Como rexeitar unha invitación sen sentirte culpable

rexeitar invitación

Estamos na tempada alta de vodas, bautizos e comunións. Como saberás, as probabilidades de que che chegue unha invitación para algunha destas celebracións nesta época do ano elévanse… E claro, haberá eventos aos que che faga ilusión acudir, pero a moitos outros todo o contrario. Que tire a primeira pedra o que nunca fora convidado a unha ceremonia á que maldita gana lle facía ir.

Sabes que non tes obrigación de aceptar tódalas invitacións, non hai nada de malo en facelo, pero ainda así, fáiseche difícil decir que non.

 

Motivos para rexeitar a invitación

Hai moitísimas razóns para non querer asistir a unha voda, bautizo ou comunión, pero os que máis se repiten son os seguintes:

Factor económico

Non fai falla ser un gran matemático para facer un cálculo aproximado do que custa acudir a un festexo deste tipo. Que si agasallo, que si roupa, zapatos, perruquería, desprazamentos… A celebración acaba saindo por un pico, señores!

Escasa ilusión

Para os protagonistas do evento pode ser un momento moi importante, pero para ti… pois nin fu nin fa. Que se casan? Que o cura lle vai dar unha hostia a un rapaciño/a? Ou que lle vai tirar auga pola cabeza a un meniño/a? Seino, a emoción embárgate só con pensalo…

Cuestión de preferencias

Non che apetece nadiña pasar unhas cantas horas rodeado/a de xente a que apenas coñeces (ou que che cae coma unha patada no cu nos peores casos). O tempo de ocio é para disfrutar, non para padecelo.

 

Consello da psicóloga: reflexiona

Non aceptes invitacións por compromiso

Non complazas aos demáis por medo a perder a relación. Si non che apetece ir, non vaias. As prioridades ou desexos das outras persoas non sempre poden estar por riba das túas. Que é máis importante que o outro queira que vaias ou que ti non queiras ir? Se aceptas a invitación para non defraudar a outra persoa, debes saber que te estás defraudando a ti mesmo/a, e isto é moito peor.

Non es responsable da frustración que poida sentir a outra persoa

Se o/a que te convida se ofende, non é responsabilidade túa. O/a que invita debe ter en conta que ese día é moi importante para el/ela, pero non o ten porque ser para o resto dos seres vivos.

De todos xeitos, non anticipes que se vai a cabrear si rexeitas a invitación. Moita xente invita un pouco (ou moito)por obriga: “como non vou convidar a meu sobriño (ainda que o poña a caer dun burro)?” ou “teño que invitar a tosca de Gertrudis porque ela me invitou a min”. A veces declinar unha invitación é máis un favor ca un agravio.

Ten claras as túas prioridades

O teu tempo libre é importante e ti debes decidir como disfrutalo. Non convirtas un sábado nun sacrificio.

Acepta as emocións incómodas que surxen ao decir non

Cando ti dis que non a unha persoa, podes experimentalo como algo desagradable, incluso podes sentir un pouco de ansiedade. Asume que vas a pasar un mal trago, non pasa nada, forma parte da vida, logo sentiraste moito mellor. Porque se aceptas a pesar de que non querer ir, vaste sentir mal tamén, pero contigo mesmo/a e durante máis tempo. Ti decides, acabar co run run  nuns minutos ou estar semanas refunfuñando cada vez que te acordas de que “tes que ir” a ese convite.

 

Pautas para rexeitar unha invitación

Se xa reflexionaches e tes claro que non queres ir a ese evento, douche unhas pautas para decir que non dunha forma axeitada.

1. Agradece a invitación sen esaxerar

“Agradézoche que pensaras en min” é unha boa forma de facelo. Non mintas cual bellaco dicindo “ay que ben,  que ilusión, que marabilla, canto me alegro!”. Coherencia, por favor.

2. Di de forma clara e sincera que non podes ir

Podes decir algo así “non podo ir, teño outros plans”. Ante todo non entres a xustificarte ou a argumentar, corres o risco de que che busque solucións para eses contratempos que che “impiden ir”.

3. Non digas a penísima que che dá e o moito que sintes non ir

Non te poñas en modo drama queen/king: “Sinto moitisísisimo non poder acompañarvos. Que pena máis grande, dios mio dios”. Non sexas hipócrita, non mintas. Non vas porque non che apetece, non porque non poidas.

4. Deséxalles de forma sincera que teñan un gran día

Para rematar a conversa dunha forma positiva podes dicir algo como“que teñas un matrimonio feliz” ou “que os nenos o pasen estupendamente”. E de ben nacidos ser agradecidos.

 

Mímate un pouco

Deixa de facer cousas por compromiso e comeza a facer cousas que realmente che apetezan. Comportarse de forma servil non acostuma a ser unha boa opción; unha cousa é ser servicial e axudar, e outra cousa é estar sempre priorizando as necesidades dos demáis en lugar das propias.

 

Psicóloga Lugo

Janet Díaz

2 pensamentos sobre “Como rexeitar unha invitación sen sentirte culpable”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Notice: Undefined index: opcion_cookie in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 416

Notice: Undefined variable: input_porcentaje in /home/psicol31/public_html/wp-content/plugins/click-datos-lopd/public/class-cdlopd-public.php on line 484