O tamaño importa?

A moitos homes preocúpavos o tamaño do voso pene, a pesar de que o que tedes é máis que sufieciente para dar e experimentar pracer. A crenza popular reza que: canto máis grande, mellor. Será certo?

Datos obxetivos

  • En España o tamaño medio dun pene erecto é duns 13 centímetros e medio.
  • O falo que non chega aos 7 centímetros en erección, denomínase micropene.
  • Un pene pequeno en estado erecto mide entre os 7 e os 12 centímetros.
  • Un pene grande é o que mide máis de 17 centímetros.
  • E bautízase como macropene si supera os 20 centímetros.

Os micro e macropenes, ben sexa polo pequeno ou polo gran tamaño, poden presentar algunha dificultade á hora do coito (ainda que non teñen porque). Pero os falos que oscilan entre estas dúas medidas, físicamente poden proporcionar un pracer similar.  

Importa ou non importa o tamaño?

Si, pero non. Resposta galega onde as haxa, oigan! Á hora de ter relacións sexuais puramente físicas, o tamaño carece de relevancia. Certo é que hai persoas ás que un pene grande lles resulta máis apetecible ca un máis pequeno, para gustos cores. Do mesmo xeito, hai xente reacia aos membros viriles grandes. Son, simplemente, os gustos de cada quen, e sobre o morbo non hai nada escrito. Se a ti che gustan os rabos grandes, magnífico. Se os prefires pequenos, perfecto tamén.  

A maior tamaño, maior pracer no coito?

Non. O  anhelo de ter un pene ben grande é unha obsesión que non ten ningún fundamento funcional, tan só se trata dun factor estético.

Penetración vaxinal

  • A vaxina é un órgano flexible que se expande e contrae en función do tamaño do pene. Está formada por músculos elásticos que se adaptan, así que mida o che que mida o pene, a vaxina axústase a el.
  • No primeiro tercio da vaxina (primeiros 4 – 5 centímetros) é onde se atopan a maioría das terminacións nerviosas, disminuindo a sensibilidade no segundo e terceiro tercio. Polo cal un pene pequeño pode chegar fácilmente ao primeiro tercio da vaxina e proporcionar satisfacción.

Penetración anal

O texido anal é moi sensible e un falo grande pode xenerar máis dolor que pracer. Se o membro é moi grande, por moito lubricante que se empregue, produce molestias. Neste caso, menos é máis.  

A sexualidade non é xenitalidade

Como vimos, a influencia do tamaño dos xenitais no pracer sexual non ten moita cabida. Pero o que si que inflúen son os complexos. Se vas pola vida pensando que o teu pene é ridículo, queiras ou non isto acabará repercutindo na túa vida sexual. Se estás acomplexado polo tamaño do teu falo, vivirás o sexo con angustia e ansiedade, baixará a túa autoestima e perderás a confianza en ti mesmo. E estes medos e preocupacións si que poden xerar disfuncións sexuais como poden ser os problemas de erección ou os problemas na exaculación.  

Lembra

A maxia faina o mago, non a varita. Deixa de preocuparte polo tamaño da túa pirola (faime moita gracia esta palabra ;)) e préstalle máis atención á forma de usala.

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Bibliografía

https://www.medicina21.com/enfermedades/ver2/2395?page=2&per-page=6

A masturbación é boa ou mala? | Psicólogo Lugo

Históricamente a masturbación foi unha práctica sexual mal vista. Moitas culturas e relixións asociárona a algo pecaminoso e, incluso, nocivo para a saúde. “Non te masturbes que te vas quedar cego/a”, “vanche sair granos”, “quedaraste estéril”, “irás ao inferno”, etc. Pa-pa-rru-chas (encántame esta palabra), todas estas crenzas non teñen ningunha base científica. O que si se demostrou é que a masturbación non é prexudicial para a saúde, senón máis ben todo o contrario.

 

Beneficios da masturbación

1. Pracer ao alcance da man

Coa masturbación experimentamos sensacións pracenteiras. Co orgasmo libérase un torrente de endorfinas, dopamina e oxitocina, substancias que nos poñen de bo humor e nos fan sentirnos ben.  Necesitamos algunha razón máis para masturbarnos?

