20 consellos para reducir a ansiedade | Psicólogo Lugo

Hoxe vouche a decir 20 cousas que podes facer dende agora mesmo que che axudarán a reducir a ansiedade. Algunhas seguramente xa as sabes, pero non está de máis recordalo de vez en cando e, sobretodo, ponas en práctica!

  1. Estar relaxado/a e estar ansioso/a son incompatibles, así que aprende e practica algunha técnica de relaxación máis rápido que deprisa.
  2. Durme entre 6 e 8 horas. Descansar ben é imprescindible para ter a ansiedade baixo control.
  3. Xestiona o teu tempo. Non procrastines, que nos coñecemos e ao final iso de “mañá xa o farei” acaba como acaba.
  4. Non digas si cando queres decir non. Se cumples cos desexos dos demáis sen ter conta os teus, ademáis de facer cousas que non che apetecen nin un chisco, acabarás frustrado/a e rabioso/a.
  5. Ponte a facer exercicio físico. Algo tan sinxelo coma facer deporte é man de santo para a ansiedade.
  6. Fai tamén exercicio mental: lectura, escritura, cálculo, crucigramas, sudokus… Mentres esteas concentrado/a nestas actividades non poderás estar cavilando sobre aquilo que che xera ansiedade.
  7. Non turres contra as paredes. Acepta que hai cousas que non podes evitar e que tamén hai cousas que non teñen solución. Non falo de resignarse, senon de aceptar determinadas situacións (por pouco que che gusten).
  8. Non lle deas mil voltas ao que aconteceu onte, fai dous meses ou cinco anos. Lembra que vivir no pasado quítache forzas para disfrutar do presente.
  9. Deixa de xogar aos adiviños/as predecindo un futuro aterrador. Non podes controlar o que acontecerá mañá, nin dentro de 6 meses e moito menos dentro de 5 anos.
  10. Mantén ordenado o teu entorno. Evitar o caos físico axuda a non ter caos mental.
  11. Non te critiques tanto. Ninguén é perfecto, todos cometemos fallos, incluso ti.
  12. Non esperes a que chegue o momento ideal para levar a cabo un proxecto. Os momentos perfectos con cero riscos rara vez existen. Se tes ilusión por algo, analízao en profundidade, calcula as consecuencias e se hai posibilidades de éxito… Tírate a piscina! Sen realista e non te poñas obxetivos inalcanzables.
  13. Toma perspectiva. Moitas cousas non son tan terribles como cremos, intenta ser máis obxetivo/a.
  14. Come sano. Evita o tabaco, o café, o alcohol, os alimentos procesados… Dieta mediterránea, por favor!
  15. Rompe coa barreira de confort. Atrévete a sair da túa zona de seguridade.
  16. Toma decisións. Non te acomodes na mediocridade por moi familiar que che resulte.
  17. Delega. Ti non podes con todo nin con todos/as, pide axuda, que non che dé vergoña admitilo, pásanos a todos/as.
  18. Ten paciencia. A veces os cambios tardan en chegar. Eso de cambios rápidos e sen esforzos non che é o máis habitual.
  19. Non tomes decisións en momentos de cabreo, ansiedade ou medo. Espera a tranquilizarte para actuar.
  20. Ten claro que é o que te fai feliz e unha vez que o sepas… Faino máis a miúdo! Pasa máis tempo cos teus seres queridos. O anuncio de Ruavieja exemplifica isto moi ben (ainda que Rafael Santandreu non é santo da miña devoción, neste caso dígolle “amén”).

Cales son as que máis che gustan? Tes algunha outra?

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Axuda para combatir o estrés, o insomnio e a ansiedade.

Hoxe vou a falarvos da técnica da relaxación muscular progresiva, un método que nos axuda a tranquilizarnos e a reducir o nerviosismo. Trátase dunha ferramenta útil para calquera persoa que queira sentirse mellor, pero é especialmente axeitada para aquelas que teñen problemas para durmir, de estrés ou de ansiedade.

