As excusas baratas acábanse pagando caras…. Medo!

o medo ao fracaso

Érase unha vez un raposo esfameado que buscaba polo monte algo que levar á boca. De repente, viu unha árbore chea de froitos maduros… “Mmmm, que boa pinta teñen, que decilicia!”.

Achegouse á árbore e comezou a trepar, subiu a primeira parte con éxito, pero ao chegar á metade do tronco asustóuse, mirou para abaixo e pensou “ainda vou caer” (debía de ser un raposo de Lugo). Entroulle o medo… Miraba hacia arriba, hacia os froitos, e miraba hacia abaixo, hacia o suelo. Miraba hacia arriba, hacia os froitos, e miraba hacia abaixo, hacia o suelo.

Decidiu baixarse.

O raposo deitóuse nun prado ao lado da árbore e pensou: “bah, nin tiña tanta fame, nin os froitos parecían tan deliciosos”.

 

Trampa psicolóxica

Tanto ti coma eu sabemos que o raposo se deitou vencido, e que moitas veces nós somos como o raposo. Sabemos o que queremos, vémolo, ulímolo, incluso podemos saborealo na nosa imaxinación. Pero danos medo o que temos que arriscar para chegar a alcanzalo.

O problema non é o medo. O problema é decirnos a nós mesmos que non temos fame ou que os froitos non teñen tan boa pinta. Aquí está a trampa.

Como superar o medo

O primeiro paso para superar o medo é poñer as cartas boca arriba. Decirte a ti mesmo/a o que sintes, como estás e o que desexas. E por suposto, non avergoñarte por non conseguilo.

O que debes evitar é inventarte escusas e autoxustificacións para quedarte máis tranquilo/a por non estar conseguindo o teu obxetivo. Decirte cousas como “bueno, tampouco estou tan mal”, ou “eso tampouco me importa tanto”, ou “non me apetece tanto conseguilo” son disculpas que podes acabar crendo. E ahí amigo/a, está a verdadeira traxedia.

Sexamos honestos/as, poñámonos metas con confianza e non nos inventemos con escusas rancias para non loitar polos nosos obxectivos.

Aquí é onde comeza a valentía, sendo sincero/a contigo mesmo/a. Sincerándote co que desexas, con coraxe. Ollo, o coraxe non é actuar sen medo, senon actuar a pesar de sentilo.

 

 

Janet Díaz

Psicóloga en Lugo



3 pensamentos sobre “As excusas baratas acábanse pagando caras…. Medo!”

  1. Cantas veces o largo do tempo nos ocurren estas historias e é curiosiisismo como sempre acabamos por pensar “ba,non pasa nada,maña será outro dia”.
    Encantoume este artigo!!!gracias por compartilo con todos nós!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484