalles a importancia que se merecen e sorprenderaste!
Lembra
Se ninguna persoa é físicamente perfecta, por que te martirizas por non selo ti? O teu aspecto físico non é a túa característica máis importante, así que dalle o valor que lle corresponde, nin máis nin menos.
Non esquezas que a beleza é unha actitude.
Psicóloga Lugo
Janet Díaz