A relaxación muscular progresiva é unha das técnicas máis empregadas pol@s psicólog@s para reducir a tensión física e mental. Baseáse na relación que existe entre músculos, pensamentos e emocións. Consiste en aprender a detectar a tensión nos músculos e despois eliminala, focalizando a atención nunha serie de grupos musculares para ir aliviando deste xeito as tensións, posibilitanddo acadar un estado de repouso e de calma mental.

 

Vivimos moi estresados

Lugo é unha provincia bastante tranquila, temos moito verde (montes, chairas, vales) e moita auga (ríos, regatos, mar, fontes, lagoas, fervenzas). Debería ser fácil relaxarnos neste entorno privilexiado. Pero, conséguelo?

Preocupacións, obligacións, traballo, familia, esixencias sociais… O frenético ritmo da vida actual fai que andemos acelerados, e isto provoca que moitas persoas nos sintamos cansadas e estresadas a maior parte do tempo. Pero tranquil@s, ainda que haxa milleiros de situacións que nos poñen tens@s, tamén existen ferramentas para axudarnos a sobrelevalas.

Non me estou refirindo  á solución fácil da “pastillica” (na miña cabeza soa coa voz de Joaquín Reyes). Ai doutor, estoulle moi estresada: pastillica; doutora, últimamente encóntrome moi nervioso: pastillica. Oiu doutor, faille uns días que non lle durmo nada ben: pastillica. Sinxelo, ti feliz mentres as tomas, e as farmacéuticas ainda máis.

Hai veces que os psicofármacos son necesarios, pero en moitísimos casos son totalemente prescindibles. Estes fármacos enmascaran os síntomas e poden facernos crer que solucionan os nosos problemas, pero non os traballan de raíz. Se consegues deixalos (son altamente adictivos) atoparaste de bruces co problema de novo, por non falar dos efectos secundarios que provocan. Sabías que España lidera en Europa o consumo de fármacos como Orfidal, Valium e Lexatin? Vaia honra… Imos acabar co cerebro frito.

Se te sintes superad@ polas esixencias do día a día, primeiro intenta xestionalo cos teus propios recursos, non dependas dunha menciña. Si, si, si, queremos solucións rápidas e efectivas pero, como ben saberás, as cousas rápidas non soen selo (polo menos a largo prazo) e o que é efectivo non adoita a ser rápido.

 

Proba coa relaxación

A relaxación é un estado de repouso físico e mental. Os músculos están distendidos e a mente libre de preocupacións. Cando te relaxas síntente descansad@, tanto a nivel corporal como a nivel mental.

E a mellor noticia de todas: non é necesario que invirtas en spas, nin en retiros espirituais, nin que lles axudes as grandes empresas farmacéuticas a continuar enriquecéndose para sentirte aliviad@. Sigue lendo e cóntoche como conseguilo.

 

Aprende a técnica da relaxación progresiva

Os exercicios de relaxación son sinxelos de aprender e unha vez que os coñezas, son un recurso que terás a túa disposición toda a vida, e sen efectos secundarios malignos!

En poucas sesións podes aprender a relaxarte, eso si, deberás practicar na casa para obter uns bos resultados. Como? Organizo obradoiros grupais onde ensino e se practican técnicas de relaxación, ou se o prefires, podes solicitarme sesións individuais máis personalizadas.

O próximo sábado imparto unha sesión grupal, ainda estás a tempo de anotarte. Prazas esgotadas.

taller relaxación progresiva

Se estás interesad@ pero cando leas esto pasou o día e pasou a romaría, faimo saber, sempre podo organizar máis obradoiros deste tipo no futuro.

Do mesmo xeito, se tes unha empresa ou participas nalgunha asociación, pídeme información e diseñarei unha proposta que se axuste ás necesidades da túa organización (sen ningún tipo de compromiso).

 

Reláxate e sé feliz.

Janet Díaz Portela

Psicóloga social e sanitaria 

Col. G-5097


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484