Blogue

7 consellos para gozar dunha sexualidade sa – Psicóloga Lugo

A sexualidade é moi particular, tanto a nivel individual como de parella. Por iso, dar consellos sobre accións concretas, como chúpalle o nariz ao teu namorado, mételle o dedo ata o fondo da orella a túa moza, etc. non serven para tódalas parellas. Cada persoa é única e ten unhas preferencias, gustos, desexos, que non ten por que compartir con absolutamente toooodo o mundo. O que o/a veciño/a lle fai a súa muller/home pode resultarlle moi satisfactorio, pero pode non servir en absoluto para outra parella.

 

1. Falade sobre sexo

Falar de temas sexuais moitas veces dá máis reparo que manter relacións sexuais. Somos humanos, diferenciamonos do resto dos animais, entre outras moitas variables, en que ademáis de fornicar podemos falar sobre a cópula. Humaniza a túa sexualidade.

 

2. Non des por suposto que o que che gusta a ti é o mesmo que lle gusta a túa parella

A ti igual che gusta moitísimo que che metan unha deda no embigo, pero iso no quere decir que a persoa coa que te deitas tamén lle agrade (pode incluso que o deteste). Non des por sentado que coñeces os gustos do/a teu/túa amante, averigua o que desexa (e de paso comunícalle o que che agrada a ti).

 

3. Non repitades sempre a mesma escena

Poida que nalgún momento falases de sexo coa túa parella… E ti quedácheste coa copla “gústalle que me derrame nas súas costas”, ay amigo/a! Pero non vaias a facer sempre o mesmo, os gustos cambian e a monotonía aburre ata as musarañas.

De vez en cando hai que revisar esas conversas, resetear e reinventar a sexualidade para non aburrirse. Dende aquí dígoche que a rutina é un dos maiores enimigos do pracer. Por moito que che guste comer pizza con pepperoni, se só te alimentas diso é moi probable que a acabes estoxando…

 

4. Non empregues a sexualidade para fins distintos ao pracer

Non fagas o amor para someter ao outro/a, para castigala/o, para premialo/a, para convencela/o, para…, para…, PARA! Stop! Se instrumentalizas o sexo auguroche un futuro carnal negro, moi negro.

 

5. Ollo coa maternidade/paternidade

Cando se queren ter fillos a sexualidade cambia. Dátanse os encontros, calcúlanse as ovulacións… Faise todo dun xeito moi cuadriculado, e esta rixidez mata ao pracer.

Ocorre o mesmo que no punto anterior, cando o sexo ten un único fin moi concreto, neste caso ter fillos/as, malo. Desexar quedarse embarazados pode ser unha finalidade extraordinaria de facer o amor, pero non debe de ser a exclusiva. Non te esquezas nunca de gozar.

 

6. Non finxas

Orgasmos simulados, problemas asegurados. Se estás inmerso/a na dinámica de finxir e non sabes sair dela, tes tres opcións:

  • Continuar así ata o fin dos teus días.
  • Decirlle a túa parella que queres mellorar as vosas relacións sexuais.
  • Consultar a un psicólogo.

Ti elixes.

 

7. Non practiques sexo sen ganas

Se estás inapetente, non forniques. Rexeita ese encontro sen sentirte culpable, o sexo non é unha obriga conxugal e non vas arder nos infernos por negarte a ter relacións carnais. O sexo por inercia, sen desexo, acaba tendo consecuencias fatídicas.

 

Lembra

Ser un/unha pésimo/a informador/a dos teus desexos e gustos eróticos, impide que disfrutes do sexo. Non esquezas que a comunicación é un dos factores máis decisivos para ter unha boa saúde sexual. Libérate de prexuizos e tabúes, gozarás moito máis!

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

 

 

 

A baixa tolerancia á frustración – Psicóloga Lugo

A frustración é ese sentimento de impotencia que se xera cando non consegues o que te propoñías ou o que esperabas. Esta claro que é imposible que poidas satisfacer tódolos teus desexos, pero ainda sabéndoo, frústraste.

 

Que nos acostuma a producir frustración?

  • Non aceptar as nosas propias limitacións. Un burro, por moito que o intente, nunca chegará a ser un cabalo de carreiras. O burro é un animal fantástico, símbolo de forza, nobleza e traballo (ademáis de ser moi bonitiño), pero nunca será un gran galopador. Que hai de malo nisto? Nada, sempre que o animal acepte as súas características e non pretenda ser o que non é.
  • Non aceptar as limitacións ou as decisións doutras persoas. Por exemplo, esa rapaza que tanto che gusta e que non quere saber nada de ti. Por moito que porfíes, que o desexes ou que lle prendas unha vela á virxe, se a esa persoa non lle gustas, pois non lle gustas. E punto.
  • Non aceptar as condicións ambientais. Como cando unha tormenta de verán que che impide disfrutar dunha tarde de domingo de sol na praia. Como no punto anterior, hai cousas que non dependen de ti; non es todopoderoso/a, nin ti, nin ninguén.

 

Tolerancia á frustración

É fundamental entender que non conseguir o que queres non é un terrible fracaso. Os erros e os problemas forman parte da vida, e deles sácanse os máis valiosos aprendizaxes.

