Comportamentos de din moito de ti | psicólogo Lugo

comportamentos cotiás

No noso día a día facemos unha morea de accións ás que non lles prestamos demasiada atención, pero que din moito de nós. Que transmitimos aos demáis cos nosos comportamentos (sen necesidade de articular nin unha sóa palabra)?

1. Puntualidade

A puntualidade é unha conducta que pode revelar a túa capacidade de planificación e autocontrol. Ainda que tamén pode ser indicativo de que te autoesixes demasiado se esa exactitude a trasladas a outros ámbitos da vida.

No lado oposto están as persoas que chegan sistemáticamente tarde, as impuntuais. Elas viven cun pouco máis de tranquilidade que as anteriores, ainda que non acostuman a dar unha boa impresión.

Resumindo,

  • Se es puntual → parabéns, das a impresión de ser organizado/a e responsable (ainda que quizais vivas unha miguiña estresado/a).
  • Se es impuntual → seguramente te tomes a vida con calma, pero podes estar dándolles a mensaxe ás persoas coas que quedas de “o meu tempo é máis valioso ca ti”.

2. Escritura

É alucinante o que se pode averiguar dunha persoa con tan só ver a forma na que escribe. Vexamos algúns dos rasgos máis chamativos do comportamento caligráfico:

  • Se a túa letra é grande → expresas que tes unha personalidade extrovertida.
  • Se a túa letra é máis ben pequena → neste caso podemos falar de timidez ou introversión.
  • Se apretas moito ao escribir o bolígrafo contra o papel → demostras tensión, agresividade ou ansiedade.
  • Se misturas letras maiúsculas e minúsculas → pode ser indicativo dunha tendencia ao roubo e á deslealtade.
  • Se na firma o teu nome está envolto por un garabato → es introvertido/a, con tendencia ao illamento e/ou es una persoa que ten a necesidade de sentirse protexida e coidada.

3. Apretón de mans

O apretón de mans é un deses comportamentos que poderíamos chamar de carta de presentación. Hai moitas formas de dar a man, con cal te identificas?

  • Dar o apretón con moita forza → pode indicar demasiada agresividade e escaso autocontrol.
  • Dar a man moi floxa → non transmites seguridade.
  • Apretón de mans firme → demostras enteireza e seguridade en ti mesmo/a.
  • Dar a man de canto → indica que estás agusto e que te sintes en igualdade co teu interlocutor.
  • Ensinar a palma da man ao dar o apretón → denotas sumisión.
  • Colocar a palma boca a baixo á hora de dar a man → revela que te sintes por riba da persoa á que lle das o apretón.

4. Como miras á xente

Din que os ollos son o espello da alma e algo de razón hai niso. A túa forma de mirar é un das conductas que máis di dos teus sentimentos hacia a persoa que tes diante.

  • Se mantés a mirada fixa nos ollos do outro/a → mostras unha faceta extrovertida da túa personalidade. Ainda que dependendo de como mires tamén pode ser que esa persoa che guste, ou pode que esteas demostrando un pouco de agresividade hacia ela… Ándate con ollo se es capaz de ver o blanco dos ollos por debaixo da pupila de alguén que te mira fixamente!
  • Mirada fuxitiva → poida que non queiras ver á persoa que tes enfronte. Pero se o fas coa maioría da xente, quizais estás expresando a túa timidez.

5. Que mascota tes

A elección do animal de compañía di moito do teu comportamento:

  • Cans → os/as que optades por esta mascota adoitades ser persoas dominantes ás que lles gusta ser obedecidas, persoas enérxicas e/ou persoas que disfrutades de actividades ao aire libre.
  • Gatos → os/as que escollemos aos gatos disfrutamos da nosa independencia, adoitamos ser algo neuróticos/as e/ou estamos abertos/as a novas experiencias.

6. Como conduces

Deste tema xa falei nun artigo fai uns meses. Aquí che deixo o link: dille a un psicólogo como conduces e dirache como es.

 

E ti, sínteste identificado co significado dalgún destes comportamentos?

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Bibliografía

https://www.quora.com/What-are-the-really-small-things-that-tell-a-lot-about-a-persons-psychology-and-personality

https://psicovlog.weebly.com/

Gosling, S. D., Sandy, C. J. y Potter, J. (2010). Personalities of Self-Identified Dog People and Cat People.

Un comentario en “Comportamentos de din moito de ti | psicólogo Lugo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484