2. Favorece o autocoñecemento

Coñecer o noso corpo e o seu funcionamento é algo básico, e cando digo corpo refírome a todo o corpo, incluindo os xenitais.  A autoestimulación axúdanos a explorar a nosa sexualidade, permítenos averiguar que é o que nos excita, cales son os nosos ritmos, onde nos gustan máis as caricias…

3. Enriquece as relacións de parella

Se nos masturbamos, coñeceremos a perfección o noso mapa erótico. Isto permitirá que poidamos explicarlle ou ensinarlle a nosa parella (ou ao/á amante bandido/a) que é o que nos gusta.

Cada persoa é única, que ti te debezas polas mazás non implica que a min me agraden. Pero con demasiada frecuencia tendemos a dar por sentado que o/a noso/a compañeiro/a sexual vai a saber perfectamente cales son os nosos desexos. E é que por moi boas artes amatorias que se posúan, é imposible coñecer cales son as preferencias do/a compañeiro/a de cama a non ser que se digan, e para comunicarlas primeiro temos que ter claro nós mesmos/as cales son.

 

Se teño parella, teño que deixar de masturbarme?

Non.

Hai unha crenza errónea que consiste en pensar que a masturbación se practica só en etapas de soltería ou cando non se comparte a sexualidade con ninguén. Pero o certo é que a masturbación non é incompatible con ter parella.

Hai persoas que pensan que se a súas parellas se masturban é porque non están satisfeitos/as sexualmente, pero isto non é así. Unha persoa pode desexar e practicar a masturbación en solitario e o sexo en parella, non son aspectos excluintes.

Tamén hai quen cre que se a súa parella se masturba, terá menos ganas de practicar sexo con el/ela. Pero acostuma a acontecer o contrario. Quen mantén a masturbación individual, enriquece a súa vida sexual e a acción chama á acción, o que repercute no aumento das ganas de ter máis encontros sexuais. A excitación orixínase no cerebro e canto máis pracer nos deamos, máis desexo teremos, porque pensaremos máis no sexo. Pola contra, cando levamos un tempo sen estimular os xenitais, pensamos menos no sexo, o que conleva a un menor desexo.

 

Para rematar

A masturbación é unha práctica normal, agradable e boa para a saúde. Non ten nada de malo, sempre e cando se faga con moderación e, por suposto, na intimidade.

Non escribo este artigo co afán de obrigar a ninguén a masturbarse, pero si que o recomendo moito. Se naturalizamos a masturbación e a vivimos con toda naturalidade, disfrutaremos máis da nosa sexualidade e sentirémonos mellor. Mans á obra!

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

 

Bibliografía

https://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/05/160511_salud_masturbacion_beneficios_il

7 consellos para gozar dunha sexualidade sa – Psicóloga Lugo

A sexualidade é moi particular, tanto a nivel individual como de parella. Por iso, dar consellos sobre accións concretas, como chúpalle o nariz ao teu namorado, mételle o dedo ata o fondo da orella a túa moza, etc. non serven para tódalas parellas. Cada persoa é única e ten unhas preferencias, gustos, desexos, que non ten por que compartir con absolutamente toooodo o mundo. O que o/a veciño/a lle fai a súa muller/home pode resultarlle moi satisfactorio, pero pode non servir en absoluto para outra parella.

 

1. Falade sobre sexo

Falar de temas sexuais moitas veces dá máis reparo que manter relacións sexuais. Somos humanos, diferenciamonos do resto dos animais, entre outras moitas variables, en que ademáis de fornicar podemos falar sobre a cópula. Humaniza a túa sexualidade.

 

2. Non des por suposto que o que che gusta a ti é o mesmo que lle gusta a túa parella

A ti igual che gusta moitísimo que che metan unha deda no embigo, pero iso no quere decir que a persoa coa que te deitas tamén lle agrade (pode incluso que o deteste). Non des por sentado que coñeces os gustos do/a teu/túa amante, averigua o que desexa (e de paso comunícalle o que che agrada a ti).