Frustracións do día a día

Refírome aquí as frustracións triviais, como que chova e non levar paraugas, non atopar onde aparcar ou incluso que trone e falle a liña telefónica durante un par de horas.

Se tes unha baixa tolerancia á frustración, ante situacións como estas, quedaraste anclado/a nas emocións desagradables. En vez de buscar posibles solucións, instalaraste na queixa contínua, buscarás culpables e quedarte con ese run-run na cabeza (que de nada che serve).

Estas frustracións cotiás, se non as xestionas ben, acaban facendo que esteas de mal humor toda a xornada. Porque ter un mal día, é simplemente estar dándolle voltas a ese contratempo que sucedeu, ignorando todos os aspectos positivos que houbo. Ademáis, o mal humor acostuma a proxectarse nos demáis; convertes ese día nun mal día e fas que tamén o sexa para as persoas do teu arredor.

Pode parecer unha tontería, pero saber tolerar as frustracións pequenas, vaiche a axudar moitísimo a tolerar as frustracións grandes. Non esquezas que para saber correr, hai que saber andar.

 

Como se consegue tolerar a frustración?

  • Aceptando que non sempre salen as cousas como queres. É imposible que controles tódolos aspectos da túa vida, por moito que o intentes, non o conseguirás.
  • Non centrándote nos aspectos negativos da vida. Moitos dos teus desexos non son necesidades que teñas que cubrir neste intre, se non se cumplen inmediatamente, non dramatices.
  • Aceptando as emocións desapracibles que acompañan á frustración. As máis comúns son o enfado, a ira, a rabia… Pero tamén pode ir acompañada de ansiedade, angustia, tristeza, culpa, etc. Aprende a xestionalas.
  • Buscando alternativas para acadar a túa meta ou para cambiala. Para lograr o teu obxetivo seguramente haxa vairos camiños, non te centres só nese que non che funcionou. E si se trata dun obxetivo inalcazable, cambia de meta.

 

Lembra

Se aprendes a tolerar a frustración non reaccionarás desmesuradamente ante calquera inconvinte, vivirás con menos estrés e serás capaz de ver nos problemas oportunidades.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Como superar unha ruptura de parella – Psicóloga Lugo

Unha ruptura amorosa acostuma a ser un momento difícil. Aceptar e asimilar que a túa ex parella non vai a formar parte da túa futura vida (amorosamente falando), non sempre é doado. Sexan repentinas, sexan crónicas de mortes anunciadas ou sexan ansiadas, as rupturas sentimentais adoitan ir acompañadas de sufrimento.

A ruptura faise máis costa arriba se lle tes medo á soidade e/ou se careces dunha boa rede social (non me refiro ao facebook, senon ás relacións en vivo e directo). As fins de semana fánseche eternas, sobretodo ese domingo pola tarde coas magníficas películas de antena 3, na que as horas parecen non avanzar. O fría que está a cama, o silencio da casa sen esa persoa…

Claves psicolóxicas para superar unha ruptura de parella

Disfrutaches dunha bonita relación amorosa (no mellor dos casos) pero, polo que sexa, rematou. Agora tócache rexurdir das cinsas e, a poder ser, sair fortalecido/a desta experiencia. Os consellos que che dou a continuación facilitaranche superar a ruptura, pon atención!

1. Asegúrate de que a relación rematou

En moitas ocasións as rupturas son máis teóricas que prácticas… A que me refiro?

  • Se segues albergando a esperanza de que a ruptura é temporal, pensarás cousas como: “Eu sei que no fondo me quere e volveremos a estar xuntos”, “estamos feitos o un para o outro, volveremos a reencontrarnos”, etc. PERIGO!
  • Se segues vendo ao teu/túa ex de vez en cando, como follamigos, refregándovos cando vos pica… PERIGO!

Este tipo de pensamentos e de comportamentos fan que alimentes a ilusión de retomar a relación. Xa o cantaba a Pantoja: “No te aferres, no te aferres, a un imposible”. Mentres que non teñas claro que a relación rematou definitivamente, de que se trata dun punto e final, non poderás pasar páxina.

2. Deixa que os sentimentos e as emocións afloren

As rupturas amorosas conlevan, na inmensa maioría dos casos, sufrimento. Así que é mellor que teñas en conta e aceptes que che vai a doer o corazón durante unha tempadiña. Si, valo a pasar mal, por moito que te empeñes, por moitas máscaras que poñas, valo a pasar mal. Esto é como as feridas físicas, necesitan un tempo para curar; canto mellor as trates e menos as rasques, menos cicatriz deixarán.

3. Contacto cero

Si te deixaron a pesar de que ti desexabas continuar coa relación o contacto 0 é para ti. Esto significa cortar con calquera tipo de comunicación coa túa ex parella. Nada de whatsapp, chamadas, correos, caralibro, instagram… Desfaite de calquera medio que che dea información de onde está, con quen, que fai, como está, etc. Bloquea, deixa de seguir, borra o número de teléfono… Fai o que sexa preciso para cortar con calquera información que teña que ver coa túa ex parella.

