Hoxe vou a falarvos da técnica da relaxación muscular progresiva, un método que nos axuda a tranquilizarnos e a reducir o nerviosismo. Trátase dunha ferramenta útil para calquera persoa que queira sentirse mellor, pero é especialmente axeitada para aquelas que teñen problemas para durmir, de estrés ou de ansiedade.
A relaxación muscular progresiva é unha das técnicas máis empregadas pol@s psicólog@s para reducir a tensión física e mental. Baseáse na relación que existe entre músculos, pensamentos e emocións. Consiste en aprender a detectar a tensión nos músculos e despois eliminala, focalizando a atención nunha serie de grupos musculares para ir aliviando deste xeito as tensións, posibilitanddo acadar un estado de repouso e de calma mental.
Vivimos moi estresados
Lugo é unha provincia bastante tranquila, temos moito verde (montes, chairas, vales) e moita auga (ríos, regatos, mar, fontes, lagoas, fervenzas). Debería ser fácil relaxarnos neste entorno privilexiado. Pero, conséguelo?
Preocupacións, obligacións, traballo, familia, esixencias sociais… O frenético ritmo da vida actual fai que andemos acelerados, e isto provoca que moitas persoas nos sintamos cansadas e estresadas a maior parte do tempo. Pero tranquil@s, ainda que haxa milleiros de situacións que nos poñen tens@s, tamén existen ferramentas para axudarnos a sobrelevalas.
Non me estou refirindo á solución fácil da “pastillica” (na miña cabeza soa coa voz de Joaquín Reyes). Ai doutor, estoulle moi estresada: pastillica; doutora, últimamente encóntrome moi nervioso: pastillica. Oiu doutor, faille uns días que non lle durmo nada ben: pastillica. Sinxelo, ti feliz mentres as tomas, e as farmacéuticas ainda máis.
Hai veces que os psicofármacos son necesarios, pero en moitísimos casos son totalemente prescindibles. Estes fármacos enmascaran os síntomas e poden facernos crer que solucionan os nosos problemas, pero non os traballan de raíz. Se consegues deixalos (son altamente adictivos) atoparaste de bruces co problema de novo, por non falar dos efectos secundarios que provocan. Sabías que España lidera en Europa o consumo de fármacos como Orfidal, Valium e Lexatin? Vaia honra… Imos acabar co cerebro frito.
Se te sintes superad@ polas esixencias do día a día, primeiro intenta xestionalo cos teus propios recursos, non dependas dunha menciña. Si, si, si, queremos solucións rápidas e efectivas pero, como ben saberás, as cousas rápidas non soen selo (polo menos a largo prazo) e o que é efectivo non adoita a ser rápido.
Proba coa relaxación
A relaxación é un estado de repouso físico e mental. Os músculos están distendidos e a mente libre de preocupacións. Cando te relaxas síntente descansad@, tanto a nivel corporal como a nivel mental.
E a mellor noticia de todas: non é necesario que invirtas en spas, nin en retiros espirituais, nin que lles axudes as grandes empresas farmacéuticas a continuar enriquecéndose para sentirte aliviad@. Sigue lendo e cóntoche como conseguilo.
Aprende a técnica da relaxación progresiva
Os exercicios de relaxación son sinxelos de aprender e unha vez que os coñezas, son un recurso que terás a túa disposición toda a vida, e sen efectos secundarios malignos!
En poucas sesións podes aprender a relaxarte, eso si, deberás practicar na casa para obter uns bos resultados. Como? Organizo obradoiros grupais onde ensino e se practican técnicas de relaxación, ou se o prefires, podes solicitarme sesións individuais máis personalizadas.
O próximo sábado imparto unha sesión grupal, ainda estás a tempo de anotarte. Prazas esgotadas.
Se estás interesad@ pero cando leas esto pasou o día e pasou a romaría, faimo saber, sempre podo organizar máis obradoiros deste tipo no futuro.
Do mesmo xeito, se tes unha empresa ou participas nalgunha asociación, pídeme información e diseñarei unha proposta que se axuste ás necesidades da túa organización (sen ningún tipo de compromiso).
Reláxate e sé feliz.
Janet Díaz Portela
Psicóloga social e sanitaria
Col. G-5097