Hoxe vouche a falar dun sinxelo exercicio respiratorio que che axudará a controlar a ansiedade: a técnica 4 – 7 – 8.
Recomendación da túa psicóloga dende Lugo
A técnica do 4 – 7 – 8 serve tanto para conciliar o sono, como para reducir a ansiedade e tranquilizarnos antes dalgún evento importante.
Mans á obra
Para poñela en práctica, o mellor é que esteas sentado coa espalda apoiada nun respaldo. En canto a entrenes un pouco, poderala practicar deitado ou incluso de pé. Tamén che aconsello que coloques a lingua detrás dos dentres, xusto onde comeza o teu paladar.
A técnica
- Colle aire polo nariz durante 4 segundos.
- Aguanta a respiración durante 7 segundos.
- Expulsa o aire pola boca durante 8 segundos.
Aspectos a ter en conta
Durante o primeiro mes non debes de practicar esta técnica para reducir a ansiedade máis de catro veces ao día. Unha vez que esteas acostumado, poderás repetir ata 8 veces este exercicio.
Ansiedade, estrés, insomnio
Exames decisivos, entrevistas de traballo, citas importante, reunións, etc. Poden xerar en nós nerviosismo, ben sexa pola falta de coñecementos ou de habilidades, como por medos varios: a meter a pata, a que se evidencie o noso nerviosismo, a quedarnos bloqueados, a suar a borbotóns, etc.
Cando sentimos que a ansiedade se apodera de nós, altérase o noso ritmo normal de respiración. Respirar de forma axitada, provoca unha mala distribución dos niveis de osíxeno e dióxido de carbono no noso organismo. E por iso é tan boa esta técnica para os momentos puntuais de ansiedade; se conseguimos controlar a respiración con este exercicio, lograremos volver a restablecer o equilibrio destas sustancias no noso corpo, reducindo así o ritmo cardiaco e conseguindo un estado de relaxación dunha maneira rápida.
Este exercicio non só serve para situacións moi estresantes, tamén serve para conciliar o sono; se tes problemas para durmir, tamén é unha gran opción. Ainda que esta técnica non sexa un remedio milagreiro, pode axudarnos moito neses intres nos que a ansiedade nos xoga malas pasadas.
Bibliografía
Janet Díaz
Psicóloga en Lugo