De igual forma, se tes ao teu arredor persoas que non deixan de bombardearte con información acerca do teu/túa ex, dilles que paren. Se ainda así non o fan, afástate delas.

A veces hai nenos/as polo medio, pisos, hipotecas, mascotas, historias varias, que che farán máis complicado evitar o contacto. Pero na medida do posible, aléxate do teu/túa ex. Porque isto é coma unha especie de adicción, é moi difícil desengancharse dunha persoa se segues sabendo dela… Ainda que esteas medianamente estable, se sabes del ou dela e  é como si se reactivasen os sentimentos e a dor.

4. Non te illes

Pasa tempo con persoas que te queiran e ás que queiras, que non te xuzguen, que non che pidan contas nin explicacións da nada, que te apoien e  que desexen que esteas ben. Permítelles que te distraigan, que che suxiran sair da casa. Sabes perfectamente a que persoas me refiro, eses amigos/as cos que te podes mostrar triste, vulnerable, e tamén cos que te podes rir ata fartar. Pero sobretodo, non te peches na casa!

5. Establece rutinas

Ocupa o teu tempo, non deixes espazos nos que esteas sen facer nada, aburrido/a, porque rápidamente o pensamento vaise a escapar a escenarios que quizais non sexan os mellores neste momento. Distráete, intenta encher a axenda con actividades, deporte, saidas con amigos…

6. Coidado co alcohol e outras drogas

Por moito que a “sabiduría” popular diga que as penas se curan con alcohol, o certo é que non existen analxésicos para o corazón.

Cañas, viños, sangrías, chupitos, copichuelas… Nun momento determinado dannos esa pequena placidez temporal. Pero é unha trampa, porque o alcohol ten unha cara oscura: parece que nos axuda, fai que nos sintamos un pouquiño mellor durante un tempo… Pero ao día seguinte o alcohol destrózanos anímicamente. Parece que nos alivia pero, no fondo, empeóranos. Ainda que non sexa tan apetecible, é moito máis efectiva unha boa alimentación e facer exercicio físico.

7. Coñece xente nova

Despois de romper probablemente non teñas ganas de estar con ninguén, pero pasado un tempo quizais che esperte o desexo de coñecer a outras persoas, ou simplemente volvas ter apetencia sexual. Isto é un bo sinal, significa que xa estás superando a ruptura, pero debes ter coidado con algunha destas situacións:

  • Lanzarse apresuradamente a manter moitas relacións sexuais con moitas persoas. Usar os rolletes para paliar o sentimento de soidade, a dor que sintes ou a modo de desafogo sexual, non é bo remedio. Pasa como co alcohol, poida que te alivie no momento, pero logo sínteste peor.
  • Empezar unha relación de parella demasiado pronto, antes de estar preparado/a. Podes engancharte de alguén que non sexa a persoa máis adecuada para ti, ou incluso repetir o mesmo patrón de relación que non che funcionou no pasado.

8. Ábrete de novo ao amor

Como di Rafaella Carrá “Búscate a otro más bueno, vuélvete a enamorar”

Non teñas medo de lanzarte de novo á aventura do amor, a pesar de que che fixeran dano, que isto non sexa un obstáculo para volver a confiar e lanzarte.

Ollo, non é necesario ter parella para ser feliz, nin moito menos. É moitísimo mellor estar sen mozo/a, esposa/o, chorbo/a, querida/o, etc. que mal acompañado/a. Aprende a estar sen parella, sentarache fenomenal!

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Non es un bicho raro – Psicóloga Janet Díaz

En numerosas ocasións atópome con que algún paciente me di que se sinte como un bicho raro. Que leva sufrindo moito tempo, pero que a vergoña ou o medo lle impedía pedir axuda. Duro, verdade?

Vou a dar algunha pincelada sobre algúns dos problemas psicolóxicos que máis se ven en consulta. Se te sintes identificado/a, non esperes máis para solicitar axuda.

 

Depresión

Invádete unha profunda tristeza. Non atopas motivación para erguerte da cama, de feito, xa te despertas derrotado/a. Nada che fai ilusión; nin sequera co que antes te divertías, como pasar tempo cos teus seres queridos, che produce satisfacción.  Se ves unha película un chisco triste, convérteste nun mar de bágoas. A veces sintes que non tes forzas para seguir adiante, nin sequera tes ganas de vivir, poida que incluso se che pasara pola cabeza a idea do suicidio… Pero non es un bicho raro, pásalle a máis xente.

Ansiedade

Vives nun estado de ansiedade e preocupación constantes. Sintes unha profunda presión no peito, como si non poideras respirar. Poida que tiveras algún ataque de pánico… Ao mellor non te atreves a sair á rúa, poida que che dea medo entrar nun ascensor, ao mellor non te atreves a falar con descoñecidos; hai tantas situacións que che xeneran nerviosismo… Isto pásalle a máis xente, non es un bicho raro.

Trastornos alimenticios

Míraste ao espello e sempre te ves gordo/a. Por moita dieta que fagas, ainda que practiques xaxún, inda que vomites o que comes, sempre te ves gorda/o. Non fas máis que verte coma un monstro. Sintes que calquera cousa que inxires se acumula no teu corpo e te engorda. Veste deformado/a (ainda que esteas nos ósos). Lembra, non es un bicho raro, isto pásalle a máis xente.

