O que nos fai felices

A felicidade é unha sensación de satisfacción, de estar agusto con un mesm@. Somos felices cando disfrutamos do que podemos ou sabemos facer, e é diferente para cada persoa: aloumiñar nun gato, pasar un día na praia, arranxar algún trebello, tomar uns espirituosos cuns amig@s, xogar a partida, escoitar como chove mentres estás ao quente tapad@ ata as orellas…

A felicidade experiméntaa quen se sente content@ coas circunstancias da súa vida. Non se trata dunha cuestión de sorte ou do destino, quen espere ser máis feliz sen facer nada para logralo, vaise levar moitas decepcións.

 

Non busques no lugar equivocado

Desacertadamente, a maioría das persoas viven coa idea de que conseguindo un bo posto de traballo, tendo cartos a esgalla ou cunha vivenda en propiedade, terán a felicidade asegurada. Pero o/a que busque a ledicia ahí, non o fai no lugar correcto.

Nin o diñeiro nin as posesións dan a felicidade

O diñeiro só aporta felicidade si se vincula con cubrir necesidades básicas, é dicir, se non se tes un teito baixo o que caerte mort@ ou se non tes que comer. Ser ric@ (económicamente falando) non é sinónimo de ser feliz, e canto antes desterres esa crenza, mellor.

Non teñas como meta na vida acumular cantidades de diñeiro ou pertenzas, cando esteas no teu leito de morte non recordarás a cuantía da túa conta bancaria, nin as túas propiedades, nin os artículos tan caros que mercaches. O que albergarás na túa memoria serán os momentos que compartiches cos teus seres queridos e o tempo que adicaches a facer aquilo que tanto che gusta.

 

Pódese aprender a ser máis feliz?

Por suposto que si, pero debes facerte responsable da túa felicidade.

O fundamental é ser conscientes que ser ou non ser feliz é unha elección persoal, non está determinado polas circunstancias que che toquen vivir. Non se pode estar todo o tempo feliz, pero tampouco se pode estar ledo só cando as cousas che vaian fantásticamente.

Pregúntate por que non es feliz

Si, seguramente teñas problemas, tod@s os temos, pero debes aprender a diferenciar entre os problemas graves e os contratempos. Un problema grave é unha morte, unha enfermidade severa ou non ter un bocado que levar á boca; cando isto sucede é difícil sentirse feliz (ainda que non imposible). Poida que neste intre non che estea afectando un problema grave e, sen embargo, compórtaste como se si o tiveras. Por que?

Non aceptar o que non che gusta é o que che fai sufrir

Ao longo da túa vida aconteceranche innumerables adversidades, pero o que realmente conta é o que ti pensas cando se producen eses percances. A felicidade non está no que che pasa, senon en como interpretas iso que che sucede.

Convéncete de que cada día da túa vida merece a pena, valora as pequenas cousas boas que che acontecen a diario e xestiona os reveses cos que te atopes. Cando teñas un contratempo permítite enfadarte ou estar triste, desafógate como prefiras, pero faino durante un tempo razoable. As cousas son como son, non como nos gustarían.

 

Lembra,

Realmente necesitamos moi pouco para ser felices e só ti es o/a responsable da túa felicidade.

 

feliz

Janet Díaz Portela

Psicóloga social e sanitaria

Col. G-5097

 

Estratexias para aliviar a tristeza

Por que nos sentimos tristes?

A tristeza é unha emoción básica necesaria para a nosa vida. Si, aínda que nos produce sensacións desagradables, é imprescindible para a nosa estabilidade e crecemento persoal. Pero ollo, tamén pode resultar prexudicial se non aprendemos a limitala e a xestionala.

A tristura acostuma a presentarse tras unha situación dolorosa relacionada cunha perda. Pode tratarse da perda dunha persoa (por morte, distanciamento, enfado, separación…) ou da perda dunha situación ou experiencia (despido de traballo, cambio de domicilio, fillos que abandonan o fogar, etc.).

Case sempre hai algo que xustifique por que nos sentimos tristes, se ti non atopas o motivo da túa tristeza, terás que reflexionar e buscar pistas que che indiquen a que perda te enfrontas. Debes ter en conta que non só podemos experimentar esta emoción por feitos que acontecen no presente, tamén podemos experimentala por feitos ocorridos no pasado ou polo que supoñemos que sucederá no futuro.

Todos pasamos por momentos tristes, e é de vital importancia darnos permiso a nós mesmos para sentirnos así ante determinados eventos. Hai que ter en conta que as emocións que non se expresan acostuman a estoupar cando menos se espera.

A tristura pódese xestionar con relativa facilidade pero, ainda que non é dañina en si mesma, debes prestarlle atención para evitar que se instale de forma crónica en forma de depresión. Tristeza e depresión NON son o mesmo, son conceptos totalmente distintos con puntos en común, motivo polo cal é habitual confundir os dous termos. A depresión, ainda que inclúe á tristeza, é algo moito máis serio, trátase dun trastorno psicolóxico.

 

Estratexias para aliviar a tristeza

Estes tres sinxelos consellos son solucións rápidas para mitigar a tristeza a curto prazo, poñen o fincapé en interrumpir a negatividade para romper cos pensamentos negativos e coa química cerebral da tristeza. Anímote a que os poñas a proba, realmente funcionan!

 

1. Centra a túa atención en algo diferente

Non sigas dándolle voltas ao que te entristece, non che vai a servir de nada! Cando te sintas triste, intenta pensar en algo alegre, queda con alguén divertido ou mira unha película graciosa, centrándote só niso. Dicen que non hai mal que cen anos dure, e a tristeza irase antes das nosas vidas se retomamos actividades que nos producen pracer. Querer estar de bo humor é imprescidible para estalo de verdade.

 

2. Reláxate

As técnicas de relaxación son moi eficaces, por iso che recomendo un exercicio moi simple que combina a respiración coa visualización:

Pecha os ollos e visualiza unha imaxe agradable que te tranquilice, a que ti prefiras, pode ser dende as ondas rompendo na beira do mar ata un gato lavándose. Mentres centras a atención nesa imaxe, toma aire pausádamente e expúlsao, unha e outra vez. Se intrusivamente chegan outros pensamentos, obsérvaos un momentiño e déixaos ir, non te centres neles.

Repite esta secuencia ata que sintas que te invade a tranquilidade. É normal que ao principio che coste centrar a atención, pero coa práctica conseguirás logralo.

 

3. Sorrí e ri

Sabías que cando rimos se incrementa a liberación de endorfinas e dopamina? O aumento destes neurotransmisores fai que nos sintamos mellor, así que intenta sorrir polo menos medio minutiño para que ao cerebro lle de tempo a xerar esa química do benestar. Ollo, no se trata de que reprimas a tristeza, tan só debes sorrir de vez en cando, si analizas a túa situación a fondo encontrarás máis dun motivo para sorrir. Pero non o fagas de cara á galería, non se trata  dun  “dientes, dientes, que eso es lo que les j***”, faino só por ti e polo teu cerebro.

depresión

Lembra

Se queres sentirte ben cambia o teu  centro de atención, reláxate e sorrí. Non podemos evitar o sufrimento que nos provocan determinados eventos, o que  si podemos evitar é o afrontamento inadecuado. Non sexas vítima da tristeza, compréndea e transfórmaa.

 

Janet Díaz Portela

Psicóloga social e sanitaria

Colexiada G-5097

 


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484