Matarías a unha persoa para salvar a cinco? | Psicólogo Lugo

A vida dunha persoa ou a de cinco… Hoxe veño con dilemas, prepárate para cavilar!

Pero antes vou a facer unha puntualización: este exercicio non vai sobre a creatividade, non se trata de que lle busques os tres pés ao gato. Debes escoller unha das dúas posibles respostas. Non perdas o tempo buscando unha terceira vía inexistente, vale?

Dilema

Primeiro escenario

Un tren fóra de control, imposible de deter, vai directo hacia cinco persoas que hai atadas nunha vía. En cuestión de segundos, morrerán aplastadas. Non tes tempo para baixar axudarlles nin para avisar a ninguén, pero si dispós do tempo suficiente para accionar unha panca que desviará o tren a outra vía, pero nesa vía hai unha persoa atada.

Rápido, non hai tempo que perder. Que fas? Accionas a panca para desviar o tren a esa segunda vía? Intercambiarías unha vida por cinco?

Ο Si          Ο Non

Segundo escenario

Imaxina de novo o tren desbocado que vai hacia as cinco persoas atadas. Observas a situación dende unha ponte na que hai un home moi corpulento. Esta vez só podes deter o tren se logras frenalo tirando á vía algo pesado.  Se empurras o home que hai na ponte, o seu voluminoso corpo deterá o tren evitando a morte das cinco persoas atadas na vía, pero el morrerá. Que fas? Empúrralo? Intercambiarías unha vida por cinco?

Ο Si          Ο Non

 

Resultados

Se contestaches que SI no primeio escenario e NON  no segundo, decidiches o que decide máis da metade das persoas.  A maioría presionarían a panca parar cambiar de vía, pero non empuxarían ao home pola ponte. Pero… Por que? En ambos casos sacrifícase unha vida para salvar cinco, dende a lóxica trátase da mellor opción en cada unha das situacións, non?

 

Distintos pareceres

Para a maioría da xente existe unha gran diferenza entre desviar un tren cunha panca ou empurrar a un home á vía. Cres que estas disparidades entre intercambiar unha vida por cinco en función do escenario son incoherentes ou son correctas?

No primeiro caso (activar a panca) óptase por un cálculo utilitario e lóxico que beneficia á maioría, cinco vidas por riba dunha. Pero no segundo caso (empurrar a un home) a maioría das persoas non optan por este razonamento, non escollen facer mínimo dano posible.

O que marca a diferenza entre unha escena e outra, é que na segunda hai que sacrificar personalmente a unha persoa. Empurrala interprétase como matar a alguén. Pero… E logo no primeiro escenario non se estaría matando a unha persoa tamén?

O certo é que tanto se decides activar a panca como empurrar a unha persoa, matas a alguén. Pero, evidentemente, o mero feito de non activar a panca ou de non tirar a unha persoa dende unha ponte, implica que por omisión tamén matas a cinco.

 

Sistema de crenzas e autoxustificacións

Non estamos programados para danar a inocentes, por iso nos costa tanto empurrar a unha persoa ainda que sexa para salvar a cinco. Pero si que estamos capacitados (algúns máis ca outros) en transformar a inocentes en culpables cunha facilidade abraiante e sacrificalos sen apenas titubear.

Se es racista e a persoa que hai no pico da ponte é un xitano, ou alguen coa cor de pel distinta á túa ou se trata dunha persoa con rasgos árabes, por exemplo, empurraríala?

E se unha desas cinco persoas que hai atadas na vía fose un amigo/a ou un familiar teu, que farías? Activarías a panca sen pestañexar ou empurrarías a ese/a gordecho/a pola ponte como se dun saco de patacas se tratase?

E xa si sumamos o dous factores anteriores de persoa que non nos agrada no pico da ponte e ser querido atado na vía… Case que xa non che pregunto o que farías, non?

 

Reflexiona

Salvando as distancias, no teu día a día atópasate con moreas de situacións parecidas ás deste experimento mental. Tomarás decisións excusándote en razóns que non seguen a lóxica, enfrontarás situacións nas que fagas o que fagas, ao final terás que sacrificar algo… A veces perderás algo de gran valor, outras veces cousas sen apenas importancia. Nalgunhas ocasións haberá persoas que salirán desfavorecidas coas túas eleccións, noutras non tanto.

O importante é que non esquezas que non facer nada tamén é tomar unha decisión.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

 

Bibliografía

Bartels, D. M. & Pizarro D. A. (2011) The mismeasure of morals: Antisocial personality traits predict utilitarian responses to moral dilemmas.

Punset, E. (2014) El mundo en tus manos.

 


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484