Obsesións

Quizais aparezan na túa mente pensamentos repetitivos e perturbadores. Son pensamentos cos que non te identificas, que che molestan, que non están acorde cos teus valores. Non queres ter eses pensamentos, pero, curiosamente, non logras desfacerte deles. Están na túa cabeza dando voltas unha e outra vez. Podes obsesionarte co medo aos xérmenes, con que non queres a túa parella ou con que algo malo vai a suceder, entre outras moitas temáticas. Probablemente son pensamentos que non te atreves a confesar a ninguén porque che dá vergoña dicilos en alto ou pedir axuda… Créeme, non es un bicho raro.

Compulsións

Poida que sintas o impulso de ter que lavar as mans contínuamente porque temes que estean contaminadas. Ou que teñas que comprobar unha e outra vez a porta da rúa, a chave do gas, as luces…  Ou facer unha calquera outro ritual confuso e extraño, que non entendes, pero que non podes evitar facer. Seguramente tampouco o contas porque cres que ninguén te vai a entender. Pero estás enganado/a, pásalle a máis xente.

Despersonalización

Quizais leves unha tempada vivindo como se a vida fose unha película allea a ti, como se só foras un espectador. Ou incluso non te acabas de recoñecer ao mirarte ao espello. Sensacións difíciles, complicadas, que che fan pensar que estás volvéndote tolo/a. Poida que leves moito tempo sentíndote así e que non te atrevas a contársello a ninguén. Dígoche o mesmo, non es un bicho raro, non teñas medo a pedir axuda.

Alucinacións

Igual escoitas voces na túa cabeza, como se alguén che falara, comentara o que fas ou te insultara. Sei que estás asustado/a. Seguramente sintes medo, non entendes que acontece contigo, coa túa mente. Isto pásalle a máis xente, non te sintas como un bicho raro.

Trastorno límite da personalidade

Tal vez sintes un vacío existencial que tratas de encher alimentándote de forma compulsiva, bebendo alcohol en exceso, consumindo drogas, mantendo relacións sexuais con persoas que nin sequera che gustan, ou facendo actividades de risco. Soamente para sentirte un pouquiño vivo/a, porque non acabas de encher ese vacío que notas ahí dentro e che fai sufir. No fondo, ningunha destas actividades te reconfortan. Sínteste mal, e incluso te fas dano a ti mesmo/a, cortándote, queirmándote, facéndote feridas para sentir esa dor que momentáneamente parece aliviarte. Ante todo non te sintas un bicho raro, hai máis xente na mesma situación ca ti.

Dependencia emocional

Acabas unha e outra vez enredado/a en relacións de parella tóxicas. Distintas parellas, mesmo patrón. Parece que estás nun bucle e non consegues saír dese círculo vicioso. Non es un bicho raro, recórdao.

 

Lembra

Non te avergoñes do teu sufrimento, das túas emocións, dos teus comportamentos, dos teus pensamentos… Si o estás pasando mal, pide axuda. Non es un bicho raro.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

Como rexeitar unha invitación sen sentirte culpable

Estamos na tempada alta de vodas, bautizos e comunións. Como saberás, as probabilidades de que che chegue unha invitación para algunha destas celebracións nesta época do ano elévanse… E claro, haberá eventos aos que che faga ilusión acudir, pero a moitos outros todo o contrario. Que tire a primeira pedra o que nunca fora convidado a unha ceremonia á que maldita gana lle facía ir.

Sabes que non tes obrigación de aceptar tódalas invitacións, non hai nada de malo en facelo, pero ainda así, fáiseche difícil decir que non.

 

Motivos para rexeitar a invitación

Hai moitísimas razóns para non querer asistir a unha voda, bautizo ou comunión, pero os que máis se repiten son os seguintes:

Factor económico

Non fai falla ser un gran matemático para facer un cálculo aproximado do que custa acudir a un festexo deste tipo. Que si agasallo, que si roupa, zapatos, perruquería, desprazamentos… A celebración acaba saindo por un pico, señores!

Escasa ilusión

Para os protagonistas do evento pode ser un momento moi importante, pero para ti… pois nin fu nin fa. Que se casan? Que o cura lle vai dar unha hostia a un rapaciño/a? Ou que lle vai tirar auga pola cabeza a un meniño/a? Seino, a emoción embárgate só con pensalo…

Cuestión de preferencias

Non che apetece nadiña pasar unhas cantas horas rodeado/a de xente a que apenas coñeces (ou que che cae coma unha patada no cu nos peores casos). O tempo de ocio é para disfrutar, non para padecelo.

 

Consello da psicóloga: reflexiona

Non aceptes invitacións por compromiso

Non complazas aos demáis por medo a perder a relación. Si non che apetece ir, non vaias. As prioridades ou desexos das outras persoas non sempre poden estar por riba das túas. Que é máis importante que o outro queira que vaias ou que ti non queiras ir? Se aceptas a invitación para non defraudar a outra persoa, debes saber que te estás defraudando a ti mesmo/a, e isto é moito peor.