 

3. Non repitades sempre a mesma escena

Poida que nalgún momento falases de sexo coa túa parella… E ti quedácheste coa copla “gústalle que me derrame nas súas costas”, ay amigo/a! Pero non vaias a facer sempre o mesmo, os gustos cambian e a monotonía aburre ata as musarañas.

De vez en cando hai que revisar esas conversas, resetear e reinventar a sexualidade para non aburrirse. Dende aquí dígoche que a rutina é un dos maiores enimigos do pracer. Por moito que che guste comer pizza con pepperoni, se só te alimentas diso é moi probable que a acabes estoxando…

 

4. Non empregues a sexualidade para fins distintos ao pracer

Non fagas o amor para someter ao outro/a, para castigala/o, para premialo/a, para convencela/o, para…, para…, PARA! Stop! Se instrumentalizas o sexo auguroche un futuro carnal negro, moi negro.

 

5. Ollo coa maternidade/paternidade

Cando se queren ter fillos a sexualidade cambia. Dátanse os encontros, calcúlanse as ovulacións… Faise todo dun xeito moi cuadriculado, e esta rixidez mata ao pracer.

Ocorre o mesmo que no punto anterior, cando o sexo ten un único fin moi concreto, neste caso ter fillos/as, malo. Desexar quedarse embarazados pode ser unha finalidade extraordinaria de facer o amor, pero non debe de ser a exclusiva. Non te esquezas nunca de gozar.

 

6. Non finxas

Orgasmos simulados, problemas asegurados. Se estás inmerso/a na dinámica de finxir e non sabes sair dela, tes tres opcións:

  • Continuar así ata o fin dos teus días.
  • Decirlle a túa parella que queres mellorar as vosas relacións sexuais.
  • Consultar a un psicólogo.

Ti elixes.

 

7. Non practiques sexo sen ganas

Se estás inapetente, non forniques. Rexeita ese encontro sen sentirte culpable, o sexo non é unha obriga conxugal e non vas arder nos infernos por negarte a ter relacións carnais. O sexo por inercia, sen desexo, acaba tendo consecuencias fatídicas.

 

Lembra

Ser un/unha pésimo/a informador/a dos teus desexos e gustos eróticos, impide que disfrutes do sexo. Non esquezas que a comunicación é un dos factores máis decisivos para ter unha boa saúde sexual. Libérate de prexuizos e tabúes, gozarás moito máis!

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

 

 

 

Sexo e parella, por que diminúe a paixón?

O 50% dos matrimonios padecen dificultades no plano sexual, e así o confirman investigacións científicas. Ao principio do noviazgo a paixón atópase no seu cume e as ganas de ter sexo están a orde do día, pero co paso do tempo esa lapa vaise consumindo e se non se coida pode acabar apagándose.

A raíz do problema

A día de hoxe, o sexo ainda segue a ser un tema escabroso para moitas persoas, e non é inusual que a moitas parellas lles coste falar deste tema con naturalidade. Pero, por que?

1. Insuficiente educación sexual

A maioría dos mortais, sobretodo os que peiteamos canas, iniciámonos no terreo sexual sen saber moi ben como facelo, titubeando e cheos de dúbidas. Os coñecementos sobre o sexo veñen da man de:

  • Batalliñas varias contadas pol@s nos@s amig@s adolescentes (probablemente igual de desinformados ca nós), que se resumen en: fulanit@ díxome que futanit@ lle contara que fixera esto ou aqueloutro.
  • O que poidemos ler en revistas de cuestionable rigor científico cheas de pósters dos grupos musicais da época.
  • O que vimos nalgunha película.
  • Explicacións dalgún profesor@ que se centraban case exclusivamente nos métodos anticonceptivos.
  • Tentativa informativa dalgunha nai ou pai armados de valor, baseándose principalmente na “escola da vida”.

2. Descoñecemento da fisioloxía sexual

Descoñecemos ou coñecemos a medias a anatomía sexual do outro, e nos peores casos, a propia. Sorprenderíadesvos da cantidade de persoas que son saben localizar ou estimular un clítoris, por exemplo.

