Os hábitos son patróns de comportamento que realizamos dunha forma casi ou totalmente automática. Adquirímolos a base de repetir unha e outra vez a mesma acción, e ao final acabámolos facendo dun modo practicamente involuntario, sen pararnos a pensalos.
Algúns hábitos son bos, como lavar os dentes despois de comer, embragar para cambiar de marcha, lavar as mans antes de comer, etc. Pero moitos outros non. Morder as uñas, comer demasiadas trapalladas, deitarse sempre tarde, ver en exceso a televisión, acompañar as comidas sempre con refrescos, darlle centos de voltas ás mesmas preocupacións, beber alcohol, xogar as máquinas tragaperras, manter relacións dañinas, fumar, estar pendente do teléfono as 24 horas do día, mover constantemente un pé…
Hai que andarse con moito ollo xa que algúns destes comportamentos nocivos poden sobrepasar a liña do hábito e converterse en adiccións. Non fará falla dicir que non é o mesmo beber un vasiño de viño á comida que embodegarte diariamente.
6 pasos para librarte dun mal hábito
Ademáis de esforzo, desfacerte desa mala costume que ameaza a túa saúde e o teu benestar requiere dunha estratexia correcta. A continuación ensínoche 6 pasos que che axudarán a desfacerte dese prexudicial hábito que desexas eliminar.
1. Decide cambiar
O máis importante é que queiras eliminar esa mala costume que tes. Pero tamén che digo que é moi difícil desprenderse dun mal hábito só con decidilo. Para conseguilo debes esforzarte; querid@, milagres a Lourdes.
Se queres eliminar un comportamento é primordial que teñas unha boa actitude hacia o cambio. Isto implica que non o interpretes como unha obriga, senon coma un desexo. Modifica o “debo dexar de…” por “gustaríame deixar de…”, pode parecerche unha tontería, pero este pequeno xesto marca a diferencia.
2. Analiza o teu mal hábito
Para entender como funciona esa costume dañina que desexas eliminar tes que analizala en profundidade: cando a fas? Como a fas? Onde a fas? Con quen? Por que a fas?
É importante que examines tódalas situacións que son favorables para que realices o mal hábito, ademáis de averiguar cales son os desencadeantes que o provocan e que o manteñen.
3. Diseña estratexias que che axuden a deter o mal hábito
Detrás dun cambio, dunha meta cumprida, hai sempre unha boa estratexia. E para diseñala deberás empregar toda a información recollida no punto anterior.
Unha vez que coñezas en profundidade como funciona o teu hábito, é o momento de coodinar as accións para lograr o teu obxectivo. Para isto é necesario que te formules a pregunta “como o vou a facer?”
4. Reemplaza o mal hábito por outro non dañino
Librarse dun hábito prexudicial é difícil, pero se o reemplazas por outra conducta non dañina verás como é moito menos difícil.
Se o teu hábito implica o uso dunha parte do teu corpo, é recomendable que a empregues para facer algo incompatible co comportamento que desexas eliminar. Se fumas, podes xogar cunha pelotiña anti-estrés para ter as mans ocupadas e mascar chicle para ter algo na boca. Se o teu problema é que comes demasiadas trapalladas, podes substituílas por alimentos máis sans. Deixa de mercar chucherías e corta uns bastonciños de cenoria, por expemplo, para cando che entren as ganas de picar algo.
5. Persiste
Se durante dous días eres constante pero ao terceiro xa tiras a toalla, non conseguirás erradicar esa mala costume. Os cambios esixen constancia e disciplina, coñeces o refrán que di que a repetición e a nai de calquera habilidade?Xa sabes, repite, repite e repite ata crear o novo hábito.
6. Aprende a manexar os lapsos
Ten en conta que os comportamentos automatizados tenden a reaparecer, por iso é vital que esteas preparad@ para saber controlar posibles recaídas no mal hábito. Mantente motivad@!
Lembra
Para mellorar a túa calidade de vida debes poñerte as pilas. Non esperes a que os cambios sucedan por arte de maxia. Responsabilízate do teu mal hábito e faite consciente de que só ti podes eliminalo.
Bibliografía
Gillian Butler & Tony Hope. Manage your mind: the mental fitness guide (2017)
Janet Díaz Portela
Psicóloga Lugo
Col. G-5097