Non es responsable da frustración que poida sentir a outra persoa

Se o/a que te convida se ofende, non é responsabilidade túa. O/a que invita debe ter en conta que ese día é moi importante para el/ela, pero non o ten porque ser para o resto dos seres vivos.

De todos xeitos, non anticipes que se vai a cabrear si rexeitas a invitación. Moita xente invita un pouco (ou moito)por obriga: “como non vou convidar a meu sobriño (ainda que o poña a caer dun burro)?” ou “teño que invitar a tosca de Gertrudis porque ela me invitou a min”. A veces declinar unha invitación é máis un favor ca un agravio.

Ten claras as túas prioridades

O teu tempo libre é importante e ti debes decidir como disfrutalo. Non convirtas un sábado nun sacrificio.

Acepta as emocións incómodas que surxen ao decir non

Cando ti dis que non a unha persoa, podes experimentalo como algo desagradable, incluso podes sentir un pouco de ansiedade. Asume que vas a pasar un mal trago, non pasa nada, forma parte da vida, logo sentiraste moito mellor. Porque se aceptas a pesar de que non querer ir, vaste sentir mal tamén, pero contigo mesmo/a e durante máis tempo. Ti decides, acabar co run run  nuns minutos ou estar semanas refunfuñando cada vez que te acordas de que “tes que ir” a ese convite.

 

Pautas para rexeitar unha invitación

Se xa reflexionaches e tes claro que non queres ir a ese evento, douche unhas pautas para decir que non dunha forma axeitada.

1. Agradece a invitación sen esaxerar

“Agradézoche que pensaras en min” é unha boa forma de facelo. Non mintas cual bellaco dicindo “ay que ben,  que ilusión, que marabilla, canto me alegro!”. Coherencia, por favor.

2. Di de forma clara e sincera que non podes ir

Podes decir algo así “non podo ir, teño outros plans”. Ante todo non entres a xustificarte ou a argumentar, corres o risco de que che busque solucións para eses contratempos que che “impiden ir”.

3. Non digas a penísima que che dá e o moito que sintes non ir

Non te poñas en modo drama queen/king: “Sinto moitisísisimo non poder acompañarvos. Que pena máis grande, dios mio dios”. Non sexas hipócrita, non mintas. Non vas porque non che apetece, non porque non poidas.

4. Deséxalles de forma sincera que teñan un gran día

Para rematar a conversa dunha forma positiva podes dicir algo como“que teñas un matrimonio feliz” ou “que os nenos o pasen estupendamente”. E de ben nacidos ser agradecidos.

 

Mímate un pouco

Deixa de facer cousas por compromiso e comeza a facer cousas que realmente che apetezan. Comportarse de forma servil non acostuma a ser unha boa opción; unha cousa é ser servicial e axudar, e outra cousa é estar sempre priorizando as necesidades dos demáis en lugar das propias.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

As excusas baratas acábanse pagando caras…. Medo!

Érase unha vez un raposo esfameado que buscaba polo monte algo que levar á boca. De repente, viu unha árbore chea de froitos maduros… “Mmmm, que boa pinta teñen, que decilicia!”.

Achegouse á árbore e comezou a trepar, subiu a primeira parte con éxito, pero ao chegar á metade do tronco asustóuse, mirou para abaixo e pensou “ainda vou caer” (debía de ser un raposo de Lugo). Entroulle o medo… Miraba hacia arriba, hacia os froitos, e miraba hacia abaixo, hacia o suelo. Miraba hacia arriba, hacia os froitos, e miraba hacia abaixo, hacia o suelo.

Decidiu baixarse.

O raposo deitóuse nun prado ao lado da árbore e pensou: “bah, nin tiña tanta fame, nin os froitos parecían tan deliciosos”.

 

Trampa psicolóxica

Tanto ti coma eu sabemos que o raposo se deitou vencido, e que moitas veces nós somos como o raposo. Sabemos o que queremos, vémolo, ulímolo, incluso podemos saborealo na nosa imaxinación. Pero danos medo o que temos que arriscar para chegar a alcanzalo.

O problema non é o medo. O problema é decirnos a nós mesmos que non temos fame ou que os froitos non teñen tan boa pinta. Aquí está a trampa.

Como superar o medo

O primeiro paso para superar o medo é poñer as cartas boca arriba. Decirte a ti mesmo/a o que sintes, como estás e o que desexas. E por suposto, non avergoñarte por non conseguilo.

O que debes evitar é inventarte escusas e autoxustificacións para quedarte máis tranquilo/a por non estar conseguindo o teu obxetivo. Decirte cousas como “bueno, tampouco estou tan mal”, ou “eso tampouco me importa tanto”, ou “non me apetece tanto conseguilo” son disculpas que podes acabar crendo. E ahí amigo/a, está a verdadeira traxedia.

Sexamos honestos/as, poñámonos metas con confianza e non nos inventemos con escusas rancias para non loitar polos nosos obxectivos.

Aquí é onde comeza a valentía, sendo sincero/a contigo mesmo/a. Sincerándote co que desexas, con coraxe. Ollo, o coraxe non é actuar sen medo, senon actuar a pesar de sentilo.

