A miña área de traballo é a saúde mental. Incrementar o benestar das persoas é unha das principais metas a alcanzar como psicóloga.
Ademáis de adicarme á práctica desta profesión por conta propia, exercín como psicóloga en distintos Centros de Día. Tamén desenvolvín e impartín obradoiros de estimulación cognitiva, xestión da ansiedade, control de estrés, risoterapia, prevención de drogodependencias e técnicas de estudo.
Motivos de consulta ao psicólogo en Lugo
As razóns máis habituais para acudir a un psicólogo relaciónanse con situacións de infelicidade e malestar emocional.
Abordar problemas como sentirse mal e non saber por que, sentirse insatisfeito/a coa vida, ter un estado de ánimo baixo a maior parte do tempo, preocuparse excesivamente, atoparse a disgusto coa propia imaxe, ter dúbidas sobre como orientar a vida, ter dificultades nas relacións interpersoais ou os desenganos amorosos, son asuntos habituais na miña consulta.
Método de traballo
En Psicoloxía exiten diversos métodos de traballo de intervención, os cales se basean nuns modelos de tratamento científicamente contrastados. En función das características persoais e da problemática a abordar, selecciono e emprego as técnicas máis convintes en cada caso. Cada persoa é única e por iso merece unha atención personalizada.
Modalidades de terapia
A terapia pode ser individual, de parella ou familiar.
Duración da terapia e das sesións
En Psicoloxía non existe unha duración estándar da terapia. A súa duración dependerá de moitos factores que comprenden dende o obxectivo a acadar, ata a actitude do paciente.
A frecuencias das primeiras sesións acostuma a ser semanal, espaciándose a medida que avanza a terapia, ainda que sempre se adaptará ás necesidades e preferencias dos usuarios.
A terapia
A terapia comeza coa recollida de información, formulándoche preguntas a través de entrevistas ou outros instrumentos de avaliación, para logo analizar as características do teu problema. Axudareiche a identificar aquelo que che preocupa e dificulta o teu benestar, para lograr así unha comprensión global da túa situación e adaptar a intervención as túas necesidades.
Despois explicareiche que cambios deberás facer para mellorar o teu problema, empregando as técnicas psicolóxicas oportunas e traballando as habilidades necesarias para poder afrontalo. Ademáis, vouche propoñer tarefas prácticas que che axudarán a modificar a túa situación, ou a percepción que teñas dela, tendo en conta sempre as túas preferencias e necesidades.
Tamén aconsello sesións de seguimento a medio prazo para asegurarnos de que os cambios se manteñen e para previr novos problemas.
O éxito da terapia depende do esforzo que ti invirtas. Non chega con estar motivad@ para cambiar, debes involucrarte activamente no proceso. Se te fas responsable do cambio obterás mellores resultados e de forma máis rápida.