3. Problemas de comunicación coa parella

É moi habitual que cando os membros dunha parella falan das súas necesidades sexuais, o fagan a través de indirectas. Se non expresades claramente as vosas necesidades, será complicado, ou máis ben milagreiro, que a vosa parella sepa cales son os vosos desexos. Ademáis, a veces esquécesenos que a comunicación serve para algo máis que para culpar ao outro.

Catro consellos para conservar a chispa

A sexualidade  implica factores fisiolóxicos, emocionais e cognitivos, e garda unha estreita relación co estado de saúde e coa calidade de vida das persoas, razóns máis que suficientes para coidala. Tomade nota!

1. Falade de sexo sen vergoña

Sede claros co que queredes para poder obtelo . Tratade o tema con naturalidade, expresándovos líbremente e sen restriccións. Falade dos vosos  desexos, expresade o que vos gusta ou decide o que o vos gusta menos; para ter unha vida sexual satisfactoria é algo totalmente necesario.

Debedes acentuar o positivo e non centrarvos no negativo, mesmo se non estades satisfeitos coas vosas relacións sexuais. É moito mellor que lle digades a vosa parella “Como me gustou que o domingo me dixeras que tiñas ganas de sexo”, ca “é que case nunca tomas a iniciativa!”. Apreciades a diferenza, non? Coa segunda opción expresades abertamente unha crítica  ou queixa, o que pode xerar rexeitamento, culpa, vergoña ou ata enfado na outra persoa; en cambio ao poñer o énfasis no que vos gusta (ainda que aconteza poucas veces) estades reforzando esa conducta e a probabilidade de que se repita no futuro aumentará.

2. Tede expectativas realistas sobre o sexo

Unhas expectativas demasiado elevadas obstaculizan que gocedes co sexo. Debedes separar a realidade da ficción e non deixarvos influenciar polo que digan outras persoas, non existe o coito perfecto así que rexídevos só polo que a vós vos gusta e satisface.

As relacións sexuais deben ser variadas, tanto en intensidade, como en duración ou modalidade, fuxide da monotonía! As apetencias varían, ou a vós sempre vos gusta comer o mesmo? (obviade o chiste fácil). Dieta variada, pois no sexo tamén.

3. Averiguade ou profundizade nos gustos da vosa parella

É moi importante que lle digas a túa parella que é o que che gusta, pero non te centres só niso, tamén debes averiguar que é o que lle gusta a el ou ela. Para que a vosa vida sexual mellore é imprescindible que coñezades ben os gustos do outro, e obviamente, que empreguedes esa información.

Por exemplo, se sabedes que a/o vos@ acompañante se devece cando lle lambedes os pezóns, a que esperades para poñervos en acción?

Ollo, non se trata de complacer ao outro a toda costa, a clave está en disfrutar os dous. Se algo non vos gusta ou non vos apetece non o fagades, o sexo está para gozar, non é unha obriga.

4. Compartide as vosas fantasías sexuais

Se nunca o fixestedes, podedes compartir as vosas fantasías sexuais e se estades dacordo, incluso realizalas. A clave está en ser amable, pedide correctamente o que desexades e reaccionade dun modo adecuado ás peticións do outro. Non se trata de que accedades a tódalas demandas, nin moito menos, só a aquelas coas que vos sintades cómod@s.

Debedes consideralo coma un xogo, se a vosa parella vos pide que simuledes ser un/unha descoñecid@, non o tomedes mal, é só unha fantasía.

paixón

Para rematar

Agora só vos queda aplicar estes consellos para tentar mellorar a vosa vida sexual. Se as dificultades no plano sexual se manteñen podedes acudir a un psicólogo, non teñades vergoña, nesta profesión estamos acostumados a abordar problemáticas deste tipo con naturalidade, nun ambiente de total confidencialidade.

Vos sodes os responsables de que a vosa relación sexa feliz, apaixoada e duradeira, non permitades que a chispa se apague.

Janet Díaz Portela

Psicóloga social e sanitaria

Colexiada G-5097


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484