 

 

Janet Díaz

Psicóloga en Lugo



Reduce a ansiedade en 20 segundos

Hoxe vouche a falar dun sinxelo exercicio respiratorio que che axudará a controlar a ansiedade: a técnica 4 – 7 – 8.

 

Recomendación da túa psicóloga dende Lugo

A técnica do 4 – 7 – 8 serve tanto para conciliar o sono, como para reducir a ansiedade e tranquilizarnos antes dalgún evento importante.

Mans á obra

Para poñela en práctica, o mellor é que esteas sentado coa espalda apoiada nun respaldo. En canto a entrenes un pouco, poderala practicar deitado ou incluso de pé. Tamén che aconsello que coloques a lingua detrás dos dentres, xusto onde comeza o teu paladar.

A técnica

  1. Colle aire polo nariz durante 4 segundos.
  2. Aguanta a respiración durante 7 segundos.
  3. Expulsa o aire pola boca durante 8 segundos.

Aspectos a ter en conta

Durante o primeiro mes non debes de practicar esta técnica para reducir a ansiedade máis de catro veces ao día. Unha vez que esteas acostumado, poderás repetir ata 8 veces este exercicio.

 

Ansiedade, estrés, insomnio

Exames decisivos, entrevistas de traballo, citas importante, reunións, etc. Poden xerar en nós nerviosismo, ben sexa pola falta de coñecementos ou de habilidades, como por medos varios: a meter a pata, a que se evidencie o noso nerviosismo, a quedarnos bloqueados, a suar a borbotóns, etc.

Cando sentimos que a ansiedade se apodera de nós, altérase o noso ritmo normal de respiración. Respirar de forma axitada, provoca unha mala distribución dos niveis de osíxeno e dióxido de carbono no noso organismo. E por iso é tan boa esta técnica para os momentos puntuais de ansiedade; se conseguimos controlar a respiración con este exercicio, lograremos volver a restablecer o equilibrio destas sustancias no noso corpo, reducindo así o ritmo cardiaco e conseguindo un estado de relaxación dunha maneira rápida.

Este exercicio non só serve para situacións moi estresantes, tamén serve para conciliar o sono; se tes problemas para durmir, tamén é unha gran opción. Ainda que esta técnica non sexa un remedio milagreiro, pode axudarnos moito neses intres nos que a ansiedade nos xoga malas pasadas.

técnica ansiedade

Bibliografía

https://www.drweil.com/

Janet Díaz

Psicóloga en Lugo

 

Existe realmente a media laranxa?

O mito da media laranxa di que todos temos unha parella ideal nalgún lugar esperándonos.

 

Psicóloga irónica modo on

Pode existir algo máis bonito que un amor que nos converta en seres completos, nos salve, lle dea sentido as nosas vidas e que evite que sexamos uns desgraciados?

Mentres esperamos con ansias a que apareza a nosa parella salvadora, ou mesmo se temos un día tristón, non se me ocorre mellor plan que pasar unha tarde de sofá con Bridget Jones e escoitar música para sufrir.

Estamos predestinados para unha persoa e non hai nada máis marabilloso que encontrala. Unha vez atopada a nosa media laranxa, debemos sacrificalo todo polo ben da relación, faremos e soportaremos o que sexa necesario con tal de seguir ao lado desa persoa. Hai que aguantar, porque o amor pódeo todo e si amamos con gran intensidade, superaremos calquera obstáculo.

Estamos feitos o un para o outro, como tirar a toalla por calquera contratempo? O amor todo o pode. Se exiten moitos celos é polo moito que nos quere. Se nos humilla é porque tivo un mal día, pero no fondo é moi boa persoa. Se nos menosprecia é porque algo faríamos para merecelo. Se nos dá unha patada é porque perdeu os nervios, pero no fondo quérenos moitísimo. Debemos aguantar, estamos predestinados, é a salvación a nosa soidade, é o único medio co que contamos para ter unha vida plena. Por iso debemos permitir calquera trato con tal de que a relación continúe

Esaxero?

 

A media laranxa

Despois de ler os parágrafos anteriores, entenderás que a visión de parella que transmite o mito da media laranxa é terrible. Eso de “é que o necesito”, “estamos feitos o un para o outro”,“menos mal que nos atopamos”, etc. son distintas formas de expresar este absurdo mito que nos encamiña á un presente e un futuro moi escuro.

É algo prexudicial pero… É un argumento que se repite en multitude de películas e historias románticas. Dende as pantallas de cines ou televisións, contos, novelas, revistas, etc. trasmítesenos unha idea de amor romántico moi pouco saudable. Con este bombardeo “informativo” é relativamente sinxelo que esta mensaxe vaia calando no noso subconsciente e acabemos crendo, ou incluso defendendo, que somos seres incompletos sen o amor da nosa media laranxa.

Coñecedes a canción de “sin ti no soy nada”? Deberíannos sangrar os oídos cada vez que escoitamos este tipo de letras, e sen embargo entonamos a canción (ata se nos pon o ollo brillante se estamos algo sensibles) como se estivese escrita para nós. “Mi alma, mi cuerpo, mi vooooz, no sirven de nadaaa”.

Non lle quero botar toda a culpa á sociedade, á cultura, a Hollywood ou aos irmáns Grimm. Cada un de nós tamén ten parte de responsabilidade. Somos seres intelixentes, temos a capacidade para cuestionarnos o que nos venden os medios de comunicación ou o párroco da nosa igrexa. Pensemos de forma crítica, cuestionémonos as regras do xogo que nos “impoñen”. Deixemos de alimentar mitos absurdos. Racionalicemos, realmente credes que somos seres incompletos e só acharemos a felicidade cando atopemos a esa persoa que está predestinada para nós?

Eu dende logo teño a resposta moi clara.

 

Ti non necesitas a ninguén para sentirte, e ser, unha persoa completa

Non es un ser incompleto e a túa felicidade non depende de atopar a túa media laranxa. Recapacita.

“Nada máis velo, xa souben que era para min”. Un flechazo é algo simple, só se necesita atracción física e algúns intereses comúns para rellenar unha conversa e… Bolboretas no estómago, unicornios e arcoiris de cores! Como vamos a saber nada máis ver a unha persoa que é a nosa media laranxa? Sen nin sequera coñecela, só porque a bioquímica do noso cerebro non arrastra a unha fase de babeo e ganas de fornicio? Analízao, como podes estar convencido de que esa persoa é a túa media laranxa antes incluso de coñecela?

“É celoso porque me quere, ten medo a perderme”. Os celos non son un medidor do amor. Non son máis ca un signo de posesividade e debería ser un signo de alarma, non de alarma de “oh, ámame” senon de alarma “pés, para que vos quero!”.

“A miña parella coidame moitísimo, ben deito dela”. Se non es capaz de limpiarte só o cu e dependes dos demáis para alimentarte, por exemplo, entón claro que necesitas a alguén que te coide. Pero si es autónomo nas actividades da vida diaria e o que che pasa é que es un cómodo, non necesitas a unha parella para que te coide, necesitas un asistente.

“As tarefas da casa fágoas eu porque a miña parella non sabe ou non lle gusta, e non quero que se disguste”. As tarefas do fogar non se fan porque se disfrute limpiando a taza do váter, faise porque o hai que facer, é iso ou ter que andar pola casa en catiuscas. Aprender a limpiar o baño, cambiar as sábanas ou limpar os cristais non é tan complicado.

Se caes en erros como os que acabo de apuntar debes reflexionar.“Síntome incompleto sen unha persoa ao meu lado, por iso fago o que sexa con tal de non quedarme só”. Trata de mellorar a túa autoestima e intenta desengancharte da dependencia emocional, verás como o conto cambia. Naciches completo, o resto son patrañas.

 

Para rematar

Detente a cavilar, que é máis romántico, máis saudable, máis maduro… Estar coa túa parella porque estades condenados a encontrarvos? Ou porque vos elixístedes dunha forma libre entre milleiros de persoas compatibles?

Unha relación sana non se basea en dous seres incompletos que se necesitan, baséase en dúas persoas que son completas e que deciden ser felices unha ao lado da outra. “Ni más ni menos, ni más ni menos” que cantarían Los Chichos (terrible canción, por certo).

Non eres un ser incompleto, eres un ser íntegro. Non necesitas a ninguén ao teu lado para ser feliz. Non busques completarte por medio doutra persoa, non busques a felicidade no outro, búscaa en ti.

ser incompleto

 

Psicóloga Janet Díaz

A túa psicóloga en Lugo

 

Mitomanía: inclinación enfermiza a inventar e contar mentiras

A mitomanía ou pseudoloxía fantástica é unha tendencia ou inclinación patolóxica de alterar a realidade á hora de describila ou, directamente, fabular sobre ela.

Hai mitómanos por todos lados, incluso en Lugo

Os mitómanos acostuman a ser persoas que fuxen do seu escaso amor propio fabulando, para así atraer a atención e a admiración dos demáis. Teñen unha baixa autoestima ou/e teñen medo a non encaixar nun grupo, e para compensar este sentimento de inferioridade contan historias fantásticas, nas que se outorgan certo protagonismo, crendo que van a conseguir ser aceptados ou incluso admirados polos demáis.

O certo é que moitas veces fan o ridículo porque a xente acaba decatándose das súas trolas. Eso si, poden estar enganándote durante moito tempo, pero ao final acabase descubrindo a verdade: que minten máis que falan.

 

As mentiras

Hai persoas que son moi boas contando mentiras, seguro que todos coñecedes a algunha, porque como en todo nesta vida, hai que ter arte ata para mentir.

Hai mitómanos que o que fan é coller historias que xa existen, pero de outras persoas, e fanas propias. Noutros casos enbelecen algunha historia real, decórandoa con detalliños ficticios e pinceladas de humor.

 

Problema psicolóxico

Os mitómanos minten de xeito compulsivo sobre os máis mínimos aspectos das súas vidas con absoluta naturalidade. Están sistemáticamente contando mentiras, fabulan constantemente, ata o punto de que chegan a inventarse unha vida que non ten nada que ver coa realidade.

Na gran maioría dos casos hai un problema de autoestima enraizado e facer terapia cognitiva é imprescindible. É esencial que a persoa cambie os seus esquemas mentais; se o individuo está intentando compensar algo a través das mentiras, o primeiro paso é averiguar que é o que intenta subsanar, para tratar o problema de raíz. Por outro lado, tamén é convinte que se decate de que as mentiras non son unha boa estratexia, á larga acábanse descubrindo.

 

E ti, coñeces a algún mitómano?

a mitomanía

Psicóloga Janet Díaz

Manipulación psicolóxica: o chantaxe emocional

Todos/as fomos (ou somos) víctimas de chantaxe emocional nalgún momento da nosa vida. E se facemos exame de conciencida, comprobaremos que seguramente tamén o aplicamos nalgún momento… De sabios/as é rectificar.

Que é o chantaxe emocional?

O chantaxe emocional é basicamente unha forma de manipulación psicolóxica que empregan algunhas persoas para conseguir un obxetivo, onde xeralmente o afecto é a moeda de cambio.

Pode esconderse detrás de frases aparentemente tan inofensivas como:

“Se de verdade me queres, quedaríaste aquí conmigo” .

“Se de verdade che importase, non irías a…”.

“Se me quixeras, non o farías”

“Ti decides, pero atente ás consecuencias”

Aquí o afecto, o cariño ou o amor emprégase instrumentalmente e chantaxéase cos sentimentos coa finalidade de conseguir un beneficio, buscando na outra persoa o sentimento de culpabilidade, de obriga ou de medo.

Está xustificado nalgún caso o chantaxe?

Rotundamente non. Utilizar o afecto, mellor dito, aproveitarse del, non é nin ético nin saudable. “Quérote si fas isto que eu quero, e se non o fas non te quero”. Condicións deste tipo non son algo que alimenten a unha relación precisamente de confianza ou de amor, non cres?

O chantaxe emocional, desgraciadamente, é moi habitual nas relacións de parella, pero incluso entre familiares e amigos/as. Aparece asimesmo entre pais/nais e fillos/as e, a pesar de que a miúdo son os propios proxenitores os que poden facer moito chantaxe aos seus retoños, tamén hai moitísimos fillos/as que para controlar ou manipular aos seus pais/nais o utilizan con mensaxes como: “claro, ti estás todo o día traballando, se me quixeras estarías aquí conmigo”, “non me fas caso, eso é que non che importo”,”xa que non estás nunca conmigo, polo menos dame diñeiro”.

Condicións e ameazas

No chantaxe emocional hai condicións “se non fas isto, eu vouche a quitar aquilo” e tamén ameazas “se non actúas así, vai a ocorrer isto”. E, obviamente, as consecuencias de non facer o que o manipulador/a quere son malas: humillacións, arrebatar algo, ignorar… Sempre, sempre, sempre hai un castigo.

O/a chantaxista manipula sentimentos como a culpa, o remordemento ou a responsabilidade e nos peores casos emprega o medo “ah, ti saberás, vaite, vaite, a ver si cando volvas non estou”, “un día destes vasme perder”. Tratan de deixar ao outro coa alma en vilo, incluso chegan a simular, ou esaxerar, enfermidades con tal de conseguir os seus desexos.

Perfil psicolóxico do/a chantaxista emocional

O/a chantaxista emocional está habituado a manipular aos demáis para conseguir beneficios persoais. Non todos/as presentan os seguintes ragos, ainda que tenden a mostrar unha boa parte deles:

  • Autoestima baixa. Por iso están constantemente provocando demostracións continuas do amor da súa parella, familiares ou amigos/as.
  • Coñecen os puntos débiles das persoas do seu entorno e non dubidan en aproveitarse deles sen ningún reparo cando lles é necesario.
  • Non son empáticos/as.
  • Acostuman a ser persoas moi controladoras. Intentan dominar o comportamento dos demáis, e se teñen que recurrir á intimidación e as ameazas farano, xa sexa dun xeito máis ou menos sutil.
  • Son perseverantes. Non paran ata conseguir o que queren.
  • Suelen ser persoas cercanas, afectivamente falando.
  • Son moi esixentes e non se dan por satisfeitas nunca. Sempre van a querer máis.
  • Opoñen gran resistencia e rara vez dan o seu brazo a torcer. Se non se acatan os seus desexos, mostraran o seu enfado da peor maneira.
  • Ameazan contínuamente (non sempre se trata de ameazas directas).
  • Actúan con prepotencia e rixidez. Queren dominar as conversa e ter sempre a razón, cabréanse cando lles levan a contraria e encántalles ser a guinda do pastel.
  • Teñen unha baixa tolerancia á frustración e, ademáis, están acostumados/as a ter todo o que queren.

Consello

Alguén que che fai chantaxe emocional non che quere ben.

O/a chantaxista actúa movido/a polos propios intereses e xoga coas emocións das persoas con total impunidade. Culpabiliza, ameaza e provoca medo para así conseguir o que quere. Se non o consegue, fará todo o posible para que a súa víctima crea que é “mala” por non ceder as súas demandas.

Aléxate destas persoas canto antes mellor!

manipulación emocional

Psicóloga Janet